O grupo «Algueirada» participa hoxe nun festival folclórico en Baiona.

Mixturado co grupo «Chorima» de Rois, o grupo folclórico cesureño «Algueirada», participa hoxe no festival de referencia que comeza ás 19 horas nesa vila turística.
Logo de disfrutar duns días de convivencia no Centro de Educación Ambiental «EQUAL» en A Barra-Coles (Ourense) os días 25, 26 e 27 de agosto, os integrantes de «Algueirada» desprázanse ilusionados a este importante festival, aínda que hai algunhas baixas polos exames de setembro.
Tamén o luns pola mañá, actuará o grupo cesureño nas festas de Imo-Dodro.

O sábado, día 1 de setembro, Festival de Canto e Música Relixiosa en Pontecesures.

Organizado pola Asociación de Amas de Casa «A Barcarola», o sábado día 1 de setembro, ás 20,30 horas celébrase este festival na Igrexa Parroquial de Pontecesures.

Participarán:

* Grupo Xuvenil de Cordeiro.
* Coro da Escravitude.
* Coro Infantil de Herbogo.
* Coro de Carcacía.
* Coro da Armenteira.
* Felisa (solista).
* Coro «A Barcarola» de Pontecesures.

«Xarandeira» participa mañá no festival folclórico das festas de Caldas de Reis.

O grupo folclórico cesureño «Xarandeira» da asociación cultural do mesmo nome actuá mañá día 13 de agosto, a partir das 19 horas nun festival no escenario acuático de Caldas de Reis. Actuarán tamén os grupos folclóricos «Los Torronchos» (Segovia), «Retrouso» (Cela-Bueu) e «As Burgas» (Caldas de Reis).
O festival forma parte dos actos das festas patronais que se celebran en Caldas na honra de San Roque.

Valga lidera el incremento de donación de sangre en la comarca

Un total de cuatro municipios de la comarca ?Caldas, Pontecesures, Portas y Valga? lograron en 2006 notables incrementos en las donaciones. De ellos, Valga es el que logró el aumento más importante, pasando de 233 donaciones en 2005 a 280 el pasado año, lo que supone un veinte por ciento más. Le siguieron Portas (17% y 77 donaciones), Pontecesures (14% y 207) y, por último Caldas de Reis que como cabecera de comarca es, además, la localidad del Ulla-Umia en la que se registran un mayor número de donaciones al año. En 2006 llegaron a 487, produciéndose un incremento del 6% con respecto al 2005.

(más…)