A Festa da Bicicleta tivo uns 130 participantes
Nunha tarde moi calurosa celebrouse un ano máis a Festa da Bicicleta organizada polo Concello de Pontecesures e pola Deputación de Pontevedra.
Despois da chegada a Plazuela tivo lugar a entrega de varios premios por parte da alcaldesa Maribel Castro e o concelleiro de Deportes, Javier Quintá (que tamén participaron na marcha cicloturista).
Como muller de máis idade recibeu un trofeo a propia alcaldesa, Maribel Castro (56 anos).
Como home máis veterano recibeu o trofeo José Tubío, de Padrón (72 anos).
Como bicicleta máis orixinal foi premiada a de Raquel Diz Gil de Pontecesures.
Houbo despois varios sorteos de cascos, xogos e botellíns e para rematar sorteouse unha bicicleta que lle tocou ó neno de 4 anos Alfonso Alvarez Constantino de Cordeiro.
11 comentarios
A da Escola cun trofeo, hai que ver como cambian os tempos, e Randulfe durmindo a siesta, tamén viron a Mareque de coche escoba decían na de Salvador o de Carreiras.
Onde anda protección civil, alcaldesa? non aparece o Agapito, Oes, non volvera o irmán que vin por aqui o outro día,,,En Cesures todo pode ser ..jo…jo…jo
En tal caso o verían na de Mari Lus, a de Carreiras. A ver se falamos con propiedade.
gulli127, pérdeste sempre, non entendes nada, mais luces por favor.
Non houbo protección civil na carreira e que mais da.
Cala paspallas e vai tí para protección civil… xa houbera lío cando entrou angueira e lle quitou un coche o agapo, e agora a flamante sacapieles ten tamén follón,…alcaldesa rectifica que o agapo necesita moito descanso que sempre traballou moito.. No me tomedes de coña……
Unha cousiña, “Pepe de San Xulian”. Para comezar, eu digo e opino o que me da a gaña, procurando non faltárlle-lo respeto a ninguén. En segundo lugar, dende un seudónimo, escondido, ataca calquera. Defíneste…
E en terceiro lugar, Pepe das luces, ese “mais” leva tilde na “a”, ou sexa, vexo que as luces que a min me faltan, a ti tampouco che sobran, Edisson.
E en cuarto lugar, prefiro non entender nada e perderme sempre, a estar día tras día, mes tras mes, sentando cátedra… coma ti.
“Saúdos” Pepe de San Xulian.
Vamos gulli127 non sexas neno que xa tes os teus aniños.
Si, 31 anos, concretamente, señora.
Pois mais vello do que eu pensaba, eu son mais xoven, ainda me queda moito que aprender de ti.
Facede o favor de non metervos cunha das persoas mais sensatas deste pobo: o señor gulli127. Di o q pensa e da a cara desde o primeiro dia e eso é de admirar, non coma facemos outos q nos é moi fácil meternos coa xente de ben detrás dun pseudónimo, a q si pepe de san xulián…Ánimo gulli127.
¿Pero non dicías que me faltaban luces? ¿? a pesar de todo queres aprender moito de min?
Non me cadra…, se eu son corto (segundo ti), e ti, a pesar de todo, queres aprender moito de min…..
Unha “aperta”, señora.
Por certo, graciñas polo comentario, “pontencesures”. Procuro dici-lo que penso, pero sen faltarlle a ninguén. Pero xa ves, parece que molesta.
Saúdos.