Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Emprego

Nova subvención para contratar persoal. “Fomento de Emprego 2007”

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

NOTA DO EQUIPO DE GOBERNO DE PONTECESURES

A Consellería de Traballo e dentro dos programas de fomento de emprego 2007, ven de conceder a este concello unha subvención de 38.374,67 â?¬ para contratar por un ano, a xornada completa, ó seguinte persoal:

* Un *profesor* para a Escola de Adultos (obtención do Graduado da ESO) especializado en idiomas e para outros cometidos relacionados co ensino.
* Un *auxiliar administrativo* para as oficinas municipais.
* Un *conserxe-vixiante* para as distintas dependencias municipais.

Xa foron presentadas as ofertas de emprego na Oficina de Emprego de Vilagarcía para que envíen os candidatos/as preseleccionados/as unha vez realizada a sondaxe por ese organismo. Logo un tribunal composto por persoal do concello realizará a selección definitiva unha vez realizadas as probas ou entrevistas oportunas.

O equipo de goberno quere mostrar a súa satisfacción pola concesión desta subvención que vai permitir a potenciación dos servizos municipais.

Pontecesures, 7 de setembro de 2007

Máis sobre isto

1 comentario

  1. basta

    Ã? agradable coñecer as subvencións antes que ás persoas que gozan os postos de traballo que xeran.

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.