Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Política

Nota íntegra dos concelleiros non adscritos contestando ó BNG sobre o tema do gasoil.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

NOTA DOS CONCELLEIROS NON ADSCRITOS DE PONTECESURES

En constestación á nota do BNG de Pontecesures, publicada o pasado día 12 de outubro nos medios de comunicación sobre o auto da Audiencia Provincial de Pontevedra que deixa sen efecto os do Xulgado de 1ª Instancia de Caldas de Reis, e ordena instruir e investigar o subministro, para nós imposible, de gasoil a un vehículo de obras municipais, manifestamos o seguinte:

1-Vímonos na obriga de acudir ós xulgados, pois precisamente o Sr. Álvarez Angueira convidounos a facelo nas sesións plenarias de fiscalización, cando non quixo contestar ás numerosas preguntas que lle fixemos sobre este tema.

2-Tanto nós, como os veciños de Pontecesures, desecamos coñecer, entre outras cousas, como é posible que un vehículo municipal enchera o depósito dúas veces na mesma mañá, ou como en períodos determinados e acreditados consumía o coche máis de 100 litros ós 100 quilómetros. Isto resulta incomprensible.

3-Naturalmente foron aportados ó Xulgado os documentos acreditativos dos consumos (albaráns asinados polos responsables municipais, outros xustificativos sobre os quilómetros que ía percorrendo o Patrol no tempo, etc..).

4-O BNG recorre ás descualificacións lembrando o sentido do noso voto na sesión de elección de alcalde do 16 de xuño de 2007. Saen sempre coa â??mesma músicaâ?�, cando xa explicamos dabondo as razóns polas que non apoiamos a un ex alcalde que tivo unhas actuacións rexeitables. Pouco a pouco imos amosando á opinión pública o porque da nosa decisión.

Que se deixen os nacionalistas cesureños de falar de obsesións ou persecucións e que asuman a súa responsabilidade. Nós, nin asinamos albaráns, nin dimos ordes para as repostaxes, nin tivemos nada que ver con este triste asunto do gasoil. O de condear ó mensaxeiro tratando de confundir á opinión pública xa está moi visto. Queremos coñecer a verdade.

Pontecesures, 18/10/08
Alfonso Diz Villar,
Luis Ángel Sabariz Rolán

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.