O novo párroco de Pontecesures tomará posesión o día 3 setembro

O vindeiro día 3 de setembro tomará posesión D. Arturo Lores Santamaría como novo titular da única parroquia de Pontecesures (San Xulián de Requeixo). O acto terá lugar na igrexa parroquial ás 12,00 horas, estando prevista a asistencia de monseñor Barrio, Arcebispo de Santiago.

Arturo Lores é nado en Vilanova de Arousa, ten 52 anos, procede de Pontedeume e ocupa a praza que estaba vacante dende pasado 30 de xuño data na que tivo lugar a xubilación eclesiástica do párroco anterior D. Severino Potel Estévez.

Precisamente dende o día 30 de xuño viña exercendo como titular e accidentalmente o párroco de Campaña (Valga) D. Manuel Míguez Lodeiros que acumulaba as dúas parroquias

O GRUPO DE TEATRO A BARCAROLA ACTUA EN VALGA

100_4784web.JPG100_4812web.JPGCon motivo da Festa da Anguia de Valga, o grupo de teatro de «A Barcarola» representou a obra «A herdanza de D. Pedro» no Centro Cultural de Valga, este pasado venres á noitiña. As mais de 50 persoas que alí estiveron disfrutaron da actuación destes nosos veciños, que lograron arrancar do público gargalladas en varios momentos da obra.

Marcha dos nenos saharauis.

O pasado venres 25 á tardiña marcharon para o seu pais os 10 nenos e nenas que viñeran hai 2 meses, acollidos en familias de Valga Catoira e Pontecesures. As 20.30 h. partian cara o aeroporto que había de levar a estes nenos de volta á sua terra.

 

Por fru, hace

I Concurso Fotográfico Festas de Porto

Dende pontecesures.net organízase o I Concurso Fotográfico sobre as festas de porto 

O que se pretende é animar a todas aquelas persoas que queiran participar envien as 3 mellores fotos que saquen durante calquera da actividades do cartel das festas de Porto entre os dias mercores 23 ata o venres 25.

Premiaranse as 3 mellores fotos elexidas por decisión dun xurado composto pola comisión de Festas ademáis de varios xornalistas.

O premio consistirá nunha cea para os 3 gañadores (donada polo bar choco) así como un recoñecemento público dos traballos gañadores e algunha sorpresa mais a cargo da organización do concurso.

Para elo envía as túas fotos, cun tamaño máximo recomendado de 500 kbs, ó seguinte correo electrónico: redaccion@pontecesures.net

Ademais identificate con nomes e apelidos así como un seudónimo que será o que se vexa público. Indicando a data e o momento en que sacaches a foto e un teléfono de contacto.

Organiza:

www.pontecesures.net

Colaboran:  

Asociación Cultural San Roque de Porto
Bar Choco
Radio Valga, a radio da túa comarca.

A normas do concurso poderalas ver aquí: Bases do Concurso

Deficiencias sobre os incendios destes día.

Por estar baleiro o canal de auga procedente da estación de bombeo de A Barca nos últimos días e ante a vaga de incendios que sofrimos solicitouse o día 9 de agosto que se reanudase con urxencia o bombeo para contar con auga no canal posibilitando ás cubas a captación de auga para sofocar os lumes. A pesar do tempo transcorrido nin se fixo caso á petición nin se dou explicación algunha para non acceder á mesma.

Tampouco comezou a limpeza da finca do Castro de San Xulián que ten máis de 25.000 metros cadrados e se atopa con maleza altísima. Hai un evidente perigo de incendio que pode afectar ás vivendas que están preto da finca e os seus titulares están atemorizados polos riscos. Tamén a pasada semana solicitouse que se fixeran xestións cos titulares da finca pero o Castro segue sen limparse.

Reitérase ó alcalde a petición de que se reanuden os bombeos no canal e que se limpe a finca do Castro de San Xulián.

Por outra banda, demostrouse con esta vaga de incendios que o concello precisa alomenos un tractor con cisterna para a loita contra o lume. Precisamente o sábado día 12 houbo outro conato de lume en Condide e os veciños tiveron que acudir con caldeiros ata que actuou a maquinaria do concello de Valga. Hai que lembrar que a finais do ano pasado e cando aínda formaba parte do equipo de goberno fumos o alcalde, a concelleira de urbanismo e máis eu a solicitarlle ó delegado provincial de Medio Rural un tractor para a prevención (limpeza de montes e marxes das pistas) e extinción de incendios forestais. A pesar das expectativas que tiñamos con esta consellería dirixida polo BNG non se accedeu ó solicitado cun fracaso evidente..

Aínda que temos o monte municipal Salgueiras-Lagoa totalmente arrasado polo lume pensamos que o tractor é moi necesario (as pistas e camiños teñen nas súas marxes gran cantidade de maleza) e solicito ó alcalde que convoque as forzas políticas para tratar de conseguir o tractor que tanto necesita este concello.

Pontecesures, 14 de agosto de 2006

Luis Angel Sabariz Rolán