O BNG aposta pola planta de reciclaxe de Lousame que da servizo a Pontecesures.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, esixiu ao Goberno do Estado “implicación” para adaptar a planta de reciclaxe de Lousame á directiva europea e que “se comprometa cun modelo de reciclaxe e exemplo de vangarda en Europa”.

Así mesmo, o deputado demandou aclaracións tras a nota recibida nos municipios que conforman a Mancomunidade de Concellos Serra do Barbanza co cambio da Subdirección Xeral de Economía Circular do MITECO, enviada pola Xunta de Galicia, “na que o Ministerio parece apostar pola incineración”, afirmaron dende o partido nacionalista.

Segundo explicaron, dita mancomunidade, que presta servizo a 9 concellos da Coruña (Lousame, Brión, Ames, Noia, Porto do Son, Muros, Carnota, Rois e Pontecesures), conta cun “modelo de compostaxe de proximidade pioneiro no Estado español que supón un motivo engadido para o seu mantemento”.
Neste sentido, Nestor Rego asegurou que “en contraposición ao sistema de tratamento que promove o Goberno galego, executado por Sogama, a planta de Lousame recupera 51.1 quilogramos por habitante cada ano. Fronte a iso, o modelo da incineración da Xunta de Galicia só recupera 13.1”, subliñou.

El Correo Gallego

Murió Ramón Castiñeiras Vázquez.

A los 65 años de edad murió el lunes 13 de septiembre este vecino de Porto de estaba casado con Fina Jamardo Doce. El funeral tendrá lugar el miércoles 15 de septiembre, a las 12 horas, en la Iglesia de Pontecesures. Posteriormente los restos mortales recibirán sepultura en el Cementerio Municipal de Condide.

Descanse en paz.

Morreu Lourdes «A Raposa».

Aos 96 anos de idade morreu Lourdes Campos Buceta, veciña de Porto e viúva de Víctor Lafuente Moreiras. O funeral tivo lugar esta tarde na Igrexa de Pontecesures e os seus restos mortais recibiron sepultura no Camposanto Parroquial de San Xulián.

Descanse en paz