Pontecesures réndese á «maldición dos ghusanitos».

Pisando o traxe de faralaes e baixo unha chuvia de riffs guitarreiros e aplausos rematou, como non podía ser doutra maneira, e esperada actuación de Leo i Arremecághona no pub Taboga a noite do pasado sábado.
Había expectación na ribeira do Ulla por ver o novo espectáculo do cantautor punk que se separou de si mesmo, algo único no munod. ?s seguidores do de Matamá quedoulle claro por que non podían perder este concerto, mentres que os primeirizos nestas lides ficaron abraiados ante tal descarga de barullo guitareiro, fina ironía e «mala ostia agochada» nas súas letras, como o protagonista advertía antes.
Arribou en esures tras unha actuación en Compostela coa súa xira «Todos metidos nun bote tour» e quedou con todos no primeiro tema. Sombreiro negro (para algo era o Samaín), pantalón de cadros e botas Dr. Martens, ó máis puro estilo punk. «A neurona na patineta». é o novo espectáculo do Leo, no que non faltaron clásicos de menos dun minuto (haikus punk) nos que montou o xa famoso Gusiluz («que falso es, tes dúas caras») ou versionou o «Somebody put something in my drink» dos Ramones´o máis puro estilo José Tojeiro («botáronme drogha no colacao»).
Roupa de marca (gorra de Biona, chandal de Citroën) foi a que luciu o seu irmán xemelgo, En-Riquinho, para ofrecer os seus temas pop («Te recuerdo Borja») e outros míticos que nunca sairán nos 40 Principales antes de que o Leo de toda a vida se desatase no escenario a ritmo da «Maldición dos ghusanitos».

DIARIO DE PONTEVEDRA, 04/11/09

Valga participará na Mostra do Patrimonio Inmaterial en Ourense.

A cita é na Praza Maior ourensá e ata alí levarán unha mostra sobre o proceso de elaboración do pan de trigo, unha actividade que vén celebrándose no municipio desde hai tres anos coa participación de asociaións de maiores e discapacitados ademais dos escolares.
A participación de Valga comezará o día 10 de novembro coa exposición dunha selección de fotografías da sementeira, a recolleita, a malla e a moenda do trigo. O sábado 14 de novembro trasladaranse os veciños para facer unha representación da malla. Acudirán os malladores cos seus manles, as pandereteiras para cantar coplas e un grupo de maiores.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 04/11/09

Satisfacción do goberno local de Pontecesures pola concesión dun obradoiro de emprego.

A Consellería de Benestar Social, segundo anunciou o Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra esta mañá, ven de conceder unha subvención de 699.850,80 euros, para poñer en marcha o Obradoiro de Emprego, «PONTECESURES II», que se desenvolverá entre o 28 de decembro de 2009 e o 27 de decembro de 2010 e contará con 33 desempregados en tres módulos: xardiñería forestal (13 alumnos traballadores), construción (10 alumnos traballadores) e enerxía solar térmica (10 alumnos traballadores).

Como principais actuacións en bens municipais dos alumnos, cítanse as seguintes:

-Xardiñería forestal: Acondicionamento do entorno do cemiterio municipal de Condide situado no monte municiipal Salgueiras-Lagoa.
-Construción: Construción dun espazo para ximnasio no polideportivo municipal, construción de rampla de aceso á biblioteca municipal e instalación de varanda de protección na rúa Miguéns Parrado.
-Enerxía solar térmica. Instalación de paneles solares no polideportivo municipal para contar con auga quente no recinto e de calefación na biblioteca municipal. O concello solicitará unha subvención ao INEGA como axuda para sufragar o custo dos paneis.

Os aspirantes a seren alumnos deben estar inscritos como desempregados, e cubrir unha ficha que está a súa disposición na oficina do técnico de emprega de Pontecesures, nun prazo que remata o día 11 DE NOVEMBRO, ás 14 horas, entregando dita ficha na propia Casa do Concello, onde se dará toda a información sobre o particular.

No día de hoxe sairá por correo unha nota informativa a todas as vivendas de Pontecesures para coñecemento xeral.

O Concello xa nomeou os dous representantes desta institución no Grupo de Traballo Mixto que xunto cos representantes da Consellería de Traballo serán os responsables da selección dos alumnos. Serán Consuelo Ordóñez Martínez, traballadora social do concello, e José Francisco Rodríguez Fructuoso, técnico de emprego. Decidimos que non formara parte deste grupo ningún político para evitar os problemas xurdidos na lexislatura anterior con incumprimentos de compromisos por parte do anterior alcalde.

O goberno local considera esta nova de gran importancia para Pontecesures, pola situación de crise que vivimos e polo considerable número de desempregados. E unha satisfacción anunuciar que foi aprobada a nosa solicitude cun proxecto no que participaron varias personas. ? o momento de dar as grazas a todos eles.

Pontecesures, 03/11/09

A Xunta anuncia que Pontecesures contará cun obradoiro de emprego.

Traballo investirá case tres millóns e medio de euros nos programas mixtos de formación-emprego no ámbito da Delegación territorial de Pontevedra
O director xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida, presentou hoxe, acompañado do delegado territorial en Pontevedra, as accións que darán emprego a 130 traballadores

O director xeral de Promoción do emprego, Andrés Hermida, acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, presentou esta mañá os programas mixtos de formación e emprego que se porán en marcha a partir do próximo mes de decembro e que suporán unha inversión na provincia de 3.436.894,68 millóns de euros para realizar nove iniciativas enfocadas a 130 traballadores e traballadoras.

Preto de 130 pontevedreses e pontevedresas en situación de desemprego poderían acadar a súa inserción no mercado laboral grazas a estos programas mixtos de formación (escolas obradoiro, obradoiros de emprego e unidades de promoción e desenvolvemento) que porá en marcha antes de fin de ano a Consellería de Traballo e Benestar.

No acto de presentación dos programas, tamén estiveron presentes os alcaldes dos concellos beneficiarios destas accións así como a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Teresa Pedrosa.

Andrés Hermida destacou que a finalidade destas accións de fomento do emprego é ??lograr unha man de obra máis competitiva e acceder con mellores condicións ao mercado laboral?.

En concreto, no ámbito da Delegación Territorial de Pontevedra desenvolverase unha escola obradoiro, catro obradoiros de emprego e unha unidade de promoción.

Así, a escola obradoiro para o 2009-2010 desenvolverase no concello de Barro, onde 29 alumnos menores de 25 anos formaranse durante 18 meses, alternando a aprendizaxe (6 meses) coa contratación en actividades relacionadas coa recuperación ou promoción do patrimonio. Os integrantes nesta acción percibirán unha beca de asistencia diaria de sete euros durante os primeiros seis meses de formación e logo un salario de 468 euros ao mes nos seguintes doce meses de contrato.

Esta escola obradoiro denomínase Santiago Apóstol III e supón unha inversión de 595.445,40 euros para o desenrolo de tres módulos: albanelería, cantería e carpintería. ??Grazas a esta escola obradoiro que comezará a súa andaina a partir do próximo mes de decembro, os alumnos continuarán a desenrolar a restauración do Pazo de San Antoniño na finca da Crega e tamén acondicionarán o interior do centro multiusos do concello de Barro?, explicou, pola súa banda, Cores Tourís.

Con respecto aos obradoiros de emprego, serán catro os que se desenrolarán nos próximos meses, en concreto, nos municipios de A Lama, Ribadumia e Pontecesures. Ademais, tamén a Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Xunta porá en marcha un obradoiro dedicado a construción de mobiliario urbano para pistas deportivas e parques dos municipios da provincia. Baixo o nome de Mobilia, este obradoiro dará emprego a 21 alumnos grazas a subvención de 445.359,60 euros que aportará a Consellería de Traballo.

Estos obradoiros están destinados a persoas maiores de 25 anos. Tamén combinan a formación co emprego e terán unha duración de 12 meses. Os traballadores e traballadoras desta modalidade recibirán un salario de 936 euros ao mes.

No concello de Ribadumia, segundo explicou o delegado territorial, porase en marcha o Obradoiro de Emprego ??Santa Bahía? no que participarán 21 alumnos en dous módulos, un de construción e albanelería e outro de traballo forestal e xardinería. ??Deste xeito, porase en marcha un ambicioso programa de obras no que traballarán estes alumnos?, engadiu José Manuel Cores Tourís quen matizou que neste curso investiranse 445.359,60 euros.

Entre as obras previstas polos responsables deste obradoiro de emprego atópase a reparación de fontes e lavadoiros do municipio, o acondicionamento do paseo fluvial dende Ponte Cabanelas ata a ponte de Barrantes, a reforma da área recreativa de Pontearnelas, do parque escolar e do espazo público de Leiro. Tamén se reformará a antiga Cámara Agraria, o alpendre exterior da casa consistorial e a cuberta do Centro de Interpretación da Natureza de Ribadumia.

En A Lama serán 25 os alumnos que participarán no Obradoiro de Emprego ??Os Prados?, divididos en tres módulos de fontanería, cantería e medio ambiente forestal. ??Neste concello traballarase nos aseos do garaxe municipal, na reforma do mercado municipal, na construción do pórtico do cemiterio de Antas e no axardinamento exterior do edificio municipal da caseta multifuncional do lugar de Os Prados?. Tamén executarase o acondicionamento dunha ruta de sendeirismo, no empedrado do lugar de A Fírveda (na parroquia de Covelo) e na reparación dos muros do Foxo do Lobo. A inversión neste caso é de 530.190 euros.

Finalmente, en Pontecesures, porase en marcha un obradoiro de emprego no que participarán 33 alumnos cun presuposto de 699.850,80 euros e que contará con tres módulos, un dedicado a enerxías alternativas, outro a xardinería e un terceiro de construción. No primeiro dos módulos levarase a cabo a instalación de placas solares no polideportivo municipal co obxectivo de obter auga quente non só para este edificio senón tamén para a biblioteca do concello.

En canto ao módulo de xardinería, ??está previsto que se acondicione o entorno do cemiterio municipal?, segundo engadiu Cores Tourís, quen tamén desvelou que no eido da construción levaranse a cabo obras como a reforma do pavillón municipal e dun dos seus anexos para a instalación de vestiarios e ximnasio, así como o acondicionamento do entorno da casa da cultura e da biblioteca, así como do entorno da igrexa ??onde se instalará unha balaustrada de pedra para axudar a evitar accidentes e caídas dos viandantes?.

Por último, Traballo e Benestar desenvolverá unha unidade de promoción e desenvolvemento na que participarán dez persoas (director, técnicos e persoal administrativo) en colaboración coa Deputación de Pontevedra, ??o que eleva a 140 as persoas beneficiarias destos proxectos en toda a demarcación da Delegación Territorial de Pontevedra?, matizou Andrés Hermida. Estas accións, de carácter supramunicipal, colaboran na preparación, acompañamento e avaliación dos proxectos das escolas obradoiros, casas de oficios e obradoiros de emprego. En concreto, encárganse de analizar o territorio para elaborar plans integrais de intervención de cada unha das modalidades. A duración é de 24 meses e o custe de 720.689,28 euros.

Tanto os obradoiros de emprego como as escolas obradoiro ofrecen aos seus alumnos orientación e asesoramento laboral, educación compensatoria nos casos de non finalización da ESO, módulos de seguridade e saúde no traballo, de sensibilización medioambiental e de igualdade de xénero.

Os interesados en optar a estes programas da Consellería de Traballo e Benestar teñen que estar inscritos, ou poden aínda anotarse, nas súas respectivas Oficinas de Emprego, especificamente como demandantes destas iniciativas.

03/11/09

Maribel Castro acude a la presentación de un programa de empleo.

La alcaldesa de Pontecesures, Maribel Castro acude hoy a la delegación de la Xunta en Pontevedra para participar en la presentación de los programas mixtos de formación y empleo, de los que se beneficiará el concello cesureño, junto a otros de la provincia como Barro, A Lama o Ribadumia. Por parte de la Xunta asistirán el delegado territorial, José Manuel cores Tourís, y el director xeral de Emprego, Andrés Hermida. También estarán representantes de la Diputación.

DIARIO DE AROUSA, 03/11/09