Pontecesures fue parte activa en la campaña ??Ler conta moito?

La Biblioteca Municipal de Pontecesures fue el epicentro del desarrollo de la campaña ??Ler conta moito? promovida por la Xunta de Galicia. Una veintena de escolares del municipio disfrutaron del espectáculo de cuentacuentos de la asociación Solidaridad Internacional de Galicia, con el Sahara como hilo conductor. Antes de dormir en la misma biblioteca se desarrollaron otras actividades en colaboración con la Asociación Cultural Garatuxas.2013-04-27 21.55.47

Subvención da Deputación de Pontevedra para a contratación de 12 peóns no Concello de Pontecesures.

A Deputación de Pontevedra, a través do Plan de emprego 2013, destinado a todos os concellos da provincia, venlle de conceder unha subvención por importe de 55.179,36 ? a este Concello para a contratación de 12 peons desempregadas a tempo parcial (5 horas/dia) durante 6 meses (dende o 01/06/13 ate o 30/11/13), e o salario bruto mensual é de 502,15 ?.

 En concreto, a distribución dos peóns que este concello vai facer, xunto cos códigos do INEM nos que hai que estar inscritos é a seguinte:

 – 6 peóns de obra pública, CNAE: 96.011.029

– 4 axudantes de xardinería, CNAE: 95.121.019

– 2 persoal de limpeza ou limpador/a en  xeral, CNAE: 92.101.050.

 A selección dos candidatos/as será a través do INEM, a onde remitirá este concello as correspondentes ofertas de emprego a vindeira semán. A selección definitiva será a finais do próximo mes no concello entre todos os candidatos/as enviados  dende a oficina de emprego.

Prevención das drogodependencias en Pontecesures.

O Concello de Pontecesures continúa na labor de prevención das drogodependencias, e ten elaborado un plan de actuación no ámbito escolar, a desenvolver nos vindeiros meses.

A iniciativa enmárcase no convenio firmado polos concellos de Catoira e Pontecesures  e coa colaboración do colexio de Infantil y Primaria cesureño, no que se celebrarán as charlas.

Este plan de prevención, consta dun Programa de Adestramento en habilidades sociais (3º ciclo de Educación Primaria, 5º e 6º curso), realizado en seis sesións dunha hora de duración traballando de forma activa e participativa temas como a asertividade, empatía, autoestima, presión de grupo e acoso escolar.

Por outra parte, levarase a cabo un programa de Prevención Específico con Adolescentes (1º, 2º, 3º e 4º de E.S.O). Mediante charlas, obradoiros, coloquios, e a proxección de material audiovisual, e co apio para a realización de actividades duns cadernos entregados a cada un dos alumnos,  o programa de prevención específico con adolescentes, busca potenciar os factores de protección dos alumnos, á vez que os capacita para ser críticos coas mensaxes que os inciten ao consumo de drogas, sobre todo tabaco, alcohol e cannabis; entre outras das estratexias que favorecerán este rexeitamento crítico ao consumo, estaría a capacidade para identificar situacións emotivas negativas, á resistencia á presión do grupo ou a aprendizaxe de estratexias de resolución de conflitos e a procura de apoio na familia nos momentos máis difíciles.

A actividade estrutúrase en sesións dunha hora de duración con cada un dos grupos, até conseguir un total de 8 sesións.

Charla aos coidadores de dependentes de Pontecesures.

cartel charla web

O Concello de Pontecesures, coa colaboración da Asociación Medrando Á Par, entidade sen ánimo de lucro que está a desenvolver proxectos destinados á poboación en xeral dende unha perspectiva sociofamiliar  e educativa, celebrará unha charla-coloquio o vindeiro luns día 29 de abril no local do Club Xuvenil ás 20,30 horas, que será impartida por un dos seus colaboradores, o profesor Carlos Vila Lago.

Jose Expósito, presidente da Asociación Medrando Á Par, apunta que, sendo cada día máis as persoas que deben coidar dunha persoa dependente na súa familia, existe a necesidade de apoiar a aquelas familias que están a vivir esta situación, sendo conscentes de que o primeiro paso para coidar ben a un familiar é coidarse a un mesmo.

 As familias adoitamos pensar qua ninguén como nós pode coidar a esa persoa dependente, que cun pouco de esforzo esa persoa estará moi ben coidada, xa que é un labor que significa dedicación, esmero, entrega de tempo e afecto cara á persoa coidada; e quen senón alguén como nós para proporcionalo.

Pero a entrega e a dedicación non chegan; con moita frecuencia atopamos que a persoa cuidadora esquécese dela mesma e con frecuencia prodúcese unha sobrecarga que de non abordala pode desencadear en problemas de saúde, depresión, dor crónico, illamento, etc.

Nesta sesión de formación/charla preténdese que as familias sexan capaces de aliviar a tensión emocional acumulada ao longo do tempo, romper o illamento que se asocia á tarefa de coidar a un dependente, pedir axuda, buscar a forma de recuperar as actividades sociais e de lecer, afastar ou eliminar os sentimentos de culpa, comprender e aceptar os sentimentos positivos e negativos derivados da tarefa de coidar; en definitiva, dar unhas ferramentas ao cuidador para que se coide e así poida dar ao dependente os coidados máis axeitados.