Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Política

O goberno de Valga lémbralle a Villares que xa non exerce de xuíz.

Por Redacción ·

– Os responsables do Concello reiteran que â??as próximas explicacións daranse ante un xulgado apolíticoâ?�

– Pídenlle ao líder nacionalista que â??non vaia de salvadorâ?� porque â??os veciños de Valga saben perfectamente cal é a realidade deste municipio e respaldan o traballo deste gobernoâ?�

O goberno de Valga lémbralle ao señor Luís Villares que â??xa non exerce como xuízâ?� e que será un tribunal â??non políticoâ?� o que sentencie sobre as difamacións vertidas contra os responsables e traballadores municipais. â??O señor Villares debe mentalizarse xa de que agora é político e non maxistrado. Que non sentencie porque será un xulgado apolítico o que dictamine. Este goberno respondeu a todas e cada unha das preguntas que se lle fixeron, deu explicacións a todas as súas inxurias e as próximas daráas nun xulgado, que é onde correspondeâ?�, remarca o goberno local. â??Os que deben contestar ás preguntas que plantexou este equipo de goberno son o señor Villares e os seus socios de tripartitoâ?�.

Os responsables municipais pídenlle, ademais, que â??non vaia de salvadorâ?� porque â??os veciños de Valga saben perfectamente o que pasa neste Concello e cal é a súa realidade, non vai a explicarlla el. Coñecen o traballo que se realiza día a día para mellorar o municipio e o benestar dos seus habitantes, e iso é o que lle molesta ao señor Villares e aos seus acólitos. Como as cousas se fan ben e os veciños respaldan o traballo realizado, non lles queda outra que recurrir á calumnia e embarrarâ?�.

Neste sentido, o goberno quere deixar claro que â??non imos meternos nese barro, temos cousas máis importantes que facer como, por exemplo, xestionar este Concello o mellor posible de acordo co desexo expresado polos veciños nas urnas. Somos xestores e non temos tempo de meternos na pista de barro na que o señor Villares quere converter a política. O demais farase ante o xulgado, polo que será o último comunicado que fagamos contestando ao señor Villaresâ?�.

O que queda claro, a xuízo do goberno local, é â??a pouca confianza que ten o señor Villares en conseguir convencer aos veciños de Valga onde corresponde, nunhas eleccións, e o pouco que valora aos responsables locais da Marea cando el, que xoga en Primeira División e aspira a ser presidente da Xunta, ten que baixar á categoría rexional a dar patadasâ?�.

Página do Concello de Valga

Máis sobre isto

1 comentario

  1. Ay...

    “cando el, que xoga en Primeira División e aspira a ser presidente da Xunta, ten que baixar á categoría rexional a dar patadas”

    Non se pode ser máis soberbio que Maneiro, increible. E inda teñen máis que dicir.

    Intentar desacreditar ao mensaxeiro é moi triste, pero xa non enganan a ninguén. Pp fóra.

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.