Normas de Uso

As normas son ben sinxelas:

* As entradas: teñen que ser sobre Pontecesures.
* Os comentarios: teñen que estar relacionados ca entrada en cuestión.

Non se permitirán:

* Cartas en cadena.
* Bombardeo (con largos ou demasiados mensaxes seguidos que impidan o normal uso da web)
* Enviar ningúnha mensaxe/comentario con material que sexa ilegal, de acoso, difamatorio, abusivo, amenazante, dañino, vulgar u obsceno, ou doutra maneira obxetable ou que poida constituir unha ofensa de delito ou que ocasione unha responsabilidad civil, o que viole cualquera lei ou norma vixente.
* Os textos en formato SMS (tipicos das mensaxes curtas por teléfono), esto é una web para comunicar, dialogar, non supon ningún traballo extra escribir correctamente para que nos entendamos todos.
* [Engadido o 13/12/2006] Calquera intromisión ou comentario sobor da vida privada das persoas, independientemente da súa función. Exemplo: Dun político podese falar da súa laboura coma político, dun actor do seu traballo coma actor, dun pintor da súa pintura.
* [Engadido o 6/08/2008] Ataques ou comentarios contra outros comentaristas que vaían máis alá dun dialogo sobre a entrada. Esta web non é un chat, e moito menos un lugar onde atacar a outros veciños e usuarios da páxina.

O incumplimento destas sinxelas normas (de boas formas e convivencia) implicará a eliminación do comentario ou entrada que a incumpla así coma un aviso o autor, de proseguires incumplindo a norma o sistema impedirá o envio de comentarios/entradas ó autor, así como as medidas legais oportunas.

== «Ver Texto legal integro»:/colaborar/legal/#textolegal

 

PREGUNTAS FRECUENTES:

¿ Cal é o máximo número de comentarios que se poden enviar seguidos ?

R: Non hai un maximo de comentarios … só é o sentido común, si só tes 15 minutos e queres facer varios comentarios fanse, sin problemas, 1, 2, 8 ou 20. Pero comentarios que realmente queres poñer, por que tes unha opinión diferente, porque queres apoiar ou posicionarte, porque queres engadir algo … pero non pos unha liña en todos as entradas que vexas só para «encender», ou para facer «bulto».

O «bombardeo» non é un numero grande de comentarios, senón un numero grande de comentarios sin contido (polo menos a súa maioría).

Si indicasemos un numero máximo de comentarios de seguido teríamos dous problemas:

 O primeiro: Si alguen ten pouco tempo e moito que dicir estaría coartado por esa limitación.

 O segundo: Calquera podería empregar ese límite (poñendo por exemplo de 5 en 5 ), para esperar unha reacción, e logo protestar porque está a cumplir as normas e non lle permiten por o que din as normas (alguen buscando «guerra»).

 En resumo, o importante é que sexa para todos (os que len e os que escriben), non se coarten as ideas de ningunha forma … pero si se controle as FORMAS, porque doutra forma esto transformaríase nun caos.