Marco Vázquez e Andrés Campaña representantes dos alumnos no consello escolar do colexio.

Marco Vázquez Aido e Andrés Campaña Otero foron elixidos por votación dos alumnos/as para formar parte do Consello Escolar do CPI Pontecesures, con 38 e 23 votos, respectivamente.
Coma representante do persoal adiministrativo de servicios, resultou elixido Elías Sanmarco Enrique que foi o único candidato que se presentou.

Manuela Barreiro, Teresa Gil e Ana Portas, candidatas para o Consello Escolar do CPI Pontecesures.

Rematou hoxe pola mañá o prazo para presentar candidaturas e recibíronse as seguintes:

Manuela Barreiro Castro
Mª Teresa Gil García
Ana Portas Potel.

As votacións terán lugar o día 27 de novembro, de 12:00 a 18:00 horas e vaise elixir unha representante deste colectivo de pais/nais.
Lémbrase que os pais/nais teñén tres representantes no Consello Escolar. Un/ha é designado pola ANPA (así forma parte a presidenta, Yolanda Vieites dos Santos segundo acordo da asociación). �s outros postos son de elección directa en votación. Permanece no consello, Mª Isabel Rey García, que foi elixida hai dous anos, e renóvase o outro posto que ata agora estaba ocupada por Mª Teresa Gil García, que volta a presentarse.

Oito profesores/as presentáronse para seren membros do Consello Escolar do CPI Pontecesures.

Son os seguintes:

Ã?scar Cepeda Romero
Rosa Mª Delgado Fontáns
Ricardo Lijó Davila
Mercedes Pazo Paniagua
Alicia Pérez López
Antonio Rodríguez Otero
Amalia Rodríguez Otero
Sara Rozas Gaudeoso

A votación será nun claustro a celebrar o día 26 de novembro, ás 18:30 horas. Débense elixir tres represntantes deste colectivo.

Mañá na biblioteca do Concello de Pontecesures obra de animación para fomentar a lectura.

A partir das 10:30 horas da mañá luns, día 10 de novembro, terá lugar unha representación dunha obra de animación na biblioteca do Concello de Pontecesures para nenos/as de primaria do CPI Pontecesures dentro dunha campaña de animación á lectura promocionada polas editoriais Anaya e Xerais, o CPI Pontecesures e o Concello.