O venres día 9 de marzo 2ª «Festa dos anos 80» na Maty

disco.jpgA partir das 23 horas do venres día 9 de marzo, terá lugar na Discoteca Maty de Pontecesures a «2ª Festa dos anos 80» con entrada gratuita. Está organizada por un grupo de persoas de Padrón que eran asiduos á citada discoteca neses anos. A primeira festa tivo lugar en outono pasado e foi un éxito espectacular con gran ambiente ata altas horas da madrugada. Faise un chamamento ás persoas maiores de 30 anos para que asistan a esta festa para rememorar os vellos tempos. A festa terá lugar nas instalacións da nova Maty pois as antigas do edificio de dúas andares está adicado na actualidade a almacén.

Estanse a prodigar estas iniciativas na comarca, xa que hoxe día 3 a partir das 23 horas haberá, tamén con entrada gratuita, una Festa dos anos 60-70 no Casino de Padrón. «Pinchará» discos daquelas décadas, Héctor Bermúdez o popular locutor de Radio Valga.

Estudian fórmulas para hacer llegar la telefonía fija a las aldeas de Grobas y Fenteira.

El Ayuntamiento de Pontecesures y la Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información de la Xunta de Galicia estudian fórmulas para dotar a los lugares de Grobas y Fenteira de servicio de telefonía fija e Internet. A petición del gobierno local, esta semana visitó la localidad la directora xeral María Elena Veiguela Martínez para informarse sobre la situación actual que viven estas dos aldeas cesureñas, ubicadas entre los términos municipales de Valga, Padrón y A Estrada, en dirección a este último.

(más…)

Hoxe cea baile de entroido da Barcarola

Hoxe 24 de febreiro ás 22 horas celébrase no Restaurante «Reina Lupa» de Escravitude (Padrón) esta cea baile organizada pola Asociación de Amas de Casa «A Barcarola». O prezo para a cea foi fixado en 27 � para as socias/os, mentres que para as non socias/os foi fixado en 30 �. Haberá sorteo de regalos para os asistentes e faise un chamamento para que estes acodan disfrazados.