Pontecesures lleva hoy al plato mil raciones de lamprea.

a6c8f1.jpg

Los actos de la fiesta arrancarán al mediodía con la recepción de autoridades

En Pontecesures todo está listo para darse el banquete. Hoy arranca una nueva edición de la Festa da Lamprea y con buenas perspectivas en cuanto a afluencia de público, según las estimaciones del gobierno local. Se cocinarán alrededor de 330 ejemplares lo que se traducirá en unas mil raciones. Cada ración cuesta 12 euros e incluye bebida y pan. Este año también se servirá en forma de pincho, acompañando una bebida, a un precio de 2,50 euros.

(más…)

«A lamprea ten un sabor sorprendente para quen a proba por vez primeira»

Xosé LOIS LADRA Pregoeiro da Festa da Lamprea de Cesures

O seu traballo A pesca fluvial tradicional en Galicia. Caneiros, pescos e pesquerías gañou o último Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais e en Pontecesures pensaron que quen mellor ca el para pregoar as marabillas da «princesa do Ulla».
-¿Probaría a lamprea non?
-Tiven o pracer de degustala en varias ocasións. O certo é que ten un sabor moi peculiar, diferente e sorprendente para quen a proba por vez primeira. Gústame bastante, especialmente guisada á bordelesa. Por desgraza aínda non comín empanada de lamprea, algo polo que teño curiosidade.
-¿� tan fero como semella?
-Xa di o refrán que «A lamprea ten a boca fea», aínda que a min non me anoxa en absoluto o seu feitío. Trátase dun auténtico fósil vivinte e o certo é que os galegos temos unha moi longa tradición na pesca e na degustación de lampreas. Coido que a lamprea nen é tan fea nen tan fera como a pintan. O que acontece é que para moita xente é unha grande descoñecida, e, xa se sabe, non se pode amar aquilo que se descoñece.
-¿Como ve o futuro desta pesca?
-O futuro da pesca da lamprea en Galicia é algo moi difícil de vaticinar. A maioría dos pescadores din case sempre que cada ano hai menos capturas, pero eu penso que isto é cuestión de ciclos, con boas e malas tempadas. A polución dos ríos, os encoros, as minicentrais e o cambio climático están a incidir negativamente sobre esta e outras moitas especies migratorias. Coido que se deben adoptar medidas medioambientais destinadas a garantir o futuro da lamprea nos ríos.

LA VOZ DE GALICIA, 03/04/08

ESTE XOVES PRESENTACIÃ?N EN RADIO VALGA,DA FESTA DA LAMPREA E DA FEIRA DO AUTOMÃ?BIL ANTIGO

Este xoves a eso das 21,45 h. aproximadamente, estarán no programa «PALCO DE ESTRELAS» de Daniel Seijas,en Radio Valga 107.4 FM, para falar dos actos da XIII FESTA DA LAMPREA DO ULLA e da II FEIRA DO AUTOM�BIL ANTIGO EN PONTECESURES.
Intervirán :
Dona Maribel Castro,alcaldesa de Pontecesures
Don José Maria Rey Beiró,concelleiro de Cultura de Pontecesures
Don Carlos Potel,presidente da asociación «Mirandolle os dentes»
Don Antonio Ferriño,membro da asociación «Mirandolle os dentes»

E si non hai fallos técnicos,antes da entrevista, escoitaredes,en exclusiva, un fragmento dunha conversa que Daniel Seijas tivo con desaparecido ilustre cesureño,Raimundo García Domínguez «Borobó»,onde se relata como naceu a feira do automóbil de ocasión de Pontecesures.E se cadra algunha cousa máis….
E coma sempre,musica de orquestras,concursos,adicatorias…dende as 19 h ata ás 2,30h da madrugada,ou como lle cadre.