A mercantil cesureña García Sistemas Carpintería S.L. renovará portas e ventas no Colexio Ferro Couselo.

Publicado por Redacción o

As obras foron adxudicadas pola Consellería de Educación. Carpintería // O custo total da actuación, 26.266 euros, será aportado pola administración autonómica

As obras foron contratadas á empresa García Sistemas de Carpintería S.L., de Pontecesures, e consistirán na substitución das portas exteriores do colexio, así como algunhas ventás que quedaran pendentes de cambiar hai dous anos, cando se executou outra obra de renovación da carpintería exterior de maior envergadura.

Daquela substituíranse 23 fiestras do edificio educativo que, debido ao seu deterioro, provocaban a entrada de aire ás aulas e outras dependencias, o que limitaba a eficacia do sistema de climatización e causaba incomodidades. Agora completarase esta renovación co resto de ventás que aínda non se melloraran dende a inauguración do colexio, hai máis de trinta anos.

Esta actuación, xunto con outras melloras no colexio Baño-Xanza, foron solicitadas polo Concello á Consellería de Educación atendendo ás demandas da comunidade educativa.

El Correo Gallego


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.