Actuacións inmediatas de Portos de Galicia no peirao de Pontecesures.

NOTA DO GOBERNO LOCAL.

O Enxeñeiro Xefe da Zona Sur de Portos de Galicia, Mateo Ruibal, comunicou a esta concello, logo da solicitude realizada por esta institución, unha serie de actuacións que vai realizar a Xefatura da Zona Sur, con carácter previo á realización da obra de rehabilitación integral do peirao, para a que se está a redactar o proxecto, de cara ao Xacobeo 2010 no que ten unha especial relevancia a Ruta Marítimo Fluvial Arousa Ulla.

En concreto, vaise actuar en seis das sete ramplas das instalacións. Como en baixamar hai problemas de utilización das ramplas, vanse continuar ata o leito do río. Tres delas continuaranse coa mesma pendente de baixada, e outras tres en escalóns. Hai que salientar a obra de ampliamento da rampla que utilizan os deportistas do Náutico de Pontecesures que agora teñen problemas para subir ou baixar das embarcacións deportivas.

Tamén se nos comunicou a boa nova de que se van limpar a fondo os muros, as ramplas e o leito do río que presentan un mal estado e que é unha vella demanda que temos. O leito limparase dende a ponte interprovincial ata a EDAR de Pontecesures, ao tratarse da zona de competencia territorial que ten Portos de Galicia.

Segundo a comunicación de Portos, o ancho embarcadoiro que hai a carón da EDAR vai quedar como está na actualidade. Este embarcadoiro é utilizado polos valeiros que teñen dificultades para acceder ás lanchas en baixa mar. Solicitaron así hai tempo o rebaixe do firme da instalación. Incluso o pleno solicitou que se acometera esta actuación cando informamos o primeiro dos proxectos de rehabilitación da zona portuaria. Trátase, ó parecer, dunha obra de moito custo e de dificultade técnica. Por non facerse agora, pregámoslle ao Sr. Ruibal que se transmita a petición ós redactores do proxecto que se está a elaborar por se é posible incluíla na actuación global. De todos os xeitos, solicítouse agora unha limpeza a fondo de todo o embarcadoiro porque a lama provoca, ás veces, problemas de estabilidade e risco de caídas dos traballadores.

Pontecesures, 23/01/10

Desorganización e caos no peirao de Pontecesures.Randulfe descoñece que o centro médico de Cesures pecha polas tardes.

Remonte a nado do río Ulla polo campeón do mundo David Meca realizando a ruta marítimo-fluvial, ruta Xacobea do mar de Arousa-Ulla.

En primeiro lugar o BNG quere felicitar a David Meca polo gran logro conquerido, reto que logrou superar ao cubrir a nado a ruta marítimo-fluvial dende Vilagarcía ata o peirao de Pontecesures.

Non obstante o anterior, queremos manifestar que nun evento de tal magnitude, onde o nome de Pontecesures apareceu en todos os medios de comunicación (incluso a nivel estatal), a organización por parte do concello fose nefasta, ata tal punto que podemos decir que foi inexistente.

A importancia do evento trouxo a Pontecesures e ao seu peirao a miles de persoas (veciños e foráneos), que querían comprobar como David Meca era capaz de acadar o reto proposto. Dende logo consideramos dende o BNG que tal feito constituíu unha gran oportunidade para que o noso concello quedase ??ben visto?, co pabellón ben alto, en fin, estivera á altura que se merece e polo contrario quedou como se fósemos ??unha república bananera?.

O BNG culpa directamente destes feitos á ineptitude da alcaldesa Maribel Castro, á prepotencia de Rafael Randulfe (PP) e ao excesivo afán de protagonismo do tránsfuga Sabariz, quen incluso levaba na man un megáfono para darse máis relevancia dada a gran cantidade de público congregado no peirao.

Pontecesures non merece estar gobernado por semellantes personaxes.

Son numerosas as deficiencias observadas que merecen a nosa crítica máis severa, e entre elas destacamos:

1.- Non establecer medidas de seguridade, acordonando a zona do pantalán e rampla, onde estaba prevista a chegada de David Meca. O pantalán foi invadido por moita xente correndo serio risco de afundimento e podendo ter lugar unha desgraza.
2.- O concello non se ocupou de iluminar a zona de chegada o que provocou que o nadador se desorientase non sabendo cal era en concreto o lugar ao que se debía dirixir.

3.- Unha vez chegado o nadador ao pantalán en condicións de cansancio extremo, con hipotermia e desvaecemento, os servizos sanitarios non podían atendelo coa prontitude e nas condicións requeridas, por mor da aglomeración de xente que alí había, debido á flagrante falla de organización.

Colocado o David Meca na camilla, as dificultades para trasladar a este ata a ambulancia foron enormes dentro dun clima de desesperación por parte dos sanitarios e por parte dos pais do nadador alí presentes.

Xa na ambulancia, Sabariz tivo que ser empuxado polo sanitario pois incordiaba co megáfono na man ao exhauto nadador. Vergoñenta actitude dun concelleiro do goberno.
Cando a ambulancia pretende arrancar do peirao atópase de frente coas carrozas da cabalgata de Reis impedindo o paso á mesma e tendo esta que recurrir a itinerarios alternativos para poder saír do pobo. Decir que as carrozas levaban ali detidas máis dunha hora, por orde directa da alcaldesa Maribel Castro, e en contra do parecer do policía local alí presente, pois mentras este pedía que a caravana circulase ao seu destino a alcaldesa contradecía ao garda municipal e ordenaba que permanecese onde estaba.

Esta situación aparte das dificultades que supuxo para a evacuación normal e rápida de David Meca, dende o BNG entendemos que tamén resultou contraproducente en tanto que se tiveron a nenos e participantes na cabalgata detidos tanto tempo e soportando un forte frío, e todo elo co único fin por parte da alcaldesa de saír na foto co ramo de flores.

Moi lamentable e penosa foi a actuación do concelleiro Rafael Randulfe, que envía a ambulancia ao centro médico de Pontecesures, que se atopa sempre pechado polas tardes como todos os veciños do pobo saben, chegando incluso a baixar ao nadador no pechado centro médico e grazas á actuación anónima dalgúns veciños foi enviado ao PAC de Valga.

4.- A desorganización unida á falla de previsión provocou todos estes problemas, agravados tamén pola ausencia de medios humanos. Só se contaba con dous policías locais para miles de persoas. O BNG pregúntase: ¿Por que non estaban os voluntarios de Protección Civil de Pontecesures? ¿Por que non se pedíu a colaboración da Subdelegación do Goberno e a doutras agrupacións de protección civil de concellos limítrofes?

En fin, un auténtico desastre.

5.- Ante as críticas recibidas in situ por parte de veciños ao concelleiro Rafael Randulfe, a súa resposta (que se califica por sí mesma) foi: ?eu non mandei a este señor vir nadando polo río?.

Este mesmo concelleiro, nunha radio local, criticou ao Xacobeo por este evento, decindo que él descoñecía que se iba a celebrar pois se enterou del pola prensa, pero curiosamente todo o goberno local acompañado polo Sr. Tourís estaba alí presente, e ao BNG cónstalle que os organizadores póñense en contacto coa alcaldesa Maribel Castro (que de feito sí estaba alí co ramo de flores), polo que o Sr. Randulfe minte. Do único que se preocupou o goberno municipal foi de comprar un ramo de flores (que nunca poido entregar ao nadador como por outra parte era de esperar)

Sen dúbida o positivo foi o logro acadado polo campeón do mundo David Meca con este reto, que contribuíu a dar a coñecer a toda España a ruta marítimo fluvial de Arousa e Ulla, e tamén a intervención desinteresada do Club Náutico de Pontecesures que acompañou ao nadador dende Catoira coa lancha motorizada e con varios piragüistas ademáis de participar activamente en terra, colaborando, como podían, no traslado da camilla ata a ambulancia. O BNG agradece a súa participación.

Álvaro Loureiro do Náutico de Pontecesures convocado a unha concentración nacional.

Catro canoístas do Baixo Ulla acoden convocados a unha concentración nacional júnior
A Real Federación Española de Piragüismo vén de convocar os 20 mellores canoístas júniores do estado, 10 de primeiro ano e outros tantos de segundo, a unha concentración en Sevilla. Enmarcada no Programa Nacional de Tecnificación, a cita comezará o luns 4 de xaneiro, desenvolvéndose ao longo de seis días ata o sábado 9.
Galicia copa a metade dos palistas convocados. E a bisbarra do Baixo Ulla, á súa vez, case a metade da representación galega. Das Torres-Romaría Vikinga acudirán á capital andaluza Brais Martínez, Anxo Galbán e Diego Miguéns, e Álvaro Loureiro faráo coa camisola do Náutico Pontecesures.
O obxectivo da concentración é a mellora da técnica en barco de equipo. Con tal fin, os palistas serán sometidos a un test antropométrico, a un test de velocidade en C-1, a outro de forza máxima e a unha análise da súa técnica, sobre todo en barco de equipo.
Control en Galicia
Noutra orde de cousas, a Comisión Técnica da Federación Galega de Piragüismo fixou para o 10 de xaneiro un control de terra, e para o día 16 un de auga para palistas desde a categoría infantil A ata a júnior de segundo ano. A falta de concretar as 20 prazas abertas ás solicitudes de calquera piragüista, a Comisión Técnica convocou a 43 rapaces, 17 deles das Torres, Breogán, A Illa, Náutico Pontecesures e O Muíño.

LA VOZ DE GALICIA, 31/12/09

Ángel Barreiro, presidente del Náutico de Pontecesures, vocal en la nueva directiva de la Federación Gallega de Piragüismo.

La nueva directiva de la Federación Galega de Piragüismo está formada por José Alfredo Bea como presidente, Francisco José González como su asesor, César Estévez en el cargo de tesorero y César Santiago Sanmamed cen la secretaría. Hay tres vicepresidentes: Esteban Alonso, Xosé Enrique Rodríguez (responsable del área de slalom y aguas bravas) y un tercero que se ocupará también de ríos y travesías, cargo que en principio estaba destinado a Arturo Paz. Daniel Ángel Brage es el nuevo director técnico y hay once vocales nuevos que son: Ángel Barreiro (relaciones con los clubes); José Manuel Sánchez (responsable de árbitros); Félix Lamas en el área de aguas tranquilas; Araceli Menduiña en kayak de mar de competición; Jaime Corral en kayak de mar recreativo; Manuel Isorna como responsable de entrenadores; Rafael Peláez como delegado de Lugo, Francisco Barreiro de A Coruña, Raquel Rodríguez de Pontevedra y Manuel Blanco de Ourense.

DIARIO DE AROUSA, 19/11/09

Subvención de 2.000 euros da Deputación ao Náutico de Pontecesures.

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o deputado delegado de Deportes, Jose Enrique Sotelo, entregaron onte contías económicas por un importe total de 85.500 euros a 21 entidades náutico-deportivas da provincia de Pontevedra. Non obstante, segundo especificou o titular da Deputación, «a nivel global a entidade provincial está a destinar 225.000 euros a 44 clubs náuticos de toda a provincia».
Nas comarcas de Arousa e Caldas foron o Club Piragüismo Cambados (3.000 euros), Club Piragüismo As Torres ( 6.000 euros), Amegrove Club de Remo (5.000 euros), Club Breogán de O Grove (5.000 euros), Club Remo Mecos (5.000 euros); Club Piragüismo Illa de Arousa (5.000 euros), Club Náutico Pontecesures (2.000 euros), Club Náutico O Muíño de Ribadumia (5.000 euros), Club Náutico Sanxenxo (6.000 euros) e Club Piragüismo Portonovo (4.000 euros).

LA VOZ DE GALICIA, 03/11/09