Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sociedade

Eleccións na ANPA do CPI Pontecesures. Presentación de candidatos/as.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

ANPA CPI PONTECESURES

Un vez esgotado o mandato dos membros actuais, convócanse eleccións para elixir os sete membros da nova Xunta Directiva desta asociación.

Para ser elector e elixible débese ter a condición de afiliado coa cota establecida para o curso 2007/2008 abonada (compútanse os ingresos realizados ata o día de hoxe e non poden ser candidatos nin terán dereito a voto os pais que abonen a cota con posterioridade).

Os afiliados/as que desexen presentarse deben inscribirse na biblioteca do colexio o día 2 de abril de de 2008, de 18:00 a 20:00 horas.

Una vez coñecidos os nomes dos candidatos/as convocarase a asemblea xeral para proceder á votación polo procedemento de listas abertas.

Pontecesures, 13 de marzo de 2008
Luis Angel Sabariz Rolán
Presidente

Máis sobre isto

14 comentarios

  1. veciñamil

    E ti voltas a presentarte?

    Responder
  2. cocodrilo

    Que pregunta Veciñamil, Sabariz non pode resistirse a tentacion , non sei se estara enterado de esa nova candidatura co xente do PP,PSOE e BNG e o mais chulo xente afin a Sacapieles para que diga que o queren fora da ANPA por temas politicos, non Sabariz a verdade e que estan de ti hasta los mismisimos.

    Responder
  3. sobreiras

    “Hasta os collóns estamos de tí”, cocodrilo

    Responder
  4. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    O de menos agora é si me presento ou non para a xunta directiva da ANPA. Ogallá haxa moitos candidatos dispostos a traballar polos máis pequenos. Dende logo as alusións a membros de forzas políticas que fai “cocodrilo” non sei a que veñen.
    ¿Que a xente está cansa de min?. Pode ser. Levo once anos e medio presidindo a asociación. Traballei todo o que puden pero supoño que haberá de todo entre as opinións de pais e nais.
    Xa me estou acostumando a estes comentarios tan negativos. Ás veces me da a impresión de que non poderei saír ás rúas, “cocodrilo”.

    Responder
  5. xiana cores

    Pero como non se vai a presentar co que lle gusta ferver en todos os pucheiros.Parece increible que ainda o dubidedes xa que eu non teño dubida ningunha.Xa bastante mal o debeu de pasar o domingo por non poder ferver nos pucheiros das xerais.Pero claro como non ten partido tivo que quedar na casiña.

    Responder
  6. cocodrilo

    Sobreiras parece que te picas,pois aplite o conto,que eu voume rir un pouco,teño que deixarvos que eu tamen estou en horas de traballo ,que logo moito criticar e o que mais e o que menos.

    Responder
  7. gallardo

    saba pero como preguntas si a xente esta farta de ti?que va machiño nos queremoste aqui, asta tiñamos pensado facer a feira do porquiño o espeto na tua honra

    Responder
  8. linternas

    Sr. Sabariz, usted que todo lo informa, cómo es que no ha dicho nada sobre el proceso electoral del ANPA.
    ¿Es usted el presidente del ANPA?
    ¿Hubo elecciones?
    ¿Quién se presentó?
    ¿Quien está actualmente al frente de la Asociación?
    Oí que había una gestora. Si es así, ¿desde cuándo y porqué?
    Como ve son muchas cuestiones de las que usted no informó para nada a los padres y madres.
    Le anticipo las gracias porque sé que contestará con detalle a todas estas dudas.

    Responder
  9. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    Pois presentáronse seis persoas para seren directivos da ANPA. Próximamente será convocada a asemblea para elixir a nova xunta directiva (os asociados decidirán se hai votación, porque como os directivos previstos son sete, hai menos candidatos que prazas). Na mesma irán os nomes das persoas que cumpren cos requisitos e aínda hai que realizar algunha comprobación.
    Non hai xestora algunha e ata ese día estou á fronte da asociación, claro.

    Responder
  10. cocodrilo

    A Dios le pido que sea sus ultimos dias en el ANPA

    Responder
  11. cocodrilo

    No se acuerda cuando usted llamaba a Educacion para ir contra todos los que querian la jornada unica,y eso si que esta documentado,falso mas que falso.

    Responder
  12. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    Cálmate un pouco, “cocodrilo”. Con insultos non se vai a parte algunha. Entrar agora sobre temas da xornada única (normativa, procesos electorais que tiveron lugar, quórum na votacións, ventaxes e inconvintes, etc..) non conduce a nada. Sempre foi cumprida a legalidade neste tema, tanto cando o resultado foi negativo como cando foi positivo para a súa implantación.

    Responder
  13. cocodrilo

    Chamalle insulto a decir a verdade ou quere decir que e mentira. mentiras as suas.

    Responder
  14. veyron

    sabariz retirate dunha vez que nos fas un favor a todos.

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.