O vindeiro xoves 28 de xuño unha unidade móbil do CENTRO DE TRANSFUSI?N DE GALICIA levará a cabo unha nova xornada de doazóns na Plazuela de Pontecesures, no seguinte horario:
28 de xuño, xoves. De 10.00 a 14.00 horas de de 16.00 a 21.00 horas.
Dirixida a mozos e mozas de 11 a 13 anos. Levaráse a cabo no Club Náutico de Pontecesures nos meses de xullo e agosto os luns e mércores en horario de mañán.
Máis información na Oficina de Xuventude do Concello (986 564 410) ou nas instalacións do Club Náutico (670 572 379).
ABERTO O PRAZO DE INSCRICI?N.
Xa no día de onte operarios da empresa Setga estiveron buscando a avería que provoca que cada certo tempo se produzan apagóns nas rúas centrais do pobo. Según os técnicos desta empresa estes apagóns veñen motivados pola deficiente obra feita polo anterior equipo de goberno na instalación dos proxectores que alumean o coche de pedra, xa que inda que estes son estancos, no seu día non se deixou unha capa de drenaxe baixo iles o que motiva que cando se enchen de auga provoquen os apagóns.
Durante o día de hoxe a empresa Setga prevee deixar solucionado o problema.
O equipo de goberno lamenta as molestias provocadas ós cidadáns e espera que o problema quede subsanado o antes posible.
Durante este mércores 20 e o xoves 21 de xuño o parque infantil ??Vicente Moure? permanecerá pechado pola tala de dúas árbores (unha Criptomeria japonica e unha Pseudotsuga menziesii).
A tala está motivada polo informe solicitado polo equipo de goberno a unha empresa especializada en arboricurtura no que se recomenda a tala das dúas especies ó quedar descartada a poda.
??Criptomeria japonica: Árbol de bajo valor ornamental con un alto riesgo de rotura debido al gran efecto vela resultante del impacto del viento contra la copa y a la falta de madera de reacción en las inserciones de la copa reiterada. En conclusión el efecto vela y su situación (rodeado de cableado, invasión de la propiedad ajena y entrada del parque infantil) hace que sea un árbol potencialmente peligroso en esta ubicación y dado su riesgo de rotura y descalce hacen que la mejor solución sea la tala del árbol.?
??Pseudotsuga menziesii: Este árbol está sumergido por el roble que se encuentra justamente delante, por lo que todo el desarrollo de la copa está dirigido hacia otra propiedad, además el poco espacio vital de este árbol no va a permitir nunca un correcto desarrollo del ejemplar. Se pueden producir malformaciones en el tronco y riesgos de rotura en el fuste causadas por ahilamiento. En conclusión la mejor solución para subsanar el problema sería la tala del árbol.?
Nos meses de xullo e agosto o Concello de Pontecesures vai a poñer en marcha un programa de actividades para nenos/as de 4 ata 12 anos baixo a denominación LUDOTECA DE VERÁN 2012. Nesta ludoteca realizaranse diferentes e variadas actividades como obradoiros de inglés, horta ecolóxica, iniciación ao baloncesto, etc.
A ludoteca levaráse a cabo de luns a venres de 9.00 ata as 14.00 horas no local anexo ao Pavillón Polideportivo (Infesta). O inicio das actividades está previsto para o luns 25 de xuño.
Mais información, prezos e inscricións nas Oficinas Centrais do Concello. O número de prazas é limitado a 30 tendo en conta a orde de entrega.