¿Queres estar ó día de todas as actividades que organiza o Concello de Pontecesures? Únete á comunidade
Date de alta na canle de difusión do concello e 𝐫𝐞𝐜𝐢𝐛𝐞 𝐭𝐨𝐝𝐚 𝐚 𝐢𝐧𝐟𝐨𝐫𝐦𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐫𝐞𝐥𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐝𝐚 𝐜𝐨𝐧 𝐞𝐯𝐞𝐧𝐭𝐨𝐬, 𝐚𝐜𝐭𝐢𝐯𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬, 𝐟𝐞𝐬𝐭𝐚𝐬, 𝐨𝐟𝐞𝐫𝐭𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐞𝐦𝐩𝐫𝐞𝐠𝐨, 𝐭𝐫á𝐟𝐢𝐜𝐨, 𝐨𝐛𝐫𝐚𝐬, 𝐞𝐭𝐜…
O xeodestino, conformado polos concellos de Vilanova de Arousa, Valga, Pontecesures e Catoira presentará o mes que vén en FITUR a súa nova oferta e imaxe turística
Estacion Marítima de Mar de Santiago.
AAsociación Mar de Santiagoten fixada a meta de converterse nun referente turístico en Galicia e para iso está a seguir unha folla de ruta pola que acaba de captar máis de 4,3 millóns de euros en fondos da senda financeira FEDER a Plans de Actuación Integrados dunha inversión total de case 7,3 millóns de euros que se suman aos 1,7 millóns de euros para a execución do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino, PSTD, “Mar de Santiago: un percorrido marítimo-fluvial”, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea e aos 170.000 euros do convenio correspondente a este 2025 coa Axencia Turismo de Galicia.
Sustentabilidade, mellora da eficiencia enerxética, posta en valor dos espazos naturais, industriais e culturais e creación de novas áreas de esparexemento e lecer conforman as principais liñas de acción. O xeodestino Mar de Santiago, integrado polos concellos de Vilanova de Arousa, Catoira, Valga e Pontecesures, está a acometer os proxectos do PSTD financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU, que finalizarán como moi tarde a finais do vindeiro mes de maio e céntranse na súa contribución á transición verde e sostible, á mellora da eficiencia enerxética, á transición dixital e á competitividade.
O traballo de captación de investimentos públicos para o reposicionamento do destino inclúe todos os ámbitos, comezando por un redeseño da imaxe de marca que se moderniza e simplifica permitindo integrar a identidade dos catro concellos do territorio. Deste xeito, aparecen as ondas do mar que representan a Vilanova de Arousa; as Torres de Oeste, a Catoira; as fervenzas de Raxoi e Parafita en Valga; e a ponte romana de Pontecesures, en cor azul que homoxeneiza o azul marítimo e fluvial que delimita o territorio.
Nova imaxe de Mar de Santiago.
A nova imaxe presentarase o vindeiro mes de xaneiro en FITUR, a maior feira de turismo do mundo que se celebra en Madrid, onde tamén se dará conta de todos os proxectos que se están a levar a cabo tanto a nivel supramunicipal como en cada un dos concellos aos que nas últimas semanas se sumaron 4,3 millóns de euros de fondos FEDER con destino á creación de sendeiros peonís e ciclables na contorna do Ulla, Laxes e Ponte Valga en Valga e Pedras Miúdas en Catoira, o módulo de balneario en Vilanova e a reforma da contorna do Monte Salgueiro en Pontecesures que, de forma conxunta, dotarán ao territorio de máis atractivos de cara aos visitantes e infraestruturas de calidade para a cidadanía.
Acondicionamento da lagoa de Porto Piñeiro
Valga está a traballar no proxecto de restauración ambiental da mina de arxila de Porto Piñeiro para o seu aproveitamento multidimensional. Esta iniciativa prevé a recuperación de zonas degradadas, a restauración de hábitats, a renaturalización e adecuación de sendas peonís e ciclables, así como a instalación de alumeado que permita a optimización da enerxía.
Na actualidade, estase a traballar arreo na construción dunha praia artificial, na rehabilitación e rexeneración dos noiros laterais e no acondicionamento dos terreos da zona norte da lagoa de Porto Piñeiro. Para isto, foi necesario o movemento de máis de 5.000 metros cúbicos de terra para a adaptación da futura infraestrutura. Ademais, no proxecto incluirase a mellora dos accesos, a instalación de sistemas de drenaxe e outros servizos e traballos de paisaxismo.
Miradoiro do Galiñeiro.
De xeito paralelo a estes traballos financiados pola Unión Europea – NextGenerationEU, desenvolverase unha nova fase deste ambicioso proxecto coa construción dunha piscina e a restauración ambiental da zona norte de Porto Piñeiro con actuacións como a habilitación de sendas peonís e ciclistas que bordearán toda a lagoa.
Este ambicioso plan pretende poñer a Valga como exemplo da recuperación de antigos espazos industriais e a súa reconversión en áreas de esparexemento e lecer.
Complexo acuático en O Terrón
En Vilanova de Arousa estase a desenvolver a infraestrutura básica necesaria para a posta en marcha dun espazo dotacional con funcións deportivas, saudables e recreativas, que contará cunha clara vocación medioambiental, turística e social. A actuación inclúe a construción dunha piscina recreativa ao aire libre, xunto co equipamento técnico necesario para o seu funcionamento eficiente, minimizando o gasto de auga e enerxía, e a integración paisaxística da contorna inmediata con cargo aos fondos da Unión Europea – NextGenerationEU.
Ademais, séntanse as bases para a implementación do futuro Centro de Talasoterapia sostible, unha instalación singular e pioneira en Galicia que combinará o uso de auga de mar natural con tratamentos de saúde e benestar inspirados no medio mariño.
Posta en valor do manancial de augas termais de As Lombas
Catoira traballa na creación dun parque termal na contorna do campo de fútbol de As Lombas, toda vez que nesta zona se atopan augas mineromedicinais. Estase a habilitar un complexo termal dotado con dúas fontes, unha delas pediluvio, e trabállase no acondicionamento da zona coa plantación de diferentes especies vexetais e tamén árbores de sombra.
Este novo espazo, financiado cos fondos NextGenerationEU da Unión Europea, dotará Catoira dos beneficios das augas mineromedicinais e ocupará un espazo duns 500 metros cadrados, habilitados como zona ao aire libre de lecer e benestar.
O rexurdir da antiga fábrica de Cerámica Celta
Pontecesures, pola súa banda, leva a cabo a restauración dos terreos da antiga fábrica de Cerámica Celta. Trátase dunha antiga fábrica que supuxo un revulsivo para a economía e para a cultura no seu tempo e que se atopaba en estado de abandono.
Pontecesures.
A importancia desta industria, fundada en 1926, radica na introdución que se fixo no seu día dunha novidosa e dificultosa técnica de vidrado que marcou un estilo propio á hora de realizar as súas pezas, que ademais contaron coa participación no seu deseño de grandes artistas plásticos galegos de comezos do século XX como Castelao, Asorey, Acuña, Bonome ou Maside, entre outros.
Ademais da recuperación e acondicionamento do espazo, que se sufraga cunha partida da Unión Europea – NextGenerationEU, estará dotado de paneis informativos a través dos que achegarse á historia desta antiga fábrica e contribuír á súa posta en valor.
Outros proxectos
Con cargo a esta partida de 1,7 millóns de euros de fondos NextGenerationEU da Unión Europea, os catro concellos, como asociación, están a desenvolver un Plan DTI destinado á dixitalización dos recursos turísticos do destino e á creación dunha nova experiencia turística Mar de Santiago – Ulla Navegable. Esta proposta pretende salientar a importancia que este curso fluvial ten na integración dun territorio que conta entre os seus principais atractivos co único Vía Crucis marítimo-fluvial do mundo.
Nova experiencia turística Mar de Santiago – Ulla Navegable.
A importancia de Mar de Santiago como xeodestino de referencia tamén se ve reflectida nos diferentes convenios que se teñen asinado coa Axencia Turismo de Galicia. É o caso da execución da reforma integral do paseo peonil aos Muíños de Currás en Vilanova de Arousa, a reforma da plataforma peonil no paseo fluvial da zona das Torres de Oeste no concello de Catoira, a mellora do acceso á estatua da Bella Otero e instalación dun panel de benvida localizado no Museo da Historia de Valga, e a redacción dun proxecto de ordenación da fronte cara ao río Ulla en Pontecesures.
De xeito conxunto leváronse a cabo diversas accións para dar a coñecer o destino, como o patrocinio da Ruta Quetzal, que permitiu a 200 mozas e mozos procedentes de toda España descubrir o potencial turístico de Mar de Santiago. Tamén diversas accións en medios especializados, actualización da páxina web do destino e das redes sociais, así como merchandising e a presenza en feiras do sector, que permiten traballar a potenciación do destino en mercados emisores.
Las obras de instalación por parte del Ministerio de Transportes y Movilidad.
Valga instalará un nuevo paso de peatones regulado por semáforo para mejorar la seguridad vial en la carretera N-550 a su paso por Pontevalga, en las inmediaciones de la Casa do Concello.
Desde hace unos días se están ejecutando las obras de instalación por parte del Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible, tras las reiteradas solicitudes del gobierno local en los últimos años. El semáforo, que regulará el cruce de los peatones de una a otra margen de la carretera nacional, ya está colocado justo frente a la Casa Consistorial y dispone de luminarias que mejorarán la visibilidad del paso de peatones.
Una vez se completen las obras, se pondrá en servicio el semáforo, que funcionará de manera independiente al existente en la intersección que conecta la N-550 con la carretera provincial Baño-Martores.
Satisfacción del alcalde
El alcalde, José María Bello Maneiro, muestra su satisfacción por esta mejora, que “era urxentísima xa que a diario son moitas as persoas que acoden a realizar trámites ao Concello e cruzan sen ningunha seguridade, xa que teñen que aparcar na outra marxe da N-550”.
Visita de Agustín Reguera, delegado territorial da Xunta, y la alcaldesa Maite Tocino al antiguo edificio do matadoiro.
Contó con una inversión autonómica de 63.000 euros.
El delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, y la alcaldesa de Pontecesures, Maite Tocino (BNG), visitaron este miércoles las obras de mejora de eficiencia energética que se han realizado en el edificio del antiguo matadero municipal. Para abordar estos trabajos, el Concello cesureño contó con una ayuda de la Xunta valorada en 63.000 euros, «o que supón o 80% do investimento total, que permitiu realizar varias actuacións clave». La renovación de las luminarias, la mejora de la climatización y ventilación del edificio mediante la instalación de radiadores de baja temperatura y caños de cobre. «Desta forma, satisfanse as necesidades térmicas do espazo, mantendo unha boa calidade do aire», explica la Xunta.
El delegado territorial aprovechó la visita par recordar la importancia de que las Administraciones colaboren a fin de «conseguir uns edificios máis eficientes que nos permitan construír unha Galicia máis sostible e que ademais faciliten o aforro nos gastos correntes municipais».
Aos 96 anos de idade finou o pasado domingo esta veciña de Porto. Onte luns tivo lugar o funeral na Igrexa de Pontecesures e posterior traslado dos restos mortais ao camposanto parroquial de San Xulián onde recibiron sepultura.