Baixo o epígrafe” Bases e subvencións a entidades e clubes deportivos para apoiar o deporte de competición federado para o ano 2013″ a Deputación de Pontevedra ven de convocar no DOP do día de hoxe, as axudas correspondentes aos clubes deportivos federados que fomenten o deporte base.
O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días contados a partir de mañán.
Nota sobre as aclaracións do PP sobre a Mesa Local de Comercio.
Dende o goberno municipal de Pontecesures queremos facer as seguintes aclaracións:
O PP de Pontecesures volve a deixar en evidencia de que non se entera de nada.
-As reunións da mesa local de comercio son de carácter anual. Non estaba fora de ningún prazo, senón dentro do ano correspondente. Non se celebrou antes porque estivemos esperando a que os representantes, tanto da Xunta como da Asociación de consumidoras, puideran asistir.
-Clandestinidade. Gustaríanos que nos explicasen a que se refiren. Xa que nunha reunión á que están convocados representantes da Xunta, dunha asociación de Consumidoras de Vilagarcía, dos comerciantes de Pontecesures e goberno resulta tan numerosa, que non se pode cualificar como clandestina.
-Toda a información referente a este tema está a súa disposición no Concello.
-Respecto ós postos da Praza de Abastos informámoslle que nos vindeiros días vaise a adxudicar un deles e hai propostas sobre a mesa para outros dous.
Os deberes do goberno municipal están feitos. Convocouse a mesa no seu tempo e forma. Sigue a traballar nas propostas expostas, coma a de revitalizar a praza de abastos, e mandouse a acta correspondente a Xunta de Galicia.
O que lle pedimos o PP de Pontecesures e que se informe antes de facer unha nota onde volven a enganar a cidadanía. Facer oposición sen información chámase manipulación.
Xa estamos a comprobar nas noticias dos últimos días, que respecto a manipulación, como noutras malas artes, son verdadeiros expertos.
O CONCELLO DE PONTECESURES CONTARÁ CON 2 DOS 195 BOLSEIROS TITULADOS UNIVERSITARIOS QUE A DEPUTACI?N PROVINCIAL CONTRATARÁ PARA A PRESTACI?N DE SERVIZOS MUNICIPAIS NOS CONCELLOS DA PROVINCIA.
- 1 bolsa para diplomados en administración e dirección de empresas (C114).
- 1 bolsa para graduados e diplomados en relacións laborais e licenciados e graduados en dereito (C115).
REQUISITOS
- Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea.
- Posuír o título de licenciado, graduado ou diplomado nas áreas de coñecementos relacionadas no Anexo I para cada concello da provincia na data en que remate o prazo de presentación de instancias.
- Non ter cumpridos os 31 anos na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
- Non estar incapacitado fisicamente nin padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa.
- Non ter sido beneficiario dunha bolsa remunerada na Deputación de Pontevedra nin en calquera dos entes, organismos ou entidades do sector público.
- Non ter experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecementos, entendendo por tal non ter estado contratado polo grupo 1 ou 2 de cotización.
- Acreditar o coñecemento da lingua galega, nivel Celga IV.
- Estar disposto a asumir os gastos de desprazamento ó centro de traballo de destino.
- Non estar incurso nalgunha das prohibicións sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.
PRAZO DE PRESENTACION DA DOCUMENTACION: 25 XANEIRO ULTIMO DIA.
MAIS INFORMACION EN :
www.depontevedra.es
OU NA OFICINA DO AXENTE DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL


