En lugar de asistir ó pleno ordinario o ex alcalde asiste o aniversario do semanal «Tierras de Santiago».

O luns día 24 de setembro ás 21 horas tivo lugar o pleno ordinario da Corporación, e ese mesmo día as 20 horas celebrouse en Santiago o primeiro aniversario do semanario «Tierras de Santiago». Por cumprir coas miñas obrigas coma concelleiro no pleno, foime imposible asistir ó acto celebrado en Santiago para o que estaba convidado. Con sorpresa observo, unha vez máis, que o Sr. Alvarez Angueira, que faltou ó pleno, prefire este tipo de actos en lugar de representar ós veciños de Pontecesures no pleno da corporación. Dende logo considero censurable esta actitude do ex alcalde.

tierrasdesantiago.es/galeriasImagen.php?idMenu=56&idGaleria=1408&pag2=17

LUIS ANGEL SABARIZ ROLÁN

Accidente de circulación dun dos adestradores do CB. Pontecesures

O venres 28 de setembro sobre as 22,45 horas cando circulaba o vehículo de Alberto Solla Barreiro pola estrada nacional N-550 en dirección Valga-Pontecesures, colisionou con outro que saía da estación de servicio de Redondo. O impacto foi espectacular e o vehículo de Alberto Solla volcou quedando coas catro rodas para arriba.

No hospital ??La Rosaleda? de Santiago permanece Alberto dende o venres con danos na zona das cervicais (non parecen de gravidade), mentres o outro conductor resultou ileso.

Desexamos un pronto restablecemento de Alberto Solla, que é adestrador de categorías inferiores do equipo de baloncesto de Pontecesures.

El Concello traslada al diputado del BNG el acuerdo plenario sobre el tren de cercanías.

El concejal de Relaciones Institucionales de Pontecesures, Luis Sabariz, dió traslado al diputado del BNG en el Congreso Francisco Rodríguez, del acuerdo adoptado por la Corporación en el último Pleno para gestionar el mantenimiento de la línea de cercanías Vilagarcía-Santiago con paradas en el municipio cesureño, de manera que la villa pueda seguir contando con este medio de transporte una vez que entre el funcionamiento el AVE.

(más…)

O BNG pide que se inclúa unha partida para o tren de cercanías.

O Bloque Nacionalista Galego, a través do seu voceiro no Congreso, Francisco Rodríguez, insistiu onte que o seu apoio ós Presupostos Xerais do Estado teñen como condición que estes inclúan unha partida suficiente para crear un tren de cercanías entre Vigo-Pontevedra, Santiago-Vilagarcía y A Coruña-Ferrol-Betanzos. Neste sentido, os nacionalistas explican que nas contas iniciais se prevén 78.000 euros, unha cantidade que, engadiu Rodríguez, non é suficiente. Asegurou que «non abonda con activar o servizo, senón que hai que realizar un grande esforzo de comunicación pública e de promoción para que a xente suba ó tren».

(más…)