BALONCESTO: O EXTRUGASA IMPONSE ANTE UN RIVAL DIRECTO 61 – 53

EXTRUGASA RIO ULLA = 61

J.L. (6), Peñaño (12), Victor (-), Pedro (-), Nacho (19), Santi (4), Arturo (4), Pepi (14), Felipe (2) e Juanjo (-) .

 

PESCADOS ANITA ?? VILANOVA = 53

 

Victoria local traballada ante un rival que tivo as súas opcións tamén. Importante para os cesureños que, instalados nos ultimos postos, non se quedan descolgados na clasificación, o que pasaría caso de perder, pois con 2 victorias estamos 4 equipos, e van ser decisivos os partidos entre os 4: Vilanova, Pontevedra, Cambados e nos, inda que Motobazar está con 3 victorias e lle queda un calendario difícil por diante nos 2 partidos que quedan ate o remate da 1ª volta.  

 

Iniciouse o encontro e o Extrugasa forte en defensa individual, lograba parar os ataques dos de Vilaova, asegurando o rebote defensivo. Logo o ataque cesureño funcionaba contra a zona 2-3 esperada dos visitantes xogando balóns interiores para Nacho e Santi. O Extrugasa domina o cuarto todo o tempo, e cun parcial de 17 – 8 nestes 10 minutos iniciais logra impoñerse claramente, gracias a unha tripla final.

 

No 2º cuarto aparece Peñaño en pista, pero axiña cargase de persoais, e con Pepi descansando, botase en falta mais xogo exterior. Así os de Vilanova empezan a achegarse, pois fallaba o ataque contra a zona, que se pechaba mais, e inda que apareceu Arturo neses momentos  (min 13: 21 ?? 17), o xogo neste cuarto era bastante malo polos locais. Chegase ó final do cuarto 25 ?? 26, e Vilanova que se pon diante no ultimo segundo, gracias a unha tripla logo de recuperar o balon cando quedaban 6 segundos.

 

Aclaráronse as ideas no descanso, e de novo o xogo en ataque local foi mais fluído. Peñaño empezou a aparecer, e xunto con Pepi e Nacho empezaron a anotar. Ponse Extrugasa por diante (min 24: 31 ?? 30), logo, a base de moita defensa e o acerto con 2 triplas mais chegan ó remate do 3º cuarto dominando por 9: 45 ?? 36.

 

Iniciouse o último período e o Extrugasa mantiña as diferencias en torno ós 8 puntos (min 33: 50 ?? 42), cunha ova tripla de Peñaño. O partido quentase un pouco, e Vilanova que se achega a 6 puntos: (min 36: 53 ?? 47). Sancionado Santi Vilanova aproveita a xogada para achegarse a 2 (55 ?? 53), quedando pouco mais de 1 minutos. Vilanova que se pon a defender o home pero Nacho, Pepi e Peñaño sentencian dende o tiro libre (59 ?? 53), e non dan opcións á sorpresa, anotando os últimos 2 tiros libres Felipe á falta de poucos segundos.

 

E para a semana toca Pontevedra, outro equipo dos de abaixo, e toca xogar de novo na casa, polo que o equipo volta a disputar outra ??final? para tratar de salvarse.

Este resultado uniuse ó dos equipos base do club, pois este fin de semana gañaron os 4 equipos que xogaban.

– Os cadetes impuxéronse por 27 puntos no Liceo de Vilagarcía.

– Os infantis gañaron por 22: 71 – 53, no cruce polo título ante cambados, coa fenomenal actuacion do local David López, autor de 37 puntos. Agora perdendo por menos de 21 puntos clasificanse para semifinais.

– As nenas infantis gañaron comodamente por 63 – 13 ás nenas do Liceo.

 

BALONCESTO: HORARIOS DESTA VINDEIRA FIN DE SEMANA

SENIOR ZONAL: Sábado ás 20 h. en Pontecesures, contra o Pescados Anita de Vilanova.

Partido entre os 2 pechacancelas da taboa, o Extrugasa  Rio Ulla (9º) recibe ó Vilanova (10º) nun partido vital. Se gañan os locais poden escapar momentaneamente dos postos de descenso. Se perden quedarían derradeiros con unha soa victoria. Un dos partidos que hai que gañar coma sexa…

CADETE MASCULINO: Sábado ás 16 h. en Vilagarcia, contra o Liceo Casino.

partido que debe ser unha victoria fácil para os cesureños, pois na casa foran quen de derrotar ós vilagarciáns por case 50 puntos.

INFANTIL MASCULINO: Sábado ás 12 en Pontecesures, contra o Xuven de Cambados.

Inicianse os cruces entrte os equipos dos 2 grupos  da competición infantil, e o Extrugasa, 4º do seu, vai telo dificil ante un Cambados que quedou 1º do outro grupo.

INFANTIL FEMENINO: Sábado ás 16.45 en Pontecesures, contra o Liceo de Vilagarcía.

Partido moi igualado nun principio, e con gañas de revancha, pois en Vilagarcía perderan as nosas pola mínima nun partido que ian domiñando. Importante acadar unha victoria e gañarlle a diferencia de puntos.

ALEVIN: Aprazado. Disputarase no Nadal, nun Torneo que imos montar nesas datas.

Por outra banda, ate 6 integrantes dos equipos inferiores teñen adestramentos este domingo pola tarde cas suas respectivas seleccions. O traballo de Antonio Pedrido vai dando frutos e así temos que:

Sergio Martinez e Antia Sanmarco van convocados cas seleccións alevins masculina e femininina , respectivamente.

Logo as nenas nadas no 96, Eva Gerpe, Raquel Diz, Sandra Hernaiz, e Lara  Alvarez adestrarán ca seleccion infantil feminina.

Todas estas seleccións xogaran na primaveira próxima o campionato galego de seleccións zonais, e esperamos contar con varios integrantes do club nas mesmas.

Por fru, hace

Inicio das competicións de Baloncesto Benxamín

A categoría Benxamin, de idades comprendidas entre 7 a 9 anos empezou esta fin de semana. En concreto o Extrugasa acudiu á concentración celebrada en Cambados donde participou con 2 equipos: o «Extrugasa Cesures» e o «Extrugasa Valga», integrado cada un deses equipos por nenos/as das respectivas escolas de baloncesto.

En Cambados enfrentaronse cada un dos nosos equipos a 2 equipos: do Xuven de Cambados, e do CB. Grove.

Indicar que son partidiños de 4 contra 4, ó ancho da pista, celebrandose 2 partidos á vez. Dura 2 partes de 15 minutos a reloxio corrido e non se leva o marcador, nin hai un gañador oficial.

Celbrarase unha concentación mensual (7 ó longo da tempada), e probablemente en decembro sexa o noso club quen organice dita concentración, á que acude numeroso público entre familiares e membros doutros equipos. 

[photopress:100_0114_web.JPG,full,centered]
Extrugasa Valga

[photopress:100_0115_web.JPG,full,centered]
Extrugasa Cesures

Casi 400 oyentes participan esta noche en la cena de Radio Valga.

El Hotel Scala de Padrón acoge esta noche la cena baile anual de Radio Valga, que comenzará a las 22 horas y en la que los asistentes podrán degustar un menú compuesto por pescado, carne, postre y barra libre. La música estará muy presente en el evento de la mano de los dúos Pequena Aldea y Estéreo, aunque la actuación principal será la de María de Caldas, que representó a la comarca en la primera edición del programa «Son de Estrelas».
Todos los participantes ena la fiesta recibirán un regalo de la organización, y además se sortearán multitud de agasajos cedidos para la ocasión por diversas casas comerciales. Los más afortunados se podrán llevar un fin de semana en una casa de turismo rural del municipio de Rois o un viaje a Palma de Mallorca de 7 días para dos personas con todos los gastos pagados. Este último regalo es sufragado por el Concello.

BALONCESTO: HORARIOS DOS EQUIPOS NESTA FIN DE SEMANA

SENIOR ZONAL: Extrugasa Rio Ulla – Laxe Marín   Domingo ás 12.15 h. en Pontecesures

Por petición dos marinenses cambiouse a orde deste partido, xogándose en Pontecesures. Dificil compromiso ante un líder, o Laxe Marín, que é o gañador desta liga nos últimos anos. Ademais o Extrugasa vai contar cas baixas seguras de Pino e Felipe, por lesión e traballo respectivamente; importantes o 1º pola súa altura para parar ós pivots do Laxe, e o 2º porque este ano está anotando con facilidade. Partido para que os mais novos dispoñan de minutos. 

CADETE: CB. Pontevedra – Extrugasa Rio Ulla   Domingo ás 11 h. en Pontevedra

INFANTIL FEMENINO: CB. Meco Grove – Extrugasa Rio Ulla   Domingo ás 12 no Grove

ALEVIN MIXTO: Arxil «A» – Extrugasa Rio Ulla Sabado 12.30 en Pontevedra

BENXAMINS: Concentracion mensual en Cambados, domingo ás 17 h.

BALONCESTO: HORARIOS DOS PARTIDOS DESTA FIN DE SEMANA

Esta semana só xogan 2 equipos, ó coincidir parón en varias categorias, e non ter ningún partido aprazado. 

 SENIOR: Sabado ás 19 h. en Pontecesures, contra o Meco de O Grove.

Nova oportunidade para os senior de acadar unha victoria ante un equipo que empezou mal a temporada, pero que en anos pasados era o aspirante a desbancar Laxe Marin actual campión estes anos atrás. Os do Grove gañaron precisamente na 1ª xornada ó Laxe, perdendo a continuación os seus seguintes 3 partidos. Igual bagaxe leva o Extrugasa, que gañou na 1ª xornada ó Demarpa Grove, perdendo a continuación os seus 3 partidos. Pode ser un partido disputado e entretido o que teñamos mañá en Pontecesures.

INFANTIL MASCULINO: Sábado as 12 en Pontecesures, contra Estudiantes de Pontevedra.

Nun principio son favoritos os visitantes, pero non é tanta a diferencia que separa ós nosos, polo que a priori, pode pasar calquera cousa.

  

Por fru, hace