Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sociedade

NOTA DAS TRABALLADORAS DA EIM

Por Carmen Barreiro ·

as traballadoras da EIM (Gardería)

Ola. Gustaríame poder facer unha aclaración co tema que se está a divulgar na páxina de Pontecesures referente as traballadoras da EIM

A continuación vou poñer o que me pediron que publicara:

AS TRABALLADORAS DA GARDERIA AFIRMAN E DESMINTEN que:

En ningún momento nin o Sr. Sabariz, nin outros membros da oposición puxéronse en contacto con elas para saber do problema que están a sufrir, o único que se achegou ata diante da gardería foi o representante do PP cesureño para facer unha foto a pancarta que agora está a circular polos medios de comunicación.

Tamén queren aclarar que os que son agora oposición xa sabían dos problemas e non fixeron nada o contrario do actual goberno.

Piden a Sabariz enérxicamente que non as utilice de moeda de cambio nos seus intereses políticos xa que cando pudo non fixo.
Queren aclarar tamén que o único que fixeron foi poñer unha pancarta no exterior das instalacións, pero que en ningún momento deron información do que estaba acontecendo.

Dende o momento que o Sr. Sabariz decideu sin saber e sin preguntar divulgar o tema, algunhas das traballadoras están a sufrir presions e desprecios que non teñen porque.

O único que piden as traballadoras e poder traballar dignamente.

Espero que se poida poñer esta nota para axudar de algunha maneira a aplacar toda esta furia que se está a desatar.

Un Saudo

Máis sobre isto

7 comentarios

  1. Luis Angel Sabariz Rolán

    Teño que dicirlle as traballadoras da escola infantil que eu non utilizo a ninguén e limiteime a solidarizarme con un colectivo dun servizo municipal que non cobra puntualmente. Resulta patético o argumento de dicir que puxeron unha pancarta no exterior da instalación pero “que en ningún momento deron información do que estaba acontecendo”. ¿Pero en que quedamos? ¿Que seriedade é esa?. Ao feito, peito. Cando se coloca unha pancarta na vía pública é, aquí ou en calquera localidade, para que se coñeza un problema, para reivindicar una solución, para que a opinión pública teña coñecemento dunha reivindicación.

    Agora resulta que a oposición é a culpable de que non cobren, e que o goberno é o único que se preocupa por elas. Por iso colocan unha pancarta despois de levar un ano os actuais gobernantes á fronte do concello.

    A pancarta tiña unha mensaxe clarísima. Senón querían que se coñecera o impago, ¿Para que a puxeron?. Non me estraña nada o contido desta nota e a volta atrás, e debían aclarar de quen sufren as presións as traballadoras. Non hai cousa máis triste na vida que non poder expresar libremente as opinións.

    Responder
  2. pulga

    que non sirva de precedente, pero teño que darlle a razón a Sabariz. No momento en que se pon a pancarta está claro que queren que todo o mundo sepa o que pasa. Si por eso levaron un toque por parte de alguen, e un risco que tiñan que ter valorado antes. Con todo esto teño que dicir que estou da parte das traballadoras. Si traballas tes dereito a que che paguen e que non xoguen co teu soldo. Si a empresa ten problemas cas administracións ou cos concellos os empleados non teñen a culpa. Por desgracia esta situación está pasando en moitas empresas e como sempre paganas os mais vulnerables que son os traballadores.

    Responder
  3. Princo

    Mais do mesmo. Saba facendo amigos alá por donde vai

    Responder
  4. manolo o do bombo

    Sabariz e un irresponsable ,quere sacar tallada de todo,e de nada lle vale bastante problema teñen as traballadoras si non cobran,animo para todas,ó que pasa neste noso pobo e poñerlle a zancadilla a todo….

    Responder
  5. monchita

    Outra nota das traballadoras:
    a) desmentimos que fixeramos nos a pancarta.
    b)quena fixo foi o Sr. Sabariz.
    c)ninguén nos presiona nin nos desprecia.

    Responder
  6. outro

    Isto é delicado ata o extremo, pero chegamos a un punto donde pasa a ser inexplicable. A ver se alguén aclara algo. Por unha banda hai unha nota das traballadoras da gardería que publica Carmen Barreiro, donde se di:
    “Queren aclarar tamén que o único que fixeron foi poñer unha pancarta no exterior das instalacións…”
    E agora aparece Monchita decindo:
    a) desmentimos que fixeramos nos a pancarta.
    b)quen a fixo foi o Sr. Sabariz.
    ¿quen da mais?

    Responder
  7. sobreiras

    Surrealismo puro este das traballadoras da gardería, teñen medo, meteronlle unha bronca de moito carallo e achantaron ao minuto, parece unha nota feita ca pistola no peito, din que o goberno de cesures se moveu por elas, si home si, tanto se moveu que tiveron que poñer a pancarta, e un tema delas, da empresa e do goberno que temos, este Roque anda por aí de pasmarote e non se entera ou que?
    Din agora as da garderia que os protagonistas son Sabariz, o do PP que sacou a foto, a prensa, internet…que cousas

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.