O PP de Pontecesures alerta sobre o «brutal» incremento do custo da recollida de lixo e augura a suba da taxa aos veciños.

Publicado por Redacción en

O PP de Pontecesures alerta de que o bipartito disparou o custe do servizo de recollida de lixo nun 150% e augura unha nova suba de taxas

● O voceiro, Manuel Vidal Seage, revela que o sistema pasou de 192.000 euros anuais a preto de 480.000 euros malia que o estudo económico encargado polo anterior goberno cifraba o gasto en 258.000 euros

● “Lonxe de facer unha reforma eficiente ou baixar o gasto, atopámonos unha xestion ineficaz que amplía partidas en plenos extraordinarios para facer fronte a un gasto desmesurado”, di Vidal Seage

O grupo municipal do PP de Pontecesures vén de alertar de que o goberno bipartito disparou de maneira “brutal e desorbitada” o custe do servizo de recollida de lixo nun 150%, pasando de 192.000 a case 480.000 euros anuais, polo que augura que se vai producir unha nova suba de taxas “nunha contía importante” con consecuencias directas e prexudiciais para todos os veciños e o tecido socioeconómico do concello.

O voceiro municipal, Manuel Vidal Seage, calificou de “incomprensible, deficiente e ineficaz” a xestión do executivo de Maite Tocino respecto da recollida e transporte de Residuos Sólidos Urbanos (RSU) cun “gasto estratosférico e que nin se entende nin se corresponde coa realidade” de Pontecesures.

Neste senso, indicou que o anterior goberno do PP realizou un estudo económico no ano 2023 ante a perspectiva e previsión do aumento dos custos que cifraba os gastos totais do servizo en 258.000 euros, é dicir, cunha suba de en torno ao 33%, “o que supón unha diferenza moi notable co despilfarro que están a facer na actualidade”. Ademais, engadíu que dito documento avalaba diversas alternativas viables para optimizar este servizo co mellor incremento do custo posible tendo en conta aspectos fundamentais, como a densidade de poboación, a extensión xeográfica e as rutas de recollida.

“Lonxe de facer unha reforma integral eficiente do servizo ou baixar o gasto, o goberno bipartito adícase a convocar plenos extraordinarios para aumentar a partida orzamentaria nesta materia, en ocasións en ata 70.000 euros, só para poder facer fronte a esaxerada factura que eles mesmos xeraron cun gasto completamente desmesurado”, apostillou o concelleiro popular.

O edil do PP tamén lamentou que o novo goberno non aproveitase o estudo anterior, “que aínda que lle teñan xenreira por ser encargado por nós foi realizado por técnicos capaciitados”, e anunciase hai un ano outro cun importe de 3.000 euros “e do que polo momento nada sabemos, malia que o pedimos reiteradamente, agochándose en que aínda non está rematada pola súa suposta complexidade, o cal fai aínda menos entendible os motivos de que se disparase o gasto sen agardar á nova folla de ruta”.

Finalmente, Vidal Seage criticou este “descontrol orzamentario” nun servizo tan importante e básico como o de recollida de lixo e alertou de que esta situación “vai ter consecuencias directas e prexudiciais” para os cesureños, “xa que isto vai acabar como é habitual cun goberno de esquerdas, que é cunha forte suba de taxas para que os petos dos veciños solucionen os problemas que eles mesmo xeran sen ningún rubor”.

POPULARES DE PONTECESURES


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.