O cura párroco de Pontecesures anuncia que deixará a parroquia ó rematar xuño próximo

Nas homilías das misas do pasado fin de semana, o cura párroco de Pontecesures D. Severino Potel Estévez anunciou que xubila por razóns de saúde e así deixará a parroquia ó rematar este curso escolar dicindo ademáis que non coñece nada que atinxa o nomeamento do seu substituto.
D. Severino Potel é de Outeiriño-Xanza (Valga), ten 79 anos e dentro duns días cumpre 22 anos ó fronte da única parroquia de Pontecesures (San Xulián de Requeixo)

Necesidades en materia de educación

p(titulonota). Nota da ANPA do CPI Pontecesures

No Consello Escolar que tivo lugar no día de onte os representantes dos pais/nais solicitamos no turno de rogos e preguntas ó representante do concello en dito órgano colexiado D. José Antonio Baliñas Pazos (concelleiro de educación) que por parte da administración municipal se acometan as seguintes melloras relacionadas co centro:

# Que sexa substituido o vello valado de cerre do patio de recreo dos nenos/as de educación infantil. Na actualidade hai un valado de rede que está deteriorado. Por estas razóns, e incluso por estética, debe ser colocado un novo valado de madeira neste patio.
A propia dirección do centro segundo manifestou na sesión do Consello tamén fixo a mesma petición en días pasados ó Sr. Alcalde, xunto con outras de mellora xeral do recinto educativo.

# Que sexa cerrada parcialmente a marquesina doble para o transporte escolar situada na rúa Calera de Porto (parada coñecida como a de ??A Perona?) pois cando chove de sur o auga entra na marquesina alcanzando ós nenos/as. Esta é unha demanda transmitida a esta ANPA por varios pais/nais dos usuarios do transporte escolar deste percorrido de Porto.

Esperamos que ámbalas dúas cuestións sexan resoltas polo concello en breve.

Pontecesures, 6 de abril de 2006

A XUNTA DIRECTIVA

Aparecen novas facturas de comidas coa inscrición “Sr. Alcalde y acompañante”

p(titulonota). Nota da Agrupación Cidadá de Pontecesures (ACP)

Como tiñamos coñecemento de que os días 13 e 25 de xaneiro de 2006 o alcalde mantivo dúas comidas nun restaurante da localidade con persoas sen identificar xa que nas facturas aparece a sorprendente inscrición manuscrita ??Sr. Alcalde y acompañante? e o presidente da corporación non resposta ás preguntas sobre a identidade do misterioso acompañante nin qué tiveron que ver as comidas coa xestión municipal, con data 13-03-06 solicitouse autorización para comprobar outras facturas de comidas do alcalde do 2º semestre de 2005.

Después de numerosos atrancos postos pola alcaldía (non respetou o prazo previsto pola normativa, houbo que esgrimir o silencio administrativo positivo, envioulle á policia local a este concelleiro para que cambiara de despacho cando comprobaba os documentos, non permitiu que obtivera fotocopias, etc..) no dia de onte examináronse as facturas do período solicitado e así volvemos a ter catro comidas máis ( o 28-10-05, o 03-11-05 o 18-11-05 e o 28-11-05) nois que aparece tamén a xa famosa inscrición a mán ??Sr. Alcalde y acompañante?.

(máis…)

Rotura hai tempo dun taboleiro das canastras do peirao

p(titulonota). Nota da Agrupación Cidadá de Pontecesures (ACP)

O taboleiro dunha das canastras de baloncesto da pista polideportiva descuberta situada no peirao rompeu e desplomouse ó chan hai máis dun mes por mor posiblemente dos ventos e das choivas sen que, afortunadamente, alcanzara a ninguén.

Dende a caída permanece alí a canastra sen uso algún e dando unha imaxe de abandono que prexudica á institución.

Solicítase así á alcaldía que se repoñan ámbalas dúas canastras colocando taboleiros novos (os que están nesta pista son de interiores e así púdrense co auga) resistentes para que os nenos/as poidan practicar o baloncesto sen ningún tipo de risco.

Pontecesures, 31 de marzo de 2006
Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures

Adriana Rivas Seijo participará no VII Concurso de música tradicional Xiradela

p(titulonota). Nota da ANPA do CPI Pontecesures

O vindeiro domingo día 2 de abril participará no *VII CONCURSO DE MUSICA TRADICIONAL XIRADELA* que se celebrará no Centro Cívico Cultural de Arteixo a alumna do colexio *ADRIANA RIVAS SEIJO*.

Esta gaiteira de 13 anos de idade forma parte tamén da Agrupación Folclórica Algueirada dependente desta ANPA e participará no concurso de solistas xunto con outros 15 gaiteiros/as de toda Galicia.

A xunta directiva deséxalle os mellores resultados a esta nena que se leva esforzando moito nos últuimos tempos nesta especialidade da gaita galega.

Pontecesures, 31 de marzo de 2006
A XUNTA DIRECTIVA

Xornalista do “AS” Trueba fillo de nai de Pontecesures

Primera | Real Madrid 4 – Deportivo 0
LA PRIMAVERA LLEGA AL MADRID
Excelente partido de los blancos y festival brasileño. El Deportivo no compareció. Cicinho volvió a ser el mejor. Ronaldo se reconcilió con el Bernabéu

SAMBA BLANCA. Robinho, a hombros de Ronaldo, celebra el gol de El Fenómeno, junto a Roberto Carlos, Beckham y Baptista. El segundo tanto fue de fabricación brasileña: taconazo de Robinho, pase de Roberto y gol de Ronie.

27.03.2006

¿TE INTERESA?

JUANMA TRUEBA

REAL MADRID 4
DEPORTIVO 0

Real Madrid: Casillas, Cicinho, S. Ramos, R. Bravo, R. Carlos, Guti (81′), Baptista, Beckham, Zidane (72′), Robinho, Ronaldo (77′), D. López, Diogo, Salgado, Pavón, Gravesen (81′), Raúl (72′), Cassano (77′)Deportivo: Molina, Héctor, César, Coloccini, Capdevila, Sergio (46′), Duscher (73′), Víctor, Iago, Munitis (46′), Tristán, Dani Mallo, M. Pablo (73′), De Guzmán (46′), Gallardo (46′), Xisco, Arizmendi, RubénGoles:1-0 (9′): Falta que saca Becks y Héctor marca en propia meta.2-0 (36′): Ronaldo, tras centro de Roberto Carlos.3-0 (69′): Sergio Ramos remata de cabeza una falta botada por Beckham.4-0 (82′): Baptista, de falta directa desde la frontal.Árbitro: Daudén Ibáñez, del Colegio Aragonés. Amonestó a Guti (21′), Duscher (22′), César (80′) y Gravesen (83′).Incidencias: Bernabéu. 70.000 espectadores.

(máis…)