Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Deportes

Club Baloncesto Río Ulla

Por fru ·

SENIOR.jpg

Esta temporada 2005-06 o club baloncesto Rio Ulla conta con 6 equipos federados: senior, xuvenil masculino, cadete masculino, alevín mixto, xuvenil femenino e infantil femenino.

Hoxe poñemos a foto do  equipo senior, que agora mesmo vai 4º na liga zonal, a 2 victorias do lider.

Os Compoñentes da prantilla (de esquera a dereita) son:

De pe: Jose Rodriguez (adestrador), Gulli, Nacho, David, Arturo, Santi, Felipe.

Sentados: Guillermo, Chorén, Peñaño, Diego, Pedro, e Chus.

Por ultimo o neno de 2 anos sentado no chan é David, fillo de Guillermo e afillado de David (dos mais xovenes seguidores do equipo este ano).

Pouco a pouco iremos poñendo a informacion do noso club

Máis sobre isto

6 comentarios

  1. Refoxo

    Soy un antiguo jugador del club, me gustaria que algún dia nos pudiesemos juntar todos y jugar unas pachagas. Por su puesto con su cena incluida, claro está(bustelo, Luis (martelo), Jorge Martinez, Miguel (metra), Pepe, Melón, Lojo,Angel Barreiro,Fruqui, ect.
    ¡Que recuerdos!

    Responder
  2. fru Redacción

    Refoxo ponte contacto conmigo urxentemente. Son fruqui. Eres dos poucos que me faltas por avisar, para o día 8 de abril: festa aniversario do club, logo de 20 anos federado.
    Chama ó Concello de Pontecesures é pregunta por min, ou deixame unha mensaxe en
    fruqui00@terra.es

    saudos

    Responder
  3. susana

    como se fundou o club rio ulla

    Responder
  4. fru

    O Club Baloncesto Rio Ulla naceu da fusión dos 2 clubs que había entre Cesures e Valga, no ano 2001 (O C. B. Cesures e o Concello de Valga). así, co apoio dos 2 Concellos: Valga e Pontecesures, creamos un club cunha estructura mais “forte” e que nos permitiu ter msaiores ingresos para poder ter un maior nº de xogadores, sobre todo da base. Así empezamos con 4 equipos federados no 2001 e agora temos 7 equipos. Os equipos xogan repartidos entre os pabellóns de Valga e Pontecesures. Vai facer polo tanto 5 anos e a miña opinión é que foi un acerto, pois 1 Club forte foi mellor que ter 2 mais “débiles”.
    Quedo á tua disposición Cpara contestar calquera outra cuestión que queiras saber acerca do club.

    Responder
  5. kris a da casa vella

    ola!!!!!!!son kris a da casa vella!!!!e cando xogaba no eequipo pasabao moi ben!!!!!
    veña,un saudo a tod@s.

    Responder
  6. fru Redacción

    Hola Cris, Haber cando te animas e te temos de novo entre nós!!! As xuvenís necesitan reforzos pois só son 8, e ti demostraches que sabes dar “o callo”…
    Entereime que, logo de baloncestista foches futbolista, e ultimamente boxeadora en Cesures ¿E certo iso, ou son malas lenguas e faladurias? je je je 😉
    Ata cando queiras…

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.