BALONCESTO: RESULTADOS DOS ENCONTROS DISPUTADOS NA FIN DE SEMANA

Esta fin de semana non houbo partido dos senior, pois o equipo que tiña que vir xogar a Pontecesures, o Escola Naval de Marín, tiña problemas de falta de xogadores polos festivos, polo que pediron á Federación e ó noso club o aprazamento do encontro, non poñendo pola nosa parte impedimento algún, e a Federación aceptou pospoñer o encontro para outra data.

Pero os equipos de categorias inferiores si disputaron encontros amigables, para poñerse a punto ante o inminente inicio das ligas, previsto na maioria para a vindeira fin de semana.

Onte foron os Cadetes e os Alevíns os que devolveron a visita de hai 15 días ó Grove. No caso dos cadetes, a maior calidade e veteranía dos grovenses decantou o partido dende o inicio, gañando por 30 de diferencia. No caso dos alevíns o resultado foi de victoria para os cesureños por 15 puntos de diferencia.

Na tarde de hoxe foron os Infantís os que disputaron un amigable diante do Liceo de Vilagarcía. O resultado foi de victoria visitante por 50 a 60 nun bo partido, pois eran varios os nenos que xogaban por primeira vez no equipo do Extrugasa. Foi un parcial de 4 – 18 no 2º cuarto o que fixo que os vilagarciáns colleran unha importante diferencia que os neneos de Valga e Cesures non poideron remontar, a pesar de intentalo.

100_8007-web.JPG

Equipo infantil Extrugasa Rio Ulla 2007 – 08

Contestación do equipo de goberno en relación coas deficiencias do alumeado público.

NOTA DO EQUIPO DE GOBERNO

Aparece hoxe nos medios de comunicación unha nota do BNG de Pontecesures, denunciando o mal estado do alumeado público, e preguntando se algunha farola provocou algunha descarga que puidera haber afectado a algún vecino.

Queremos respostar o seguinte:

1º- Efectivamente, nos últimos tempos, contabilizáronse máis de 50 luminarias afundidas no alumeado municipal. A empresa encargada da reposición destas luminarias xa repuxo a metade na rúa Redondo e noutras rúas centrais da Vila. Agora vai acometer a reparación no alumeado de Carreiras, San Xulián, Rúa Pousa Antelo, etc..

2º- Por causas descoñecidas, parece ser que unha das farolas da rúa Victor García produxo na súa base unha pequena descarga eléctrica, pero afortunadamente non causou danos a ninguén. Nada mís ter coñecemento desta circunstancia foi subsanado o dano, con intervención tamén da Policia Local.

3º- O goberno municipal considera que a maioría das avarías do alumeado son motivadas porque a instalación quedou obsoleta en moitas zonas. Espérase renovar os elementos das mesmas en actuacións futuras.

4º- De tódolos xeitos, tampouco o BNG que estivo gobernando ata hai pouco neste concello, pode falar moito de instalacións municipais. A desatención e a pasividade, foron a tónica das súas actuacións nos últimos tempos. Por exemplo, a Rúa Ullán, no centro da Vila, e os veciños tiveron que esperar pacientemente por esa instalación básica.

Pontecesures, 3 de novembro de 2007

El BNG cesureño denuncia el «total abandono» en el alumbrado.

El BNG de Pontecesures denuncia «el actual estado de abandono del alumbrado público de nuestro pueblo», informando de que hay puntos de luz «que dejaron de funcionar hace meses y no fueron reparados».
Los frentistas opinan que este problema no parece importar al gobierno tripartito e incluso preguntan «si alguna farola del Concello provocó una descarga eléctrica que pudiera haber afectado a algún vecino» pues de ser así «sería muy grave que la seguridad de los viandantes estuviera amenazada y estaríamos expuestos a cualquier desgracia».
En la formación nacionalista quieren que el Concello de Pontecesures solucione este problema revisando todos los puntos de luz y reparando las farolas, «para que en el futuro no se produzcan daños irreparables».

FARO DE VIGO, 03/11/07

Puntuacións da fase do concurso no procedemento de selección de traballador/a social do concello.

ACTA DE CONSTITUCION DO TRIBUNAL DE AVALIACIÃ?N DOS ASPIRANTES A CUBRIR POR INTERINIDADE O POSTO DE TRABALLADOR/A SOCIAL DO CONCELLO DE PONTECESURES

En Pontecesures, sendo as 12 h. do día 24 de outubro de 2007, constitúese o órgano de selección para cubrir a baixa por excedencia da traballadora social do Concello de Pontecesures, formado pola Secretaria do Concello Dª Mª. Trinidad Rodríguez Suárez, que actuará como Presidenta, a representante do Colexio Oficial de Traballadores/as Sociais de Galicia, Dna. Mª José Thómas Berbén, que actuará como vogal; e D. José Rodríguez Fructuoso, Técnico de Emprego, que actuará como vogal e secretario. Finaliza está primeira xornada ás 16.30 h., resultando evaluada a documentación dos quince primeiros aspirantes.

(más…)