O CB RIO ULLA ACUDE A SAR A PRESENCIAR O ENCONTRO ENTRE O OBRADOIRO E O GIPUZCOA BASKET.

Na mañán do domingo, e grazas ó convenio firmado entre o Obradoiro CAB, o CB Rio Ulla e o Concello de Pontecesures no seu momento, un autobús con 50 persoas entre deportistas, adestradores e familiares acudiu ó Multiusos Fontes do Sar a presenciar o partido da xornada 3 da liga ACB entre o Obradoiro e o Gipuzcoa BAsket.

IMG_7301 (Copiar)

Especial mención para as integrantes dos equipos da categoria Infantil Feminia 2014-15, que tiveron ocasión de participar en concursos e xogar un partidillo no descanso do encontro da ACB.

Aqui podemos ver un enlace coas 3 galerías de fotos do que alí aconteceu:

GALERIA I

GALERIA II

GALERIA III

(EDITO E COMPARTO DE NOVO PARA QUE SE VEXAN AS 3 GALERIAS DE FOTOS)

ESTE SABADO DIA 30 A IV EDICION DO 3X3 «BASKET NA RUA»

Coma os anops anteriores, será organizado polo C. B. Rio Ulla, en colaboración co Concello de Pontecesures; así como con numerosas casas comerciais do pobo, gracias ás cais teremos sorteos ó longo do dia.

Uns 30 equipos, divididos en 3 categorias, dispuratán o torneo. Pola mañá, a partir das 10, o faran as categorias de alevins, e infantis e cadetes. Xa pola tarde, a partir das 4, porase en marcha a categoria absoluta (de 16 anos en diante); e que é a que mais equipos conta: 16 equipos inscritos nesta categoria.

3x3 2014