CONVOCATORIA DE AXUDAS DA DEPUTACI?N DE PONTEVEDRA PARA ASOCIACI?NS E CLUBES DEPORTIVOS 2014.

axudas asoc 2014reducido

No B.O.P. (Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra) do 8 de xaneiro de 2014 saen publicadas as convocatorias de axudas, da Deputación de Pontevedra, para asociacións culturais e clubes deportivos para o ano 2014.

Enlace do BOP do 08/01/2014 (axudas asociacións páxina 2, axudas clubes deportivos páxina 17):

http://www.boppo.depo.es/bop-portlet/download?groupId=31603&folderId=1864254&fileName=bop.PONTEVEDRA.20140108.004.pdf

 

Obradoiro de Cantos de Nadal en Pontecesures.

cartelCantamoscheReis_2014_web

 

Dentro do programa de actividades organizado polo Concello de Pontecesures para este Nadal, o luns 30 de decembro, ás 12 horas, o Centro Social acollerá o obradoiro ??Cantámosche os Reis?, promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Dirixido a público de tódalas idades, Cantámosche os Reis é unha actividade coordinada por Pablo Díaz e Olga Kirk que ten como obxectivo difundir as cancións en galego propias destas datas, así como animar aos asistentes a recuperar a tradición de interpretar nadais, aninovos e reis polas casas de cada localidade.

Máis Info:

http://cultura.xunta.es/actualidade/nova.php?id=4824&lg=gal