Charla informativa para cursos de idiomas en Pontecesures.

O Concello de Pontecesures, en colaboración con AEVU (ASOCIACI�N DE EMPRESARIOS ULLA-UMIA) vai poñer en funcionamento no vindeiro curso 2012-2013 (outubro-maio) unha Escola de Idiomas para a impartición de: inglés, francés e alemán.

A Escola  vai dirixida dende nenos ata adultos, asemesmo terá cursos especializados para empresas ou colectivos que demanden unha formación específica.

WATERFORD CENTRO DE IDIOMAS, responsable da impartición conta con gran experiencia e  oferta unha interesante relación calidade â??prezo.

O Centro WATERFORD CENTRO DE IDIOMAS é examinador oficial de Trinity College London, preparando aos alumnos para a obtención dos certificados PET, FIRST, ADVANCED e PROFICIENCY de Cambridge University. Estes exames evalúan o nivel das habilidades tanto orais como escritas do alumno e están recoñocidos en todo o mundo, polo que os nenos  poden presentarse a estes exames a partir dos 7 anos no caso de Trinity College e máis adiante no caso de Cambridge University.

Francés: Certificados correspondentes aos  diferentes niveis do  marco europeo que outorga a Alianza Francesa.

Alemán: Certificados que outorga o  Instituto Goethe.

Ao remate do curso escolar o Centro expedirá un diploma.

En canto ao horario, os grupos terán horarios de mañá/tarde/noite dacordo coa demanda.

Co fin de comenzar coa preinscrición do curso 2012-2013, convócase a tódolos interesados a presentación do proxecto.

DIA: XOVES 31 DE MAIO

LUGAR: CASA DO CONCELLO DE PONTECESURES.

HORA: 20.30

 

O programa de educación de adultos do Concello de Pontecesures recibe a subvención máxima por parte da Xunta de Galicia.

O DOG  do 16 de maio publicou a concesión por parte da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da  subvención ao Proxecto de Formación de persoas adultas do Concello de Pontecesures, por un importe de 6.000�

O Concello continúa admitindo novas inscricións para a preparación dos exames da Proba Libre  que terá lugar a mediados de setembro.

Os cursos de Educación de persoas adultas que organiza o Concello de Pontecesures desde o ano 1995 contan cun elevado número de participantes e cun moi elevado índice de aprobados. A  avaliación do proxecto presentado polo Concello na actual convocatoria obtivo 87 puntos  -figurando no nº 13 das 51 propostas- o que lle outorga a subvención máxima establecida na  convocatoria, 6.000�.

Continúa aberto o prazo de inscrición do actual curso 2011/2012. Os alumnos e alumnas reciben  clases presenciais de preparación para a obtención do título oficial de Graduado en Secundaria mediante a convocatoria da Proba Libre que terá lugar o día 13 de setembro de 2012 (Os exames serán tipo test).

Poden incorporarse todas aquelas persoas, maiores de 18 anos, que queiran acceder á inserción laboral ou continuar estudos de bacharelato ou ciclo medio. O horario das clases é de luns a xoves de 18.30 a 21.30 h.

As clases para a obtención de Graduado en ESO realízanse en colaboración coa Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

 

Apertura de conta bancaria para colaboración nas Festas do Carme 2012.

Ante a proximidade das Festas do Carme no próximo mes de xullo, dende o Concello de Pontecesures reiterase a petición de colaboración a todos/as os veciños, para lograr ter unhas festas o mais dignas posibles, para que fagan as súas achegas na conta que este  Concello ten aberta en Novagaliciabanco de Pontecesures. O nº da conta é 2080 0112 71 0040008207.