Convidan á corporación de Pontecesures ao III Festival de Panxoliñas.

Neste día 13 de decembro, Santa Lucía, organiza a Coral Polifónica Pontecesures este festival que terá lugar ás 19 horas na Igrexa Parroquial de Pontecesures.

Actuarán a Coral Pazo de Oca de A Estrada, a Coral Polifónica Padronesa, o Coro Infantil/Xuvenil Melodías de Pontecesures e a Coral Polifónica Pontecesures. Ao remate do festival servirase un aperitivo no Centro Social.

A ACP denuncia o incumprimento do Regulamento da Escola Infantil Municipal de Pontecesures.

No pasado pleno ordinario do 24 de novembro este concelleiro lembrou que o Regulamento de Organización da Escola Infantil Municipal de Pontecesures dispón o seguinte:
1. No artigo 15 está regulada a Comisión de Baremación presidida polo alcalde e integrada tamén, como vogais, pola director/a de gardería, un representante dos servizos sociais, o concelleiro de educación e un representante de cada grupo político, actuando de secretario un funcionario do concello. As funcións desta comisión son velar polo cumprimento do procedemento de ingreso dos alumnos coa aplicación dos baremos, propoñer ao alcalde as solicitudes de ingreso e dar conta á Comisión Educativa das altas e baixas que se produzan.
2. No artigo 40 regùlase a Comisión Educativa da EIM constituída polo alcalde, o concelleiro de educación, un representante de cada grupo político municipal, a directora da gardería, un educador do centro e un representante dos pais dos alumnos. Compete a esta comisión función tan importantes como aprobar o proxecto educativo do centro, aprobar a programación anual, estudar os conflitos de réxime interno, aplicar o regulamento, e outras relativas ao bo funcionamento de escola.
Indicouse logo ao goberno local que non se ten coñecemento da actuación destes órganos porque os representantes dos diferentes grupos municipais nunca foron convocados.
Sorprendeu a resposta da concelleira nacionalista Cecilia Tarela (o concelleiro de educación e servizos sociais fixo como outras moitas veces «mutis por el foro») pois recoñeceu que a comisión de baremación, por exemplo, nin se convoca e así as propostas de admisión realízanse coa única intervención dos servizos sociais do concello sen máis.
Non é serio incumprir así un regulamento aprobado por todos que se queda «nun papel mollado» para vergoña da administración municipal. Solicítase así que a situación anòmala sexa corrixida de inmediato convocándose aos órganos colexiados previstos no regulamento con carácter inmediato. Non é de recibo contar con tres concelleiros cobrando unha adicación exclusiva no goberno municipal, entre eles o concelleiro de educación, e nin sequera sexan quen de que se cumpra o regulamento da EIM.
Pontecesures, 04/11/14
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

Luis Sabariz alerta de irregularidades en el régimen de funcionamiento de la escuela infantil.

Luis Sabariz Rolán, desde la oposición municipal pontecesureña, alerta de irregularidades en el funcionamiento de la escuela infantil, toda vez que, a su juicio, se está incumpliendo el reglamento con base en el cual fue adjudicado el servicio.

El portavoz de la Agrupación Cidadá de Pontecesures (ACP) ya advirtió de estos hechos en el pleno celebrado el 24 de noviembre, incidiendo en que no funcionan, porque no fueron constituidas, ni la comisión de baremación ni la comisión educativa de la guardería.

A Sabariz le sorprendió, no obstante, «la respuesta de la concejala nacionalista Cecilia Tarela, pues reconoció que la comisión de baremación no se convoca y que las propuestas de admisión se realizan con la única intervención de los Servicios Sociales, sin más».

«No es serio»

A juicio de Sabariz «no es serio incumplir de este modo un reglamento aprobado por todos que queda en papel mojado, para vergüenza de la Administración municipal».

Es por ello que pide «que esta situación anómala sea corregida de inmediato», para lo cual procede «convocar a los órganos colegiados previstos en el reglamento con carácter inmediato».

Faro de Vigo

 

El Show de los Payasos de Pontecesures prepara para su gira de Navidad.

El Show de los Payasos, un grupo de animación infantil con raíces en Pontecesures, está a punto de iniciar su gira navideña. El espectáculo que han preparado para la ocasión lleva por título «Fantasía de Navidad», y está formado por los ingredientes habituales: payasos, malabares, magia y los personajes de los dibujos de la tele.

La gira navideña empezará en Meis el día 20, y durante el mes de diciembre pasará por Negreira, Noia, Burela, Melide, Pontecesures (estarán en la sala de fiestas Chanteclair el 26 de diciembre), Mondoñedo, Foz, Ribadeo y Santiago. En enero, las actuaciones estarán en A Pobra, Santa Comba y Lalín, los días 2, 3 y 4 respectivamente.

La Voz de Galicia

O luns 24 de novembro, ás 20:30 horas, pleno ordinario en Pontecesures.

Orde do día:

1. Actas anteriores.
2. Proposta do equipo de goberno sobre elección de Xuiz de Paz titular de Pontecesures.
3. Moción dos concelleiros do BNG e do PSdeG-PSOE contra a violencia de xénero.
4. Renovación do Regulamento de Organización da Escola Infantil Municipal de Pontecesures.
5. Resolucións da alcaldía. Dar conta.
6. Informes da presidencia.
7. Rogos e preguntas.

Faise un chamamamento aos veciños para que asistan ao pleno. Sempre é importante escoitar «in situ» as posicións dos seus representantes na corporación nos debates e nas propostas.