3ª Regata Nacional de Promoción
O domingo día 11 levouse a cabo a terceira das seis regatas nacionais de promoción. Esta disputouse na ría de Áviles en Asturias. O Náutico desprazouse cun total de sete palistas das categorías infantis A e B, tanto na modalidade de kayak como canoa.
Cabe resaltar a grande proba realizada por Álvaro Loureiro canoa infantil A donde se proclamou vencedor absoluto da proba, sendo a gran promesa infantil do Náutico nestes momentos. Con este triunfo Álvaro xa suma a súa terceira victoria absoluta da tempada xunto as de Pontevedra e Aldán.
Os demais deportistas tamén realizaron un boa actuación, estes foron os resultados acadados:
â?¢ Samuel Vázquez: K1 infantil B: 17º posto
â?¢ Ismael Llerena: K1 infantil B: 89º posto
â?¢ Pablo Riveiro: K1 infantil B: 97º posto
â?¢ Alex González: K1 infantil A: descalificado
â?¢ Iván Pesado: C1 infantil A zurdo: 12º posto
â?¢ Javier Bernal: C1 infantil A zurdo: 8º posto
â?¢ Álvaro Loureiro: C1 infantil A destro: 1º posto
â?¢ Clasificación por clubs: 27º posto
Na seccion fotografías podedes ver fotos desta competición.
A próxima cita de promoción será o día 24 de xuño ca disputa da 4ª regata de promoción de Galicia para infantis e 1ª para alevins no Grove.