O FONDO GALEGO DE COOPERACI?N E SOLIDARIEDADE PRESENTA EN PONTECESURES A ACTIVIDADE ??TI TAM?N CONTAS?.
‘TI TAM?N CONTAS’ é a actividade ideada pola compañía A Tropa de Trapo para o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
O espectáculo está baseado en temáticas variadas en torno á cooperación e solidariedade.
A xira 2015 da compañía A Tropa de Trapo para o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade chega o martes 21 de abril a Pontecesures. Grazas ao apoio do concello, socio da entidade municipalista, o Centro Social acollerá a representación de ‘TI TAM?N CONTAS’, a partir das 12.00 horas.
Esta actividade vai dirixida a alumnos/as de educación secundaria.
A Tropa de Trapo comezará ??Ti tamén contas? contando dous contos que aporten temáticas para traballar despois. A continuación e a través de xogos e dinámicas participativas, debatiráse acerca dos temas e conceptos suxeridos nos contos. Finamente, cerraráse a sesión cunha peza de teatro do oprimido, improvisada e suxerida polo público.
Noite na biblioteca 2015.
Tras a positiva experiencia de anos anteriores, volve a Noite na Biblioteca de Pontecesures. De novo, a Biblioteca Municipal de Pontecesures invita aos rapaces e rapazas de 9 a 10 anos do concello a pasar unha noite distinta, animando aos rapaces a disfrutar dun contacontos e da lectura compartida de libros cos amigos. A actividade desenvolverase das 21:30 da noite do sábado 25 ata as 9:30 do domingo 26 de abril, e os nenos deberán ir provistos do correspondente saco de dormir.
O número de prazas para esta actividade é de 25, e a inscrición pode realizarse na propia Biblioteca Municipal de Pontecesures, en horario de tarde, tendo preferencia os rapaces e rapazas que non disfrutaran desta experiencia o ano pasado.
Tras unha velada intensa de historias, os rapaces repoñerán forzas con almorzo ofrecido polo Café Bar Galicia e a Churrería Sandra na mañán do domingo, e o establecemento Belbellita tamén súmase a colaborar no evento obsequiando a cada un dos participantes cun agasallo.
ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL: NOTA INFORMATIVA SOBRE RESERVAS DE PRAZA E INSCRICI?N DE NOVOS ALUMNOS PARA O CURSO 2015/2016.
ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL: NOTA INFORMATIVA
SOLICITUDES DE RESERVA DE PRAZA E INSCRICI?N DE NOVOS/AS ALUMNOS/AS PARA O CURSO 2015/2016
TENDO EN CONTA O SEGUINTE:
– RENOVARON PRAZA 40 ALUMNOS/AS XA MATRICULADOS.
– HOUBO 13 SOLICITUDES DE NOVAS INCORPORACIONS.
– A GARDERIA PODE ACOLLER ATE 56 ALUMNOS/AS.
COMUNICASE:
I.- QUE AS 13 NOVAS SOLICITUDES TE?EN PRAZA CONCEDIDA PARA O CURSO 2015/16.
II.- A MATRICULA DOS 53 ALUMNOS/AS EFECTUARASE DO 1 ? 15 DE XU?O, SEGUNDO O ESTABLECE A ORDENANZA.
III.- PRORROGASE O PRAZO DE PRESENTACION DE SOLICITUDES DE RESERVA DE PRAZA, ATE QUE SE CUBRA O TOTAL DAS PRAZAS DA EIM.





