Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Cultura

Emotiva presentación do libro “Historias do Carril-Cornes”.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Unhas 150 persoas asistiron na tarde de hoxe, no edificio onde estivo situada a antiga estación de Cornes en Santiago, á presentación deste libro de Xoán Luís Miguéns García. O acto foi presentado polo alcalde de Santiago e polo presidente do Consorcio de Santiago.
Houbo discursos emotivos dos intervintes lembrando anécdotas da primeira liña de ferrocarril de Galicia.
No libro veñen reflectidos 24 relatos sobre pequenas historias que “circularon” ó longo dos anos por riba deste primeiro camiño de ferro galego.
Hai que salientar que no apartado de agradecementos do libro, o autor nomea a FRANCISCO FREIRÍA OLIVEIRA, responsable da OMIX do Concello de Pontecesures, ao cesureño MANUEL GRELA CASAL, e ao veciño de Pontecesures e ferroviario, MIGUEL DE CELIS, polas achegas de material gráfico para enriquecer o traballo.
Un exemplar do libro estará mañá na biblioteca de Pontecesures para a súa consulta. Ten historias entrañables para toda esta comarca.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.