Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sociedade

Suspendida a actividade no ximnasio do CPI Pontecesures.

Por Redacción ·

As humidades provocadas polas pingueiras procedentes da cuberta ocasionaron que, como noutras ocasións, se levantara unha zona do piso de madeira que hai que recolocar.

Anunciouse así a suspensión das actividades docentes, e das asociacións, que se veñen desenvolvendo neste recinto por un tempo aproximado dunha semana para a execución das obras no solo.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.