Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Cultura

Días movidos para a A. C. Xarandeira

Por Chaves ·

A Asociación Cultural Xarandeira ven de pasar uns días ben intensos. Comezando os días 5 e 6 de agosto cunha actuación en Astorga. O día 13 participaron nun fabuloso Festival Internacional de Folclore en Santa Marta de Portuzelo (Portugal), volvendo para poderen actuar en Caldas de Reis ó día seguinte.


Podedes ver a continuación un par de imaxes destas datas:

Astorga
Tomando un aperitivo en Astorga

cartel Portuzelo
Cartel do fantástico festival en Portugal

cartel 2
Grupos participantes no Festival

E, por último, unha fotografía sacada dende un teléfono móvil cos integrantes do grupo “Bhangra Folk Group”. Según dixeron, xente boa onde os haxa, chegados dende a India cunhas ganas de festa tremendas….

Bhangra folk group

PD: Escribo isto a petición dalgúns dos membros de Xarandeira, que querían compartir con todo o mundo o ben que o pasaran estes días. Saúdos a todos da súa parte!

Máis sobre isto

2 comentarios

  1. maria

    temos unha agenda mais apretada que a dun famoso polo menos!!!se seguimos con esta racha,que seguro que si,esto vai ser a ostia!con todas estas actuacions que temos!en astorga genial,eh?eu non puden tar pero tou segura que ainda nos quedan moitisimos!!!bueno moitos bicasos pa tos e animo que se segimos asi aqui ai xarandeira pa moitisimo tempo!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

    Responder
  2. marta

    a verdade e que foi un veran demasiado movido e ainda nos queda a guadalupe o carballiño e outras mais…xa vou vella para andar asi!!!jeje.todo hai que decilo a miyor actuacion do ano doi en santa marta de porzuelo,menuda marcha tiñan os indios,un bico para os nosos amigos de portugal e moitas grazas por convidarnos a ese entrañable festival!!!!

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.