O mercado mensual que se leva a cabo tódolos primeiros venres do mes en Pontecesures desprazase este mes de abril ao venres día 10 por ser o venres 3 a festividade de venres santo.
ENTREGA DE PREMIOS AOS CLIENTES PARTICIPANTES NO TAPEA LAMPREA 2015.
1ª Ruta de tapas de lamprea polos establecementos hostaleiros de Pontecesures – TAPEA LAMPREA (13, 14 e 15 de marzo de 2015).
Logo de que o diploma á mellor tapa de lamprea fora entregado a CASA CHAVES o pasado día 22 de marzo, día da XX Festa da Lamprea; no día de onte entregáronse no Salón de Plenos de Pontecesures os premios en metálico para os clientes que depositaron as papeletas nos distintos establecementos e que foron agraciados no sorteo:
1º Belén González Silva???50 ?
2º Marina Miguéns Diz??…?30 ?
3º Mª Cruz Rial Rodríguez??20 ?
CAMPA?A DE VERÁN 2015: CAMPAMENTOS DE VERÁN DA XUNTA DE GALICIA.
Ao abeiro da Orde do 13 de marzo de 2015 da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, saeu publicada no Diario Oficial de Galicia (D.O.G. nº 56 do 24/marzo/2015) a oferta de prazas en campamentos xuvenís dentro do Programa??CAMPA?A DE VERÁN-2015? para rapaces/as de 9 a 17 anos e mozos/as de 18 a 30 anos. Este programa consiste en estadías de 1 ou 2 semanas en residencias xuvenís tanto en Galicia como noutras Comunidades Autónomas, durante as cales se realizan diferentes actividades, tanto de ocio e lecer como didácticas e deportivas.
O prazo para a solicitude de prazas para estos campamentos é DO 25 DE MARZO ATA O 8 de ABRIL, tendo a disposición de tódolos interesados/as as solicitudes e o resto da documentación na Oficina Municipal de Información Xuvenil na Casa do Concello.
Os interesados/as en participar nestos campamentos poden obter máis información na OMIX (oficina municipal de información xuvenil) do Concello de Pontecesures (Teléf.: 986 56 44 10). Máis información na web da Xunta de Galicia, no seguinte enlace:
http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.html
Para descarga de formularios de solicitude e bases deste programa no Diario Oficial de Galicia acceder á web do Concello de Pontecesures:
http://www.pontecesures.org/vernoticia.asp?id=730




