Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Deportes

O EXTRUGASA RIO ULLA SENIOR NON SABE SE EST? CLASIFICADO PARA A FINAL A 4.

Por fru ·

Por increible que parezca esta é a sorprendente situación: Tal e coma se preveia o 4º clasifiacdo da liga ia sair do resultado entre o partido que se ia disputar este pasado domingo 15 entre Cuntis e o Arxil (1º da liga). O partido era na casa do Cuntis, e se gañaban os locais pasaban de 4º, e o Extrugasa éramos 5º; pero se perdía pasabamos nós ó 4º posto e nos clasificabamos para a “final four” ( ou final a catro). Polo que sabemos a día de hoxe, logo dos 40 minutos de partido o marcador finalizou empatado, polo que houbo que disputar unha prorroga. A falta de pouco mais de 1 minuto para finalizar a mesma, e gañando os de Pontevedra por 5 ou 6 puntos d ediferencia, nun rebote houbo un codazo e un xogador acabou polo chan. Coma o partido estaba sendo moi quente, o árbitro principal tomou a determinación de non continuar co mesmo.

Ademais, os locais de Cuntis reclamaron que, ó finalizar os 40 minutos de partido, o marcador figuraba cun empate, cando según a súa versión eran eles os que ian gañando por 1 punto, que non subiu ó marcador.

Todo esto deberá ser analizado polo Comité de Competición da Federación Galega, quen pode aportar distintas decisións:

– Aceptar a reclamación do Cuntis e anular a prorroga.

– Mandar continuar o partido onde quedou suspendedo, téndose que xogar ese minuto.

– Ou dar por gañador ó equipo que ia gañando nese momento .

Según a que acorde, pasará Cuntis, ou nós, ou teremos que esperar a que se xogue ese minuto de partido, para o cal incluso peligra nesta fin de semana a propia “final a catro”.

Mal fin para unha temporada con moitos incidentes (falta de árbitros sobre todo).

Máis sobre isto

11 comentarios

  1. Un sueco calquera

    A ver que é o seguinte que pasa nesta liga. Acaba gañando Cuntis a Liga. Lalín vai á Euroliga por “xogo limpo”. Gulli mete o triple definitivo na final…

    Responder
  2. fru

    Cuntis ca 2ª volta que leva, case case.
    Moi bo o de lalín… entrei na web do grove:
    http://www.cbomeco.org e nunha crónica do seu partido xogado alá, falaban que ó inicio do partido estaban frios, pero acabaron “quentes”… Bo resumen do que é ir xogar alá.
    E o de Gulli hai 1 mes remontando a Arxil: Quedaban 20 segundos e perdíamos de 7. 2 triplas de Gulli e nos poñemos a 1 quedando 4 segundos. Santi recupera o balon no noso campo e dallo a Gulli quen tira á mediavolta, se o chega a meter calquera o atura.
    ¿E en Suecia sabedes o que é o basket? 😉

    Responder
  3. fru

    Por certo, continua a incertidume neste final de liga: a Federación galega manda repetir o partido do pasado sábado entre o Cuntis e o Arxil, por todo o sucedido. Coma vai ser a eso das 21 h., no Extrugasa non saberemos ata que remae o noso entrenamento se estamos clasificados ou non.
    o dito, segue o final caótico dun ano cheo de incidencias.

    Responder
  4. O Rei

    O baloncesto escandinavo está un pouco … como o diría eu … un pouco a expensas dos estranxeiros. Con iso dígoo todo, iso si, os balóns siguen sendo esféricos, pero as canastras……………raras

    Responder
  5. gulli

    A ver, que problema ten o sueco ese. Deixa de facer o “sueco” e da a cara.
    Quedou demostrado quen é o xogador do ano. Voume para os Pirineos, deixandovos a final four asegurada, e van estes, dirixidos por Frutuoso (Fruki) e o eterno de Peñaño, e perden con Cuntis… Sen comentarios.
    Eso para que fale o sueco, chus abalo, para que sepa quen é, e de paso recordarlle de que cando o vexa, voulle devolver o do ollo e do cabezazo.

    Responder
  6. fru Redacción

    Claro, a “cabra” tira para o monte… e chus para Suecia. Que envidia Chus, estarás vendo monumentos sen parar.

    Responder
  7. Jose Maria

    Hola. O sea que la FEGABA manda repetir el partido. Cuando se juega? Hoy viernes y mañana final a 4? Vaya cachondeo… Tendria coña que fuese mañana ya porque si Cuntis gana y se mete…con quien juega la semifinal de la final a 4??? Ja, ja, ja…con Arxil 4º contra 1º…
    En fin…

    Responder
  8. fru Redacción

    Poois ti o dixeches: ? unha coña. Hoxe, creo que as 21 ou 21.30 h. van xogar en Cuntis ese partido e maña sería a “final a 4”. A nós ata eso das 23 h. non nos avisan do resultado, logo do noso entrenamento… Haber quen se clasifica, se Cuntis que precisa gañar hoxe, ou nós; pero me da que o imos ter chungo. E mañán voltarán xogar entre eles
    Bueno, así descansamos mañá desta temporada tan “larga”.
    Que os novos que entraron na Delegación para o ano non permiten que pasen cousas destas, pois senón poucoa seriedade é esta.
    Saudos

    Responder
  9. fru Redacción

    Cuntis gañou ó Arxil onte 89 – 86 clasificándose para a final a 4 que empeza esta tarde. Curiosamente ambos equipos voltarán a enfrentarse hoxe as 5 da atrde en Pontevedra, no pabellón universitario, lugar de celebración desta “final a 4”.
    O Extrugasa disputará a partir da vindeira semana a copa, para o cal estaremos atentos ó sorteo que se fará na federación o luns, para coñecer ó rival que nos toque.

    Responder
  10. O Rei

    Como quedou a final a catro de Pontevedra??

    Responder
  11. fru Redacción

    Sei que a final a xogaban esta tarde o Arxil (que derrotou onte a Cuntis) contra Portas (que se impuxo por 12 a Cambados).
    O meu favorito é o Arxil, pero unha final a un partido pode pasar de todo.

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.