Accidente espectacular con caída dun automóbil ao río Ulla.

Sobre as 19,15 horas da tarde de hoxe un Renault 11 guiado polo veciño de Campaña, Rafael Campos Baltar (tivo unha tenda de electrodomésticos hai anos na rúa San Lois) precipitouse ao río Ulla pola ponte interprovincial derrubando uns tres metros de varanda. Este automóbil instantes antes saía da rúa do peirao de Pontecesures (Eugenio Escuredo) no STOP en dirección Padrón, e colisionou cun Ford Orión bermello PO-1551-AC que viña pola estrada nacional con dirección tamén a Padrón.
A caída foi polo comezo da ponte no marxe esquerdo, dirección Pontecesures-Padrón, e con baixamar (só cuns 70 cms. de auga). O coche quedou de lado e o Sr. Campos Baltar foi evacuado a un centro médico. Segundo varias testemuñas estaba consciente e orientado.
Houbo, por causa do accidente, un atasco considerable na estrada nacional tendo que intervir varios axentes da Garda Civil e da Policia Local.

ESTE SÁBADO O EQUIPO SENIOR DO EXTRUGASA RIO ULLA XOGA O PARTIDO DE VOLTA DAS SEMIFINAIS DE COPA

A cita será ás 19.30 h. no polideportivo de O Grove, a donde acudirá o Extrugasa para intentar salvar polo menos a honra e facerse ca victoria, pois o pase o ten moi complicado, pola superioridade física e de acerto no tiro lonxano, o que lle permitiran acadar os 25 puntos de diferencia. D e todolos xeitos, o Extrugasa tamén rotará a todos os seus homes, incluidos os 2 xuvenís que están acompañando ó equipo nesta copa senior.

Practicamente foi o ultimo partido oficial do club, polo que a temporada s006-07 queda finiquitada, á falta de algún partido de despedida para os mais pequenos do club.

ULTIMA HORA: PINO FICHA POLO EXTRUGASA RIO ULLA

Ante as filtracións xurdidas nesta semana que desvelaban o secreto mellor gardado para a temporada 2007-08: o nome do «crack» a fichar (este club non ficha galácticos, so xogadores que fixeron «crack»: Pepi a rodilla, Pino o nocello) quedou atado esta pasada noite:

JOHN PINO REGRESA ? CB EXTRUGASA RIO ULLA

Logo de superar as ultimas diferencias hoxe quedou pechada a fichaxe ó rematar o adestramento desta noite, onde Pino desexou sorte os futuros compañeiros para a eliminatoria de semifinais da copa.

Despois desta fichaxe queda por decidir, con mais calma, que xovenes canteiráns subirán ó equipo senior 2007-08, para completar ó equipo a partires de principios de setembro cando volten os adestramentos. A idea do corpo técnico é que sexan ata 3 os xuvenís que completen as 12 fichas do equipo.

Como temos imáxenes imos poñelas fotos que acreditan o retorno de Pino:

100_6202-web.JPG

Pino e o adestrador do Extrugasa Rio Ulla no momento de chegar ó acordo que posibilita o regreso do «crack» ó equipo.

100_6204-web.JPG

Pino ca súa camiseta para a temporada 2007-08. Quede agradecer publicamente que o actual posuidor do dorsal, Rober «Felipe» lle ceda o seu nº de toda a vida, o mítico 9 volta.

100_6205-web.JPG 100_6208-web.JPG

Momento da firma do contrato por ambas partes.

100_6211-web.JPG

O contrato debidamente asinado por ambas partes, que recolle a vinculación de Pino co seu equipo de toda a vida.

Así quedan esgotadas todas as posibilidades de que nesta temporada faga parella con Gasol en Memphis Grizzlies, pois esta fichaxe queda «blindada» e imposibilitado para entrar no drat da NBA. Son case 20 anos os que leva Pino dende que empezou a sua carreira baloncestística alá polo 1988.

Dende aqui queremos dar as gracias por ese esforzo realizado e esperemos que esta fichaxe sirva para voltar a poñer ó equipo nos lugares altos da liga. E coma anécdota decir que ten un corazon tan grande que non lle colle no peito, xa que se ofreceu para xogar mañá mesmo a eliminatoria de copa que xoga o equipo se fose posible acelerar o trámite da súa licencia, algo que a estas alturas da temporada non o é.

Moita sorte nesta nova etapa.

BALONCESTO: SABADO 26 AS 17 H. 1º PARTIDO DAS SEMIFINAIS DA COPA SENIOR

CAMBIO NA HORA DO PARTIDO: PASA A XOGARSE ÁS 17H. MOTIVADO POLA IMPOIBILIDADE DE PODER CONTAR CON ARBITROS NO OUTRO HORARIO. 

Este vindeiro sábado 26 a partires das 17 h. o Extrugasa Rio Ulla xoga o partido de ida das semifinais da Copa Senior Arousana.

O rival é o C. B. Meco de O Grove. Equipo caracterizado pola súa xuventude e rapidez no xogo, frente a un equipo coma o Extrugasa mais veterano e físico. As nosas intencións son coller unha diferencia o mais amplia posible para acudir o seguinte fin de semana ó Grove co resultado ó noso favor, e tratar de acadar o pase á final, inda que vai ser dificil, pois O Meco ben de gañala liga do Grupo A de Arousa.

Por eso dende este medio facemos un chamamento para que os afeccionados acudan a presenciar este partido, este sábado ás 17 h., sendo a entrada, coma sempre, de balde.

Outros horarios dos equipos:

Copa Xunior Femenina->  Sabado as 10 en Marín: BBM – Extrugasa Rio Ulla

Alevin-> Sabado ás 16.30 h. no Grove: O Meco «A» – Extrugasa Rio Ulla  

PRACTICAMENTE PECHADO O RETORNO DE PINO AO EXTRUGASA RIO ULLA

pino.jpgSegún poideron saber onte fontes moi cercanas a Javier Abalo «Pino», o retorno deste emblemático xogador o equipo comandado por Fruki é practicamente un feito.

A operación xestouse cando Nacho, sen dúbida o mellor pivot que saiu da exitosa escola cesureña confirmou a súa despedida o fin da presente tempada.

A falta dun segundo pivot para proxima tempada e o obxetivo de retornar a primeira zonal, fixeron decantarse a Pino por voltar a defender as cores do C.B Extrugasa Rio Ulla rexeitando outras ofertas sen dúbida máis apetecibles.

Á falta da confirmación definitiva, os xogadores cesureños esperan novas mentres seguen preparando con ilusión o importantisimo partido de semifinais de copa do sábado, a o cal queren invitar a todos os cesureños.