Manuel Castiñeiras: “O noso equipo está formado por xente libre e sen medos porque o medo acabouse en Valga”.

Publicado por Redacción o

A irrupción de Valga Viva con Castiñeiras como cabeza de lista é un contrapunto aos comicios locais que levan anos sendo cousa de dous. Castiñeiras sinala que a formación nace coa idea de “poder cambiar as malas prácticas que ata o de agora se veñen exercendo dende o Concello por parte do goberno, que era considerado intocable a todos os niveis sen respectar a xustiza social”. Aseguran que teñen gañas e ilusión e advirtre sobre o actual rexedor do PP, Bello Maneiro, que “non queremos ter unha persoa anclada no poder que tivo a política como profesión e que lle permitiu acadar unha xubilación de 2.500 euros”.

Valga Viva preséntase coa premisa da “transparencia” e coa intención de dotar ao Concello dun Portal no que figuren os salarios públicos ou cuestións como “a viaxe a Estonia do alcalde e una concelleira en dúas ocasións, e que a día de hoxe non se coñece en concreto cal é o proxecto, que ten que ser de coñecemento público porque se paga con cartos de todos”.

Incide que o seu equipo está “formado por xente libre e sen medos” e manifesta que “aquí hai unha lenda que está no aire, que saiu precisamente do grupo popular de que o empresariado non apoia as listas que non sexan do PP, unha nova mentira porque a categoría de empresarios de Valga, está por riba das cores políticas”

Diario de Arousa


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.