Ángel Barreiro, o home que volveu encher un río de vida.

«Dábame moitas veces a noite remando. Encantábame remar no medio do río eu só. Era unha paixón. Lembro algunha vez de envorcar no río e ter que ir polo medio das brañas para volver ao club». Hai ben de tempo que Ángel Barreiro celebrou as vodas de prata da profunda relación de amor que mantén co Ulla, desde que sendo adolescente descubría unha nova maneira de conectar co que está tan próximo e, moitas veces, tan afastado a un tempo por simple descoñecemento. Unha historia que arrincaba deixándose levar polos amigos para probar no remo de banco móbil que ofertaba o Club Náutico Universitario de Santiago, dependente da USC, aos pés do final do cauce fluvial que une Pontecesures e Padrón. Montado nun skiff, Ángel sentíuse voar libre, poñendo fin aos seus catro anos entre os pioneiros do primeiro club de baloncesto do seu concello e prantando sen sabelo a semente do que hoxe é un dos clubs de referencia no piragüismo de base en España.

Tres anos botou Barreiro no C.N. Universitario de Santiago, que ofertaba remo de banco móbil e piragüismo. Pero «cando me incorporei o club tiña xa unha actividade baixa, sen estrutura nin de captación nin de competición», lembra. Tanto é así, que non consegue citarse en máis ca un campionato universitario hispanoluso en Portugal, ao que acudíu nun 8 con timonel coa bandeira da USC.

O seu desexo de incorporarse pronto ao mercado laboral afastouno do deporte federado uns dez anos. Ata que «no 2001 un grupo de ex deportistas do club enterámonos de que pechaba o Universitario. Tamén que outro club comprara o material de remo que quedaba entón e que outro estaba a pedir o de piragüismo». Os ex deportistas, conta Barreiro, falaron que «non podiamos deixar que o deporte náutico desaparecera do noso río». Pero «ninguén daba o paso». Foi entón cando volveron aflorar vellos recordos vernizados de felicidade: «Tivera tanta paixón e gozara tanto no río, que quería que outros nenos tiveran a posibilidade de vivir o mesmo ca min». E por iso, Ángel saíu da fila e ergueu a man do voluntario disposto a encabezar a causa, acompañado doutros cinco convencidos.

Conseguido o respaldo do Concello de Pontecesures, comezou entón o máis duro. Construir un novo fogar deportivo sobre as cinsas esmorecentes dun club. «Mentres os meus amigos estaban de festa, eu estaba coa funda reparando barcos ata as 4 da mañá, unhas veces con axuda, a maioría só». E é que, di o noso rostro do deporte, «o material que nos quedaba do Universitario era practicamente inservible. Canoas sen tacos, barcos coas proas rotas e con furados…». E inda que el era «algo manitas, tiven que ir aprendendo a traballar coa fibra de vidro ou a resina, que non coñecía». Compaxinándoo xunto aos seus compañeiros de aventura con labores de marquetería nas vellas e deterioradas instalacións do Universitario que formaron parte da herdanza; recolocando un falso teito caído, reparando duchas ou soldando estantes para as embarcacións. E así foi como no verán do 2002 «se viron de novo as primeiras piraguas polo río», cunha decena de nenos bautizando nas augas do Ulla o Náutico Pontecesures.

Alleo ata entón ao mundo do piragüismo, Ángel sacou no 2003 o curso de iniciación -desde hai 5 anos ten o de técnico de nivel 2- «para axudar os rapaces a medrar» nun momento no que «non tiñamos recursos para contratar un técnico». Carencia que o club comezou a superar cando no 2005 o Concello sufragou o seu custe, axuda que veu mantendo ata o presente. A partir de aí, ademais de seguir adestrando os rapaces, o presidente puido dedicarse tamén a promocionar o club na contorna ás dúas beiras do Ulla.

O Náutico Pontecesures comezou a medrar. Pasando de levar os nenos a competir nos coches particulares coas piraguas en bacas, a mercar remolques e embarcacións novas coas primeiras subvencións; sempre aforrando ata o último peso, así fora indo e vindo no día a Zamora nunha furgoneta cedida polo Concello na que á volta Barreiro e os seus compañeiros de viaxe descubriron que «metía fume dentro. Ao chegar á casa caíame a carbonilla na ducha», lembra hoxe con humor.

De aí o club pasou a pechar unha década cos seus primeiros deportistas no CGTD e André Oliveira pelexando a praza no C1 1.000 para os Xogos Olímpicos do 2012. Celebrando pouco despois a emerxencia no panorama internacional de Camila Morison, bronce no K1 Sprint nos Xogos Olímpicos da Xuventude en Nanjing en agosto do 2014, acompañada por un Barreiro que vivíu en China «a maior experiencia deportiva da miña vida, convivindo con deportistas e con adestradores de todo o mundo, nun país cunha cultura tan diferente». E xa no último lustro, vendo codearse o Náutico Pontecesures entre as mellores canteiras de España, ao tempo que se consolidaba nas marxes dos 200 padexeiros.

«Ver os rapaces ilusionados, o seu compañeirismo, como gozan viaxando por España a competir… Iso é o que me carga a batería» tras 18 anos á fronte do barco, explica Barreiro aos pés do Ulla. Sen ápice de cansazo. Igual de namorado co primeiro día.

Persoal

A paixón de Ángel Barreiro Barreiro (Pontecesures, 16-09-1969) por viaxar levouno a priorizar a súa vida laboral sobre a académica. Traballou tres anos nunha correduría de seguros antes de sacar as oposicións a Policía Local, ocupación que desempeña desde hai 23 anos na xefatura de Vilagarcía.

La Voz de Galicia

De xogar «de nada» a historia dun club.

Fruqui é o fío condutor dunha desas entidades deportivas felices con formar os rapaces do seu pobo.

«Estou adestrando nenos de pais que xa adestrara sendo chavais». José Rodríguez Fructuoso, Fruqui, cumpría hai un mes onte os 51. Unha idade na que a maioría dos integrantes dos corpos técnicos e directivos dun club de baloncesto celebran quizais a súa primeira década de rodaxe. Fruqui vai a medio cabalo entre a terceira e a cuarta. Convertido na personificación do deporte da canastra na súa localidade, Pontecesures, participando en todas e cada unha das versións e etapas dun club enraizado nos anos 80 que nunca, nunca, perdeu a súa esencia e o seu santo e sinal: servir de casa común ás sucesivas xeracións de novos rapaces da vila na que se educar a través do deporte.

Despois de dous anos xogando no C.B. Padrón, un grupo de adolescentes de Pontecesures enganchados ao baloncesto no colexio do seu municipio buscáronse a vida tras a desaparición do club da outra beira do Ulla. Coa axuda de dous profesores do seu antigo centro escolar e da muller do director da oficinal local de Caixanova, que posuía o título de adestradora. Así nacía en 1985 o C.B. Cesures, cun equipo xuvenil. Esa mesma tempada, Fruqui animouse a botarlles unha man a quenes eran os seus compañeiros de quinta escolar. «Entrei de utillero», conta, ocupándose desde o marcador ata labores de vasoira. Coma hoxe, xogaban no pavillón do colexio de Pontecesures, só que daquela ao aire libre e «os equipos cambiábanse nos vestiarios do colexio».

Fruqui, que con anterioridade probara a facer piragüismo e fútbol, acabou no segundo ano enrolado nas filas de xogadores do novo equipo. Pero só «xoguei 2 tempadas», di. ¿De que? « De nada», contesta con humor. «Nunca xogara». Digamos que foi aleiro.

Por aí semella vir a súa predisposición para asumir o marrón que se lles presentou aos pioneiros do baloncesto cesureño cando na segunda tempada do club os tres adultos que respaldaran o proxecto tiveron que abandonalo por traballo. «Eramos rapaces que acababamos de facer os 18 anos. E uns cantos decidimos coller a directiva. Era iso, ou o club desaparecía», conta Fruqui, tesoureiro naquel curso 1987/88 no que tamén foi xogador e mais adestrador. Ao ano seguinte Miguel Miguéns, que aceptara a responsabilidade da presidencia, tamén se tivo que apartar, por estudos, coincidindo coa marcha de boa parte do grupo fundacional. A resposta do noso rostro do deporte foi coller a presidencia, e tirar adiante ao tempo que comezaba a sacarse os títulos oficiais de adestrador, con Pepe Casal e o preparador físico José Andrés, integrantes do corpo técnico do Obradoiro a finais dos 80, como mestres no seu primeiro curso. Gastando 500 pesetas do seu peto de vinteañeiro en fotocopiar unhas fichas de exercicios do OAR que lle prestara un técnico do club ferrolán co que coincidira nunhas xornadas educativas. Era o prólogo a unha nova década, a dos 90, que lle depararía a Fruqui e mais ao baloncesto cesureño unha viaxe en montaña rusa.

Comezaron chegar as alegrías deportivas, clasificando o equipo xuvenil por primeira vez para a Liga Galega, na tempada 1990/91, e medíndose a xente como o no futuro seleccionador español Moncho López, en calidade de adestrador do Narón. En 1991 a estrutura do club traspasouse a Padrón xusto cando comezaba a despegar, cun terceiro equipo de base en capela máis o sénior, polo incumprimento, lembra Fruqui, das promesas de apoio económico do entón alcalde de Pontecesures, José Piñeiro Ares. Un lustro tardou en facer o camiño de volta, co cambio de rexedor animando a un novo grupo de rapaces a recuperar o C.B. Cesures. Fruqui retornou na campaña 1996/97 de Padrón, onde só exercera de adestrador, co seu primeiro ascenso desde Liga Zonal co equipo sénior no peto. Unha efémera experiencia de club mancomunado entre Pontecesures, Caldas e Cuntis (1997/98) e o xurdimento do primeiro equipo cesureño feminino despediron o Século XX, dando entrada a un Século XXI que arrincou coa fusión do C.B. Cesures e o C.B. Concello de Valga no ano 2000.

Con Fruqui ininterrumpidamente desde o final da súa etapa en Padrón en labores de coordinador deportivo e de adestrador en todos estes sucesivos proxectos, o novo club, o C.B. Río Ulla, non deixou de medrar ata tocar teito na campaña 2017/18 cunha ducia de equipos e 124 fichas. Co número de rapazas e de mulleres igualando o de homes no 2010 e superándoo desde mediados da presente década, dándolle a Fruqui unha das súas maiores satisfaccións nestes 35 anos de traxectoria no baloncesto: «Conseguir asentar o equipo sénior feminino durante os cinco últimos anos».

¿Que leva a seguir ao pé da obra a un home que desde a tempada pasada mesmo volveu asumir a responsabilidade dun cargo de directivo -tesoureiro- tras deixar atrás esa ingrata tarefa no 2016? Máis aló de que «me segue a gustar o xogo en si», Fruqui, que dirixe esta tempada un conxunto cadete, confesa que «me gusta ver medrar os rapaces, como xogadores na cancha e como persoas fóra dela». E reconfórtase vendo como, pese a todo, os rapaces e non tan rapaces seguen a sentir o C.B. Río Ulla como a súa casa común, reunindo hoxe oito equipos, incluídos os séniores masculino e feminino, e mantendo 83 das 107 fichas da tempada anterior inda sen un horizonte claro no que se ver competindo outra vez.

FICHA

Persoal

José Rodríguez Fructuoso naceu en Pontecesures o 25 de setembro de 1969. Traballa como técnico de emprego e de desenvolvemento do Concello cesureño.

Traxectoria no deporte

Fruqui leva 35 anos servindo de columna vertebral sobre a que descansaron os diferentes proxectos do baloncesto de Pontecesures.

La Voz de Galicia

«Despois de case 48 anos na Finsa, agora toca un descanso merecido».

La vecina de Rois Isabel Penedo Gaspar es historia viva de los últimos cincuenta años de la fábrica maderera Finsa de Padrón. En esta empresa empezó a trabajar en 1972 con 14 años y en ella acaba de prejubilarse con 61 años, tras casi 48 de actividad laboral reconocida. Cuando empezó, era la más joven y ahora de las que más antigüedad tenían. Empezó cuando la fábrica se limitaba a ser un aserradero de madera verde, en el que trabajaba su padre Urbito, con el que coincidió hasta el año 1981.

«Daquela era o traballo que había, aínda que mulleres éramos poucas e as que había eran maiores ca min», cuenta. En 1981 su padre sufrió un accidente y ya no volvió a incorporarse por lo que tuvo que adaptar los turnos a los horarios del autobús para ir y venir del trabajo hasta que en 1985 se quitó el carné de conducir.

En todos estos años, Isabel es consciente de que la fábrica «cambiou por completo». A nivel de instalaciones, que fueron ampliadas y modernizadas, pero también de trato, afirma. «Antes era unha fábrica máis humana; agora é máis comercial», asegura, pero aún así, añade, «quedei encantada coa empresa».

Isabel Penedo entró en la fábrica por mediación de su padre, como muchos otros en la empresa, pero sus hijos ya buscaron otros caminos laborales. En casi 50 años de actividad laboral, sus únicas bajas fueron las de maternidad porque, explica, «sempre gocei de boa saúde e espero seguir facéndoo». De este modo, ahora se dedicará a «atender a casa e a vivir un pouco a vida, que ata agora non saín de Rois, como quen di». Aún así, reconoce que «vou botar de menos a Finsa porque foi un traballo continuo de moitos anos, pero tamén porque deixo moitos compañeiros, tanto en Padrón como en Santiago, e tamén son unha persoa áxil». Pero también es consciente de que «é un descanso merecido, outra etapa da vida na que toca disfrutar», concluye.

La Voz de Galicia

El show más dulce de los payasos más solidarios.

El cesureño Elías Sanmarco ha reunido alimentos que serán repartidos entre 75 familias con niños en situación vulnerable de Padrón, Pontecesures y Valga.

Elías Sanmarco es un hombre de acción. Una de esas cabezas inquietas que no paran de girar, que tienen que estar siempre tejiendo planes, soñando cosas. Y si eso es así normalmente, imagínense en este tiempo de confinamiento. Elías, el alma del espectáculo El Show de los Payasos, estaba un día viendo la tele. A través de ella conoció la historia del cantante Huecco, que decidió poner en marcha una campaña de recogida de alimentos para las personas mayores que los necesitasen. «Para min, os maiores tamén son o primeiro. Pero se lle preguntas a eles que é o máis importante, diranche que son os cativos», explica Sanmarco. Acababa de ponerse en marcha la imaginación de Elías, que sin perder tiempo, levantó el teléfono e hizo una primera llamada a una empresa amiga. «Díxome que o que eu quixera, que aportaba galletas, leite… Ao ver como reaccionaba, xa me acabei de animar». Y comenzó así un periplo telefónico por dieciséis empresas de la comarca del Baixo Ulla. «A resposta foi incrible, todo o mundo quixo colaborar». Así tomó forma un alijo de 300 litros de leche, 75 cajas de galletas, chocolatinas a borbotones, fruta, agua, zumos, una docena de huevos y hasta bacalao. Cada producto lleva una pegatina que indica el nombre de la empresa que lo donó, porque Elías no quiere llevarse méritos que no son suyos. «Eu o único que fixen foi coordinar un pouco todo isto». Y seguirá haciéndolo, porque aún está pendiente de recibir un buen lote de doscientas bandejas de hamburguesas y yogures. «Cando os recibamos tamén serán repartidos», explica Sanmarco.

¿Y cómo se organiza ese reparto? Han sido los servicios sociales de Valga, Pontecesures y Padrón los que le han comunicado a Elías cuáles son las familias con niños pequeños que peor lo están pasando en este confinamiento. Son ocho familias valguesas, diecisiete cesureñas y cincuenta de Padrón. Los servicios de protección civil se encargarán del reparto, a excepción de Pontecesures, donde el propio Elías, con la ayuda de trabajadores municipales, se encargarán de hacer llegar las cajas solidarias a su destino.

Sanmarco ha adquirido, además, un compromiso con todos los niños del Baixo Ulla. «O 16 de maio tiñamos previsto facer a nosa festa de 19 aniversario; non vai poder ser, pero a festa non a suspendemos, aprazámola. En canto pase isto imos facer unha festa grande, chea de sorpresas. É o mesmo cando sexa: en agosto, en setembro, mesmo en Nadal. Haberá colchonetas, música… e lume!».

La Voz de Galicia

O estado de alarma en Pontecesures.

Durante toda esta semana e a que ven tamén seguiremos levando a cabo labores de desinfección en todas as rúas do pobo. Contamos ademáis coa colaboración da Xunta para labores de desinfección, esta semana por dúas veces viñeron a levar a cabo labores de desinfección no Centro Médico. Asimesmo a Delegación Territorial de Medio Ambiente trasladoume a súa disposición para levar a todos os veciños que se encontran en situación de emerxencia social os lotes de alimentos ou se precisan calquer outro tipo de axuda.
Reitero novamente que no Concello de Pontecesures continuamos atendendo as chamadas dos veciños e que contamos con diversas liñas de axuda para tratar de sobrelevar esta situación insólita na nosa historia recente, e animo a que se algún veciño precisa de calquer tipo de axuda tentaremos de proporcionarlla do xeito máis inmediato posible.

Alcalde de Pontecesures