Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sucesos

Un individuo substrae obxectos nunha vivenda unifamiliar de Pontecesures.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Na mañá de hoxe, un home presentouse, logo de chamar á porta, na vivenda situada na rúa Miguéns Parrado nº 7 abríndolle o veciño de Pontecesures, Serafín L., que estaba só na casa. O visitante expúsolle que tramitaba axudas para arranxar vivendas antigas e pideulle varios documentos. Foise introducindo na casa, e despois de saír, o titular, e a súa familia, advertiron a falla de varios obxectos persoais.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.