Contratación de 3 postos de traballo dos Programas de cooperación 2013

A Consellería de Traballo, a través dos Programas de ??Cooperación? 2013, ven de conceder unha subvención por importe de 27.249,48 ? ao Concello de Pontecesures para a contratación de 3 persoas desempregadas.

En concreto, os postos concedidos son os de 2 auxiliares de xardinería, cunha duración de 4 ½ meses de contrato, e unha xornada a tempo parcial de 5 h. ½ horas de traballo diario. Realizarán labores de limpeza de camiños, xardíns e regatos municipais.

O outro posto concedido é o de Técnico de Protección Civil, para realizar labores de reforzo da seguridade no concello, tendo especial conta da Ruta portuguesa do Camiño de Santiago e da Ruta Fluvial. Tamén ten unha xornada de 5 ½ h, e unha duración de 12 meses.

A selección dos candidatos será a través do INEM, e iniciarase nos vindeiros días, para o cal aquelas persoas interesadas deberán figurar anotados para estes postos nas súas bases de datos. Os códigos das ocupacións son, o CNO: 95121019 no caso dos auxiliares de xardiñeria; e o 59991036 no caso do técnico de protección civil. A data de inicio dos contratos é do 15/10/2013 como data tope.

2º Plan de Emprego 2013 da Deputación de Pontevedra.

logo.depo

 

O Concello de Pontecesures vai solicitar á Deputación de Pontevedra, a través do 2º Plan de emprego 2013 dese organismo, destinado ós concellos da provincia, unha subvención para a contratación de 10 peons desempregadas a tempo parcial (5 horas/dia) durante 6 meses (dende o 01/11/2013 ate o 30/04/2014), e o salario bruto mensual é de 502,15 ?.

En concreto, a distribución dos peóns que este concello vai facer, xunto cos códigos do INEM nos que hai que estar inscritos é a seguinte:

– 6 peóns de obra pública, CNAE: 96.011.029

– 2 axudantes de xardinería, CNAE: 95.121.019

– 2 persoal de limpeza ou limpador/a en  xeral, CNAE: 92.101.050.

A selección dos candidatos/as será a través do INEM, a onde remitirá este concello as correspondentes ofertas de emprego unha vez aprobada a subvención. As contratacións faranse a finais de outubro entre todos os candidatos/as enviados  dende a oficina de emprego.