O xoves día 29 presentación do candidato do BNG de Pontecesures para as eleccións municipais de maio.

Na discoteca Maty, ás 20,30 horas do día 29 de marzo, terá lugar este acto de presentación do candidato Manuel Luis Alvarez Angueira.
Falarán, Ana Portas (concelleira de Pontecesures), Anxo Quintana González (Vicepresidente da Xonta e Portavoz Nacional do BNG) e Luis Alvarez Angueira (candidato á reelección na alcaldía de Pontecesures).

O venres día 9 de marzo 2ª «Festa dos anos 80» na Maty

disco.jpgA partir das 23 horas do venres día 9 de marzo, terá lugar na Discoteca Maty de Pontecesures a «2ª Festa dos anos 80» con entrada gratuita. Está organizada por un grupo de persoas de Padrón que eran asiduos á citada discoteca neses anos. A primeira festa tivo lugar en outono pasado e foi un éxito espectacular con gran ambiente ata altas horas da madrugada. Faise un chamamento ás persoas maiores de 30 anos para que asistan a esta festa para rememorar os vellos tempos. A festa terá lugar nas instalacións da nova Maty pois as antigas do edificio de dúas andares está adicado na actualidade a almacén.

Estanse a prodigar estas iniciativas na comarca, xa que hoxe día 3 a partir das 23 horas haberá, tamén con entrada gratuita, una Festa dos anos 60-70 no Casino de Padrón. «Pinchará» discos daquelas décadas, Héctor Bermúdez o popular locutor de Radio Valga.

Comunicado Sala Octopus (Peche)

O Pasado día 9 de setembro pechou a Discoteca Octopus, esté foi o seu comunicado de despedida:

Comunicado Octopus

Llevamos más de cinco años disfrutando juntos de la música, la pasión que nos une, en la sala Octopus. Han sido años llenos de grandes fiestas, nuevos amigos y un montón de sensaciones especiales. En esta sala hemos disfrutado de la presencia de artistas de talla internacional, hemos bailado hasta el amanecer y hemos conocido a un montón de gente que ya es parte de nuestra familia.

(más…)

Fotos de Pablo Barreiro e o seu remolque…

Todo un artista o neno de Porto Pablo Barreiro… Vexan no que transformou un vello remolque, contando para elo ca axuda do seu abó «Manolo Picafolla».

 

 
Xunto co seu primo Christian animaronse a participar na pasada edición da festa da bicicleta de Pontecesures co remolque enganchado a unha bici, sendo un dos vehículos mais orixinais… Se ata ten equipo de «alta fidelidade» e reproductor de CDs. Ademais de luces de varias cores. ¡Menuda discoteca podes montar, Pablo! 😉

Adicado a Pablo Barreiro, quen lle quere dar as gracias ó seu primo Cristian por levalo a participar á Festa da Bicicleta.

Mañá casa Felipe Miguéns Gasamanes «Fli»

Quen o ia decir! Imos caendo coma moscas… mañán tocalle o turno a Felipe, o irmán de Gustavo e os xemelos de Porto.

O tema é que veu casar á montaña…, pero á montaña de verdade. OS PIRINEOS.

Resulta que botou moza (a guapa Raquel) un vran e a rapaza ten familia na recta de Campaña, pero os pais residen en Pont de Suert, pobo de 2000 hab. da provincia de Huesca, cerquiña de Andorra, enmedio da nada (ou do monte).

E ata aqui nos trasladamos os irmán, seu primo Yel Barreiro (O PRESI) e este menda. Onte á noite tivemos unha «despedida» no único bar que estaba aberto, e resulta que, logo, había DISCOTECA… a que se montou!!! Inda que o crack foi coma non o PRESI, que non parou en toda a noite. E esta promete, pois chegaron as amigas da noiva e imos quedar de novo pra «tomar algo» que mañán hai que poñerse guapos e acompañar a Felipe no seu casamento.

Sorte ós 2, Raquel e Felipe. 

Pronto poñerei fotos…