Promoción da Praza de Abastos de Pontecesures. Campaña PRESUME DE PRACEIRO/RA.

cartel praza 2013

A Praza de Abastos de Pontecesures súmase a  campaña  “Presume de praceiro/a” organizada pola Dirección Xeral de Comercio da Xunta.  Esta é unha iniciativa de promoción de este espazo público dirixida, tanto á clientela, como aos profesionais dos postos. Esta campaña, que comezou o 18 de marzo e remata o 3 de maio, busca poñer en valor a profesionalidade e o bo facer dos profesionais que traballan no nosos mercados.

PRACEIRO 2013

Nesta nova edición, destínanse 300 euros en vales de compra en sendos sorteos. Os clientes poderán votar ao que consideren mellor vendedor da Praza de Abastos, que será distinguido nun acto da consellería xunto ao resto dos finalistas doutras prazas de Galicia. Entre os votos emitidos polos clientes, realizaranse dous sorteos, un o 12 de abril e outro o 3 de maio. En ámbolos dous sacaranse tres boletos que resultarán premiados con vales de compra canxeables na propia praza de Abastos de Pontecesures por valor de 75, 50 e 25 euros respectivamente.

MANIFESTO EN CONMEMORACION DO 8 DE MARZO DO CONCELLO DE PONTECESURES

A igualdade foi avanzando durante os anos de democracia. Este avance traduciuse nunha vida mellor para as mulleres deste país, así como en máis dereitos para elas e para o conxunto da sociedade.

Isto foi sobre todo grazas á propia sociedade que se modernizou -grazas ás organizacións, ás feministas, e, sobre todo, ás mulleres-. Desta forma, as mulleres foron ocupando espazos no emprego, na política, e na sociedade, mentres se achegaban, en todos os indicadores de participación e calidade de vida, aos homes, rompendo con iso progresivamente a desigualdade. Non obstante, a igualdade non era de todo efectiva, aínda existían e aínda existen desequilibrios. Necesitamos tempo para seguir avanzando, pero sobre todo para consolidar o conseguido. Un tempo fundamental como comprobamos nos últimos tempos, nos que asistimos a uns dos maiores despropósitos da historia da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Dende o Concello de Pontecesures non obstante seguimos traballando pola igualdade e a emancipación das mulleres. Porque cremos que a igualdade entre mulleres e homes é un piar da nosa democracia, e porque temos o firme compromiso cun modelo social que garante a xustiza e a equidade. Sen dúbida, o cambio que necesitamos para saír desta crise, que é económica, pero tamén política e social, pasa por contar con todos e con todas, homes e mulleres, sen desperdiciar capacidades, facendo que a igualdade sexa o centro do cambio.

Accións formativas da Deputación de Pontevedra: Programa AQUELANDO 3.

logo_aquelando

A Deputación de Pontevedra ben de anunciar novas accións formativas dirixidas a desempregados, dentro do Programa ??Aquelando 3?. En concreto son os seguintes cursos:

 Nivel II : (Requirese ter a ESO cando menos).

– Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio.

– Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en inst. Sociais.

– Emprego doméstico.

– Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais.

  Nivel III : (Requirese ter o Bacharelato cando menos).

 – Docencia da Formación Profesional para o emprego.

Todas aquelas persoas interesadas deberán solicitar a sua preinscrición nestes cursos na correspondente oficina de emprego.

 Mais información na oficina do Técnico de Emprego do concello.