A ACP denuncia a existencia de trastos vellos abandonados no Cagaxol.

lixo.jpgPreto da intersección da pista do Cagaxol coa que vai ata o campo de fútbol hai, nun marxe da calzada, varios trastos vellos (electrodomesticos inservibles, ferros, etc..) que proceden posiblemente dunha finca que foi limpada recentemente é que linda co paso a nivel de Porto-Devesa (alguén depositou hai tempo alí os trastos cando estaba a maleza alta). Hai risco de que se acumulen máis residuos na zona creándose un problema de salubridade.

Solicitouse así no dia de hoxe por parte do concelleiro Luis Angel Sabariz Rolán ao alcalde que se den as ordes oportunas para que os trastos sexan retirados con toda urxencia.

La intensa lluvia destroza el Camiño Portugués a su paso por Pontecesures.

La intensa lluvia cometió un verdadero desastre ecológico y patrimonial en Pontecesures, al actuar con virulencia contra el Camino Portugués a su paso por la localidad atrancando adoquines, destrozando el firme de zahorra y provocando socavones de hasta dos metros de profundidad. Las riadas padecidas también afectaron a viñedos y fincas privadas cercanas, sobre las que se precipitó el barro, piedras y todos los restos arrastrados monte abajo.
(más…)

Interesante xornada deportiva no pabellón

Premer para ampliar imaxe

Hoxe empezan as súas respectivas competicións ligueiras na casa tanto o novo equipo de futbol sá do Pontecesures C. F. as 17 h.; coma o Extrugasa Rio Ulla de Baloncesto, a partir das 19.30 h.

O Pontecesures C. F:, ante o número reducido de xogadores do que dispoñía decidiu retirar ó equipo de fútbol da Liga de 3ª rexional e federalo nunha liga de futbol sá da propia federación. Van xogar contra outros 13 equipos de case toda Galicia, e coma descoñecen o nivel da mesma non se pode dicir realmente que aspiracións teñen, pero si que qieren facer de Pontecesures un fortín onde os equipos visitantes teñan que sufrir moito se queren gañar. O entrenador Marcos «Pichi» segue unha tempada máis ó frente do equipo.

A continuación, a partir das 19.30 h. xogan os senior do equipo de baloncesto Extrugasa Rio Ulla, o seu 2º partido ligueiro, contra o equipo de Portas «El Doce». Na pasada xornada sufriron unha derrota por 67-59 na sempre dificil cancha de A Estrada, e agora queren optar ó triunfo para recuperar posicións na taboa clasificatoria, e moral cara ós seguintes partidos

Mañán Domingo ás 12.15 horas van xogar os rapaces xuvenís do Extrugasa Rio Ulla contra os do Liceo de Vilagarcia, e pola tarde ás 17.15 h. vanno a facer as rapazas xuvenís contra o Cortegada de Carril. Ambos rivais son dous equipos superiores polo que a victoria para os nosos xóvenes deportistas vai ser dificil.

 

El BNG se congratula por lograr el Obradoiro a pesar de las «trabas da oposición»

bng.jpgLa Asamblea Local del BNG de Pontecesures hizo pública su satisfacción por la concesión al Concello del proyecto del Obradoiro de Emprego «despois de meses de xestións ante a Consellería de Traballo».

Lo consideran un logro «moi importante para o pobo, e todo isto a pesar das trabas e zancadillas que lle puxo a oposición ó goberno local durante todo o proceso». El responsable local, Xurxo Gerpe, y la portavoz del BNG, Margarita García, aseguran que PP y ACP «congratuláronse en xullo cando do Obradoiro foi denegado en primeira convocatoria argumentando que se debía á deixadez do alcalde e incompetencia do grupo de goberno. Agora queda claro que eran todo mentiras para enganar á cidadanía».

El BNG llama a los vecinos a la «reflexión» para que se «decaten quen mira polos intereses xerais frente ós que dinamitan a xestión municipal».

:: Diario de Arousa ::

A asemblea ordinaria da ANPA terá lugar o 31 de outubro.

As 20,30 horas do 31-10-06 terá lugar na biblioteca do CPI Pontecesures a Asemblea Ordinaria da ANPA coa seguinte Orde do Día:

# Acta anterior.
# Estado de contas.
# Cota da ANPA e seguro escolar para este curso.
# Actividades extraescolares.
# Información sobre as xestións realizadas para conquerir o comedor no centro.
# Outros informes da presidencia.
# Rogos e preguntas

Filo-Café na Galiza – 2006

O vindeiro 18 de novembro 2006 as 21h celebrarase o Filo-Café Galiza 2006 no Café Palmeras, en Rois (en fronte da casa do concello). O tema deste ano é: Presenças, essências, ausências, coordinado por Lois Gil Magariños.

Este Filo-Café está organizado pola «Incomunidade»:http://incomunidade.blogspot.com e pola «Corporación Semiótica Galega»:http://cosega.blogspot.com/

As inscripcións, gratuitas, comprenden a área do pensamento, audiovisual, poesía, performance, teatro, música, arte postal.

Para máis información e inscripcións:

* http://incomunidade.blogspot.com/2006/10/filo-caf-na-galiza-2006.html
* http://cosega.blogspot.com/2006/10/filo-caf-na-galiza-18-11-2006.html