Mañá venres mercadiño.

O 𝐯𝐢𝐧𝐝𝐞𝐢𝐫𝐨 𝟐 𝐝𝐞 𝐱𝐚𝐧𝐞𝐢𝐫𝐨, ó carón da Praza de Abastos, estará o mercado mensual para encargar as últimas peticións da carta ós Reis Magos.

E, lembra, 𝐚𝐭𝐚 𝐨 𝟓 𝐝𝐞 𝐱𝐚𝐧𝐞𝐢𝐫𝐨, mercando no comercio local de Pontecesures podes participar no sorteo dos agasallos donados polos establecementos participantes e un cheque agasallo 𝐩𝐨𝐫 𝐯𝐚𝐥𝐨𝐫 𝐝𝐞 𝟐𝟎𝟎 𝐞𝐮𝐫𝐨𝐬, donado polo Concello de Pontecesures

Concello de Pontecesures

Lamentan que non se lembrara no Centenario o labor de Carme “A Zapateira”.

Pois xa que non se lle tivera en conta no Centenario no 2026 pode ser ser unha grande ocasión, señores do Concello de Pontecesures

A Carme “A Zapateira” coñécea todo Pontecesures e fora seguro que tamén. Deu clases de folclore galego (baile) a centos de rapaces e rapazas do noso pobo. Sigue estando entre nós e por certo que moi ben.

Para que este ano 2025 o Día das LETRAS GALEGAS fose adicado ás cantareiras e cantareiros, ás letras destes cantos galegos temos que agradecer a persoas como Carme que traballaron para que as nosas tradicións non se perderan.

Teresa Gil García

Hoxe “Onden viven os monstros” no Centro Social.

𝐎 𝐯𝐢𝐧𝐝𝐞𝐢𝐫𝐨 𝟐𝟕 𝐝𝐞 𝐝𝐞𝐜𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨 podes desfrutar do clásico de Maurice Sendak, 𝑶𝒏𝒅𝒆 𝑽𝒊𝒗𝒆𝒏 𝒐𝒔 𝑴𝒐𝒏𝒔𝒕𝒓𝒐𝒔, adaptado para monicreques da man de Carmen Domech.

Unha historia chea de humor e diversión, na que Max, o protagonista, crea un mundo imaxinario no que os monstros non dan tanto medo como él pensa.

𝐃𝐢𝐫𝐢𝐱𝐢𝐝𝐨 𝐚 𝐧𝐞𝐧𝐚𝐬 𝐞 𝐧𝐞𝐧𝐨𝐬 𝐞𝐧𝐭𝐫𝐞 𝟑 𝐞 𝟏𝟏 𝐚𝐧𝐨𝐬 𝐞 𝐩ú𝐛𝐥𝐢𝐜𝐨 𝐟𝐚𝐦𝐢𝐥𝐢𝐚𝐫.

Centro Social de Pontecesures

 27 de decembro

 19:00 horas