Os casados dan a sorpresa, e gañan o partido de fútbol das festas de Carreiras.

Por 4 goles a 3, gañaron os casados aos solteiros no partido de fútbol disputado na tarde de hoxe no campo «Ramón Diéguez» de Pontecesures, con motivo das festas da Virxe dos Anxos de Carreiras.
A pesar do dominio territorial dos solteiros, os casados gañaron o encontro. Foi decisiva a actuación dos porteiros. Estivo moito máis acertado o dos casados e iso resultou decisivo para o resultado final.

Logo do seu empate fóra, o «Joyería Riveiro» segue na terceira posición.

A dous goles, empatou o sábado pasado o «Joyería Riveiro» de fútbol veterano en Tenorio. Agora a formación cesureña marcha na terceira posición da táboa con 29 puntos (leva 14 encontros xogados, dos que gañou 8, empatou 5 e só perdeu 1; marcando 37 goles e encaixando 15).
O vindeiro sábado enfróntase ao Miramar, que vai en quinta posición con 26 puntos, en Pontecesures.

Torneo de nadal Concello de Pontecesures.

No campo de fútbol Ramón Diéguez, haberá o venres 26 de decembro encontros de fútbol deste torneo co seguinte harario:

Categoría benxamín «A»: PONTECESURES C.F.-PONTEVEDRA C.F., ás 11:00 horas.
Categorías benxamín «B» e prebenxamín: PONTECESURES C.F-CORDEIRO C.F., a partir das 16:30 horas.

Organiza o Pontecesures C.F e colabora o Concello de Pontecesures.

Programa das festas 2009 da «Virxe dos Anxos» en Carreiras.

Sábado día 3 de xaneiro
-Ás 17:00 horas no campo de fútbol Ramón Diéguez de Pontecesures, partido de futbol de solteiros contra casados.

Sábado día 10 de xaneiro
-Polá mañá bombas de palenque e alborada da charanga Apeles.
-Ás 12:30 horas, Misa Solemne na Igrexa Parroquial cantada polo coro de A Barcarola de Pontecesures.
-Despois, no campo da festa, Poxa de Ramos e sesión vermouth amenizada pola orquestra Pontevedra.
-Pola noite gran verbena coa actuación das orquestras Pontevedra e Suavecito.

Domingo día 11 de xaneiro
-Ás 16:00 haberá no campo da festa colchonetas gratuitas para nenos e maiores da empresa Diverneno.
-Ás 18:00 horas será servida alí a gran chocolatada con churros.
-Ás 19:00 actuará o dúo musical ?bice Capital como remate da festa.

Será instalada unha carpa, e a Comisión agradece a colaboración dos veciños, das casas comerciais, de Radio Valga, da Deputación de Pontevedra e do Concello de Pontecesures.

Anunciase un atractivo partido de fútbol solteiros contra casados para as festas de Carreiras.

Para as festas da «Reina de los Ángeles» en Carreiras, que terán lugar o segundo fin de semana de xaneiro, está prevista a celebración deste encontro a disputar no remozado campo de fútbol de Pontecesures.
Na tenda de Salvador estiveron apuntándose, perante estes días, os veciños de Carreiras para formar parque das equipas, segundo o seu estado civil (os nomes de 12 ou trece nomes por equipa xa están no taboleiro). O partido está a crear expectación e xa se realizan prognósticos de todo tipo en canto ó resultado.