Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Política

Maneiro reitera ante o pleno a legalidade da xestión municipal.

Por Redacción ·

– Reproba que os concelleiros da oposición â??se erixan en xuíces e tamén en inspectores de traballo”.

– Defendeu a profesionalidade dos traballadores municipais ante os intentos de â??embarrar e falsearâ?�.

O alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, defendeu no pleno extraordinario de onte, convocado a petición do PSOE, a legalidade da xestión do equipo de goberno e a responsabilidade dos traballadores municipais no exercicio das súas funcións, lamentando que os concelleiros da oposición se erixan â??en xuíces e agora tamén en inspectores de traballoâ?�.

O rexedor incidiu en que â??o Concello contratou a unha persoa e non a unha empresa para realizar traballos de reforzo administrativoâ?�. Engadiu que para o equipo de goberno â??esa é a persoa idónea para realizar esa tarefa e está a cumplir á perfección co seu traballoâ?�. Bello Maneiro fixo extensiva esta afirmación a todos os funcionarios e traballadores do Concello. Sobre a situación laboral de dous deles, pola que que preguntou expresamente o Partido Socialista, o alcalde reiterou que â??están facendo o traballo que lle corresponde ou máis aínda, polo que estamos moi contentos e satisfeitos con elesâ?�.

No tocante ás dietas que perciben o secretario e o interventor acumulados, Bello Maneiro recalcou que â??todo o que se pagou está dentro da legalidadeâ?�. Lembrou, asimesmo, que os orzamentos recollen as prazas de secretario e interventor: â??Quen convoca as prazas é o Ministerio de Administracións Públicas e, en caso de non cubrirse, quen nomea secretario e interventor é a Xunta de Galicia e non esta Alcaldíaâ?�. Neste sentido, o rexedor afirmou que â??a oposición de Valga, en lugar de defender os intereses dos veciños, o único que pretende é embarrar, falsear e ir ao xulgadoâ?�. Puxo como exemplo a figura de Luis Nieto, sobre o que volveu a explicar que â??nin traballa nin cobra do Concelloâ?�.

Por último, sobre a construción do Centro de Interpretación da Caña, Bello Maneiro explicou que os terreos foron adquiridos polo Concello a un particular. â??Esa parcela é propiedade do Concello de Valga e, de feito, a queixa presentada ante a Valedora do Pobo foi arquivadaâ?�.

O alcalde, en representación do grupo de goberno, respondeu deste xeito, a todos os asuntos plantexados polo Partido Socialista con excepción do último sobre os cursos ADF. Cando Bello Maneiro estaba a contestar, e logo de varias interrupcións por parte da voceira socialista con temas que nada tiñan que ver coa orde do día, o rexedor deu por rematada a sesión.

Páxina do Concello de Valga

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.