O primeiro receptor de radio que houbo en Padrón.

Articulo do cesureño Daniel Seijas Llerena no suplemento «Arousa, un mar de cultura». DIARIO DE AROUSA, 30/03/08.

Xa hai varios anos, mentres investigaba no arquivo municipal de Padrón, atopei por casualidade, ciscado entre unha morea de documentación, unha curiosa instancia. Tratábse dunha petición formulada polo presidente de desaparecido casino «La Tertulia» (que tiña a súa sede na rúa Longa nº 11, daquela chamada rúa Gasset y Artime), Serafín Carlés Cruces. Nese escrito solicitábase permiso para a instalación, no local social do Casino, dun aparello de radio e dunha antena exterior para poder obter unha mellor calidade de recepción das emisoras de radio. A importancia deste documento atopeina no temperán da súa data: 29 de xuño de 1924. Con isto non quero afirmar, rotundamente, que se tratara do primeiro receptos de radio comercial que houbera en Padrón. Hai que ter en conta, que na vila existía unha acaudalada burguesía comercial á cal non lle resultaría ningún problema mercar un aparello de radio, tempo antes da data anteriormente indicada. En todo caso a petición do casino «La Tertulia» é a proba de documentación máis antiga, que dispoño polo momento, da chegada da radio a Padrón. Pero antes de nada, cómpre contextualizar brevemente a situación da radio difusión no mundo e en España para mellor comprender este feito.

Depois da fin da I Guerra Mundial (1918) téntase liberalizar e buscar outro emprego máis comercial ás ondas da radio, que ata ese momento estaban monopolizadas para usos militares e marítimos. Deste xeito, a partires de 1920, comezaron a xurdir as primeiras emisoras de radio comercial no Reino Unido e nos Estados Unidos, extendéndose rapidamente o fenómeno a paises coma Francia, Alemaña, Italia, Canadá, ou Arxentina. No caso de España chega algo máis tarde. A primeira retransmisión, propiamente dita, efectúaa Radio Ibérica de Madrid coa emisión en directo do sorteo da Lotería do Nadal de 1923. Despois deste acontecemento, Radio Ibérica tardaría moito tempo en dispoñer dunha programación regular, emitindo cando cadraba. Haberá que agardar ata o 5 de maio de 1924, segundo o último estudo de Ángel Faul, para que se inicien en España as primeiras emisións regulares de man de Radio Madrid (non ten nada que ver coa actual Radio Madrid SER). Esta emisora, debido a problemas económicos, verases na obriga de suspender temporalmente, o 20 de xullo dese mesmo ano, os seus servizos radiofónicos. Como curiosidade, dicir que en Estados Unidos en 1924 xa existían un total de 553 emisoras.

Sen embargo, non será necesario esperar ata 1924, para que en España xurda o interese e o gusto por escoitar os programas de radio, máis ben todo o contrario. Xa antes de que en España se crearan emisoras comerciais, comezara a proliferar a venda de manuais e de revistas técnicas adicadas ao mundo da radio, que neses anos era coñecido coa denominación de «radio telefonía» ou coas siglas T.S.H. (Telegrafía Sin Hilos). Tamén en diversos xornais aparecían seccións especializadas con planos para construir receptores de radio. Son moitas as persoas que constrúen nas súas casas aparellos de radio de válvulas ou de galena, aínda que aqueles que podían permitirse o capricho mercábanos feitos de fábrica. Coñecidas eran as marcas «Westinghouse», «Walker», «Multi-Unit», «Philmore», «Howe», «La Moderne Radio», «RCA», «AEG-Telefunken».

Deste xeito escoitaban a través das emisoras extranxeiras as músicas dos concertos das orquestras sinfónicas, filarmónicas e cuartetos que se transmitían dende Londres ou París, estando ademáis a programación dalgunhas destas emisoras foráneas publicadas en xornais españois, indicando incluso o dial para facilitar a súa localización.

Pois este mesmo «vicio» pola radio tamén chegaría a Padrón. Os socios do casino «La Tertulia», terían gañas de reunirse para escoitar as emisións das estacións estranxeiras e españolas, aínda que estas últimas, despois do fracaso de Radio Madrid, non comezarían con total regularidade ata outubro ou novembro de 1924, con EAJ-1 Radio Barcelona e EAJ-2 Radio España de Madrid. Para poder oír a radio, o concello autorizou a instalación dunha antena exterior, no tellado do edificio onde estaba situado o Casino «formada por tres hilos paralelos de un milímetro de grueso separados a la distancia de un metro y con treinta de largo (…) ha obtenido de D. Alejandro Pérez Isla y de Dña. Carmen Varela, dueños de los edificios en que la antena ha de apoyarse la autorización necesaria». A dita antena que daquela estaba composta por cables extendidos «ha de atravesar la vía pública por la calle Juan Rodríguez y callejón del Poulo a la altura de las chimeneas y será necesario abrir junto a la pared del edificio social un hoyo para introducir el alambre en la tierra».

Si esto sucedía en Padrón, noutros lugares próximos tamén comeza a extenderse o emprego destes aparellos ou incluso chegando a facer todo tipo de experimentacións. A principios de 1925 os xóves irmáns santiagueses Juan e José Portela Seijo, constrúen unha emisora de radio do que o seu sinal chegou ser escoitado en Barcelona. Tamén temos as experiencias de ferrolán Amador Rodríguez Guerra, no mesmo ano, cunha radio especial feita por el mesmo, e fai probas dentro dun tren en marcha e capta o sinal de emisoras americanas.

Teño constancia de que na «I Feria del Automóbil de Ocasión», celebrada en Pontecesures en 1925, houbo algún stand onde estaban expostos «aparatos de radiotelefonía» para a súa venda. Xa na segunda edición da feira, no ano 1926, instalouse no recinto feiral unha emisora de radio para transmitir, a xeito de demostración, aos aparellos receptores expostos para a súa comercialización.

Tamén a través do xornal «El Pueblo Gallego», ssabemos como se vai expendendo o uso da radio pola zona. En xaneiro de 1926, «Daviña» de Santiago, encargada da subministración eléctrica na Esclavitude, instalaba unha radio na casa do cura párroco de Catoira, Baldomero Casal. Na mesma dta chegaba tamén a radio ao Casino de Caldas de Reis.

En todo caso, os oíntes galegos non podía escoitar emisoras do país e terían que «conformarse» con escoitar emisoras de Onda Media que transmitían dende Madrid, Barcelona, Sevilla, Bilbao, Oviedo, Málaga ou Valencia, entre outras cidades que entre os anos 1924-1926 xa tiñan instalada emisora. Galicia tardaría un tempo en posuír unha emisora privada, e non sería ata finais de 1932, cando comece a emitir en probas, da man da empresa «Unión Radio S.A.» (actual SER), Radio Galicia en Santiago de Compostela. Despois, entre os anos 1933-1935, nacen as emisoras de radio en Pontevedra, Coruña, Vigo, Ourense e Lugo. Unido a isto, está tamén a lenta, pero progresiva, venda de aparellos de radio coa creación de establecementos especializados de venda, que nalgúns casos eran rexentados polos propios donos das emisoras de radio, como no caso dos irmáns Vazquez Lescaille (Pontevedra) ou de Eugenio González de Haz (Vigo) representante das casas «RCA» e «General Electric».

No caso de Padrón, a través do anuario comercial «Bailly-Bailliere y Riera Reunidos», no ano 1933 figura como único vendedor de «material de aparatos de radiotelefonía», o que tamén era alcalde dese momento, o empresario textil Ramón Piñeiro Eiriz. Na decada de 1940 tamén figuraría coma vendedor de radio e máquinas de coser, José Castro, coñecido porque tamén no exterior da tenda, rexentada hoxe polos seus descedentes, posuía, ata hai poucos anos, un impresionante e chamativo mosaico publicitario da marca «Philips».

El Concello inhabilita la pista polideportiva del puerto por razones de seguridad

El gobierno local de Pontecesures anunció ayer que ha inhabilitado la pista polideportiva del muelle por razones de seguridad, ya que la valla se encuentra semiderribada y en muy mal estado, al parecer, debido a los últimos temporales. Asimismo, niegan que el cierre esté deteriorado por falta de mantenimiento, como había denunciado el BNG ,y aseguran que ??baixo ningún concepto se pode admitir que cando abandonou a Alcaldía o Bloque, estaba en perfectas condicións, pois xa fora obxecto de denuncia en varias ocasións?.

En este sentido, responsabilizan al grupo de gobierno anterior del mal estado en el que se encuentran los tableros de baloncesto, así como las porterías, que se encuentran oxidadas, según denuncian.

Por ello, anuncian que comenzarán de inmediato una serie de trabajos para que el cierre se mantenga en unas mínimas condiciones de seguridad, con la finalidad de que los vecinos puedan practicar deporte en ella lo antes posible.

Los responsables del gobierno local admiten que todavía está pendiente el proyecto de acondicionamiento de la zona portuaria, por lo que consideran ilógico emprender obras con carácter provisional, ya que no es definitivo que la pista se quede finalmente en su actual ubicación.

De este modo, indican al BNG que no pueden acusar al equipo de gobierno de abandonar el deporte y señalan al respecto que recientemente arreglaron los vestuarios, tanto del pabellón municipal como del campo de fútbol, que en breve contará con céspede artificial.

:: Diario de Arousa ::

Resignación en Cesures por el fin de las obras del Náutico.

«Xa tiña que estar en decembro, pero cando se torcen as cousas..Aínda estiven falando disto co presidente do Club Náutico». con resignación se expresaba ayer la alcaldesa de Pontecesures, Maribel Castro, acerca del retraso que acumulan las obras de reforma y ampliación del Club Náutico. La Dirección Xeral para o Deporte prevé acabar la actuación a finales de febrero o en el mes de marzo, según fuentes de la Consellería de Cultura e Deporte. Al parecer, los problemas con el suministro de lagunos materiales impidieron que la empresa Aldasa, lograse terminar la construcción en diciembre, el plazo previsto (aunque en el panel informativo de la obra fija el 7 de agosto de 2007), ni tampoco en enero, fecha ya retrasada. Desde el departamento autonómico se apuntó que el arquitecto había solicitado la revisión de la obra a la consultora y que las obras estarían terminadas «en febreiro».

(más…)

Once ayuntamientos, entre ellos Pontecesures y Valga, participan en el Pacto Territorial de Empleo.

El conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, presidió ayer en Vilagarcía el acto de constitución del Pacto Territorial de Empleo de O Salnés, que se presenta como experiencia piloto para su posterior extensión al resto de las comarcas de la provincia de Pontevedra. En esta primera comisión de trabajo participan los representantes de los tres sindicatos, CC.OO, UGT y CIG; la patronal encarnada por la dirección de la Federación Comarcal de Empresarios de Arousa-Feca; once ayuntamientos de la comarca de O Salnés y su área de influencia y la Consellería de Traballo.

(más…)

O temporal está a causar danos en Pontecesures.

Así nas últimas horas, caeu derrubada, por mor do vento, unha barreira do paso a nivel de San Xulián (rúa Cantillo). A estas horas a deficiencia xa foi corrixida por persoal de ADIF.
Tamén unha das árbores pequenas do paseo peonil que vai dende o paso elevado pola N-550 ata o CPI Pontecesures (paseo «verde»), caeu arrancado polo vento.
Por último, tamén están afectando á estrada autonómica Pontecesures-Baloira, unhas árbores que caíron sobre a mesma despois da ponte sobre a Autopista (lémbrase que é o vial que vai para A Estrada). Forzas da Garda Civil dirixíanse á zona a primeiras horas da tarde.