O pasado sábado achegámonos ao campo de fútbol municipal Ramón Diéguez para ver o partido no que se xogaba o ascenso o Ulla C.F. cadete a primeira. A visita sirveu para vera situación da cuberta da grada, que sexa con chuvia ou con calor, perxudica e molesta ao público asistente, e que xa se extende por moito tempo. Tras a pregunta realizada no pasado pleno, o equipo de goberno respondeu que a paralización das obras de reposición da grada débese a quebra da empresa contratada. Agardamos que se resolva canto antes e non se alongue tanto como no caso da obra do parque do peirao (curiosamente, outra empresa contratada polo concello que tamén quebrou). Por certo, noraboa ao Ulla C.F. cadete polo ascenso!!!
0 comentarios